Ola amigos e amigas lectores/as!
Querémosvos presentar non un, senón dous poemas recitados polas clases de 3º de primaria. Empezamos con 3º B que nos interpreta " Eu cantar cantei", un poema con moito ritmo tamén incluído no disco libro citado en entradas anteriores, " Uxía Rosalía Pequeniña".
Pero isto non acaba aquí, os alumnos/ as de 3º A tambien sumáronse a celebrar o día de Rosalía e escolleron o poema "Como chove miudiño" pero sabedes o mellor?....a banda sonora tamén fixérona eles/ as, concretamente Noa, a nosa super pianista. É un gran pracer escoitar a esta gran artista e o ben que toca o piano.
Moitas felicidades, sodes os mellores.
Vémonos pola biblio!
fondo red white blue
columnas enlaces
26 feb 2019
Seguimos cos poemas, tócalle a 2º EP
Seguimos cos poemas e tócalle o turno aos nenos e nenas de 2º de Primaria. Escolleron a canción "No bico un cantar", canción que podédela atopar no disco Uxía Rosalía Pequeniña dispoñible na nosa biblioteca. Esperemos que vos guste! Fixérono xenial!
Vémonos pola biblio!
Vémonos pola biblio!
Xa temos o primeiro poema
Ola queridos lectores!
Como ben vos prometemos imos deleitar cos poemas que os alumnos e alumnas de primaria prepararon en conmemoración ao pasado día 24 de febreiro "Día de Rosalía". Durante esta semana seguiremos subindo máis audios.
De momento deixámosvos o rap que interpretaron os alumn@ s de 1º de Primaria. Quedou de marabilla, son uns artistas.
Esperamos que vos guste moito e que o gocedes!
Vémonos pola biblio!
Como ben vos prometemos imos deleitar cos poemas que os alumnos e alumnas de primaria prepararon en conmemoración ao pasado día 24 de febreiro "Día de Rosalía". Durante esta semana seguiremos subindo máis audios.
De momento deixámosvos o rap que interpretaron os alumn@ s de 1º de Primaria. Quedou de marabilla, son uns artistas.
Esperamos que vos guste moito e que o gocedes!
Vémonos pola biblio!
25 feb 2019
24 de febreiro DÍA DE ROSALÍA
Bo día amig@s lectores/as! Hoxe estamos de celebración! Onte, foi o día de Rosalía de Castro, e os nenos e nenas do CPI andan a preparar uns poemas para que poidades escoitalos en breves.
Máis abaixo déixovos un video da vida de Rosalía de Castro xunto cuns poemas!
Vémonos pola biblio!
O 24 de febreiro está recollido no Calendario do Libro e a Lectura, publicado pola Consellería de Cultura e Turismo, como o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro. Cada ano son máis as institucións que se suman á celebración do DÍA DE ROSALÍA. Traballos de investigación, lecturas compartidas, roteiros, actividades plásticas e creativas, proxectos multimedia … son algunhas das actividades que nestes días salientan a modernidade do seu pensamento.
Etiquetas:
abril: actualidade primaria,
ACTIVIDADES PRIMARIA,
Autores,
CONMEMORACIÓNS,
ROSALÍA
15 feb 2019
Sabías que...?
O pasado luns 11 de febrero foi o Día Internacional da muller e a nena na Ciencia? A iniciativa 11 de Febrero promove a realización de actividades que, visibilizando a labor das científicas, conmemoren este día, fomenten vocacións científicas nas nenas e axuden a pechar a brecha de xénero na Ciencia.
Déixovos este vídeo para que reflexionedes sobre o tema e invítovos a que vos mergulledes na sección de biografías na nosa Biblioteca para descubrir algúns destes libros marabillosos que nos amosan fantásticas CIENTÍFICAS!!!
6 feb 2019
SEMANA DA PAZ
Estes son os contos leídos e representados durante a semana da paz. Enhoraboa a todos os rapaces!
CONTO DA PAZ DOS NEN@S DE 4º EI
DE CORES E DE AMORES
Ola queridos e queridas lectores/as!
Hoxe presentámosvos algo inédito, un conto gravado polos nenos/as de 4º de Educación Infantil!
Gustoulles tanto este conto que decidiron contalo na biblioteca na semana da Paz. Pero ocorréuselles facer unha gravación do conto. Aquí tendes o resultado final. Traballaron moito para facelo, así que esperamos que o disfrutedes moito.
Deixámosvos a ilustración do conto que o podedes atopar na nosa biblioteca para que o leades as veces que queirades.
Animádesvos?
Un saúdo e vémonos na biblio!
Etiquetas:
actividades,
ACTIVIDADES PRIMARIA,
CONMEMORACIÓNS,
día da Paz,
música
DÍA DA PAZ, SEMPRE CON MÚSICA
Ola queridos/as lectores/as!
Hoxe recomendámosvos desde a biblioteca este super CD do grupo Mamá Cabra. Todos/as coñecédelo. É a canción da PAZ deste ano! A danza da Paz!
O pasado mércores os alumnos e alumnas de infantil e primaria xuntáronse para interpretarnos este baile e canción tan bonita! Bailaron e gozaron moitísimo!
Hoxe desde a biblioteca queremos ofrecervos a posibilidade de poder ler este conto "A Bruxa Discordia", E para máis sorpresa dentro deste conto atópase un CD coa canción da Paz deste ano.
Ademais leste libro CD gusta tanto tanto tanto que os alumnos/as de 3º A escollérono para contalo ao resto dos seus compañeiros na semana da Paz.
Que canción das do CD gustouvos máis? Podedes contárnolo máis abaixo en publicacións!
Un saúdo e vémonos pola biblioteca.
SEMENTANDO PAZ
Encántanos ver aos alumnos/ as de infantil e de primaria como se contan contos uns aos outros.
Isto foi o que pasou a semana pasada na biblioteca....sesión de conta contos! Pasámolo moi ben e gozamos moitísimo escoitando aos compañeiros/ as. Todos e todas o fixeron xenial!
Gustaríavos volver ler os contos que interpretaron? Pois non vos preocupedes que na biblioteca, no apartado de novidades e recomendacións deixámosvos os contos que cada clase interpretou!
Cal foi o que máis vos gustou? Podedes comentar máis abaixo!
Un saúdo a tod@s lector@s! Vémonos na biblio!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)