Esta vez son os rapaces de primeiro os que escoitan os contos "Xaime e as landras" e "A galiña roxa".Vemos unha mostra nas fotos seguintes.
fondo red white blue
columnas enlaces
2 dic 2014
1 dic 2014
CONTACONTOS DE 6º A
O 19 de novembro os rapaces de 6º leron "A princesa e o chícharo" e "A galiña roxa" aos nenos e nenas de 5 anos.Ahí van unhas fotos.
CONTACONTOS NA BIBLIO
Os rapaces de 6º B tamén saben ler contos,neste caso aos nenos e nenas de 4 anos.Len "Xaime e as landras" e "Misterio na horta",dous preciosos libros da editorial kalandraka.Esto foi o 5 de novembro durante o plan lector.Mirade que atentos están.
19 nov 2014
A BRUXA DO SAMAIN,DECORACIÓN DE PORTAS E CABAZAS
A BRUXA DA BIBLIO AINDA VOS ESTA MIRANDO CANDO SUBIDES E BAIXADES EN ORDEN
10 nov 2014
CONTACONTOS DE 6º
Os rapaces de 6º A comenzaron a actividade de contacontos o mércores 22 de outubro,día da biblioteca.Viñeron a escoitalos os nenos e nenas de 3 anos.Podemos ver nestas fotos o ben que o pasaron.
CELEBRANDO O SAMAÍN
0 luns 27 de outubro os rapaces de segundo ciclo foron a biblioteca de secundaria a escoitar contos de medo.
3 nov 2014
CONTACONTOS DE MEDO NAS AULAS
O 29 de outubro os rapaces de 6º foron as aulas de infantil e primeiro ciclo a contarlles historias de medo.
29 oct 2014
Visita ao EFAG Fonteboa
Seguimos co noso proxecto anual, traballando as hortas ecolóxicas e os cultivos tradicionais. Esta vez, o alumnado de segundo ciclo visitou o EFAG Fonteboa donde recibiu unha clase teórico-práctica moi interesante sobre o cultivo nos invernadoiros.
"Esfollando" no Pichel
Levábamos dende o pasado luns cun palleiro de millo no patio cuberto. Todos
estábamos intrigados e, finalmente, o venres, soubemos que facía
alí.
Varios familiares dun alumno do Centro achegáronse para darnos
información sobre o millo e o seu cultivo, e ensináronnos como se
esfolla. Algúns probamos e comprobamos que non é tan doado como
parece...
Pero despois do esforzo agardaba unha grata sorpresa: as
cociñeiras do colexio nos tiñan preparadas filloas e mesmo algún follado
de millo e centeno para que o poidésemos probar. Que rico!
Onte, mesmo na Voz de Galicia se facían eco das nosas fazañas:
20 oct 2014
Quino nos Premios Príncipe de Asturias
O pasado 28 de setembro, celebrábanse os 50 anos de Mafalda, o personaxe estrela de Joaquín Salvador Lavado, máis coñecido como Quino. Recordades os debuxos que fixemos o ano pasado dos principais personaxes das tiras cómicas, e que aínda temos expostas nos corredores do colexio?
Esta semana, o debuxante recibe o Premio Príncipe de Asturias de comunicación e humanidades.
Tamén saiu unha moi interesante entrevista del na revista XL Semanal do domingo pasado, na que explica por que firma as súas obras como Quino ou fala da súa vida e do seu traballo, entre outras cousas.
Se vos interesa lela téndela aquí, e se vos animades a entrevistar vós mesmos a alguén, recordade os pasos que vos propuñíamos nesta entrada.
3 oct 2014
Estamos no outono
Os nosos compañeiros do CEIP Esteiro, en Ferrol, publicaron estos refraneiros do outono que nos pareceron moi interesantes.
Coñecedes algún refrán máis relacionado co outono?
Coñecedes algún refrán máis relacionado co outono?
24 sept 2014
EXCURSIÓN A BONILLA
Os rapaces de 2º ciclo foron a Coruña a ver a fábrica de Bonilla en Arteixo.Despois xogaron na área recreativa de Seixido. O ben que o pasaron podemos observalo nestas fotos.
21 sept 2014
A historia da pataca
O venres 19 de setembro recibimos a visita de Francisco Suárez Calvo,profesor xubilado e pregoeiro fai tres anos na Festa da Pataca en Coristanco.Faloulle aos rapaces de 4º, 5º e 6º sobre a orixe da pataca e da festa. Moi interesante como podemos ver en algún dos videos que mostramos.
EMPEZAMOS O CURSO
O venres 19 de setembro os rapaces de primaria estiveron facendo manualidades coas patacas,algunha delas coa idea de presentalas ao concurso que ten lugar o domingo na XXXIV FESTA DA PATACA en Coristanco.Aquí podemos ver algunhas fotos sobre o seu traballo.
26 jun 2014
FIN DE CURSO
O último día de curso os rapaces de 3º,5º e 6º bailaron,cantaron e tocaron instrumentos grazas a preparación e ensaio da nosa profesora de música Lorena e da profe de ximnasia Estela.
Ahí van os videos que demostran o ben que o fixeron e o ben que o pasaron.
Ahí van os videos que demostran o ben que o fixeron e o ben que o pasaron.
30 may 2014
27 may 2014
Díaz Castro e actividades lim para infantil e primaria
Este ano celebramos as Letras Galegas con actividades varias:charlas,concursos,día da familia...
Aquí van unhas actividades Lim para aprender sobre a vida e obras do homenaxeado deste ano Xosé Mª Díaz Castro. Agradecemos a biblioteca ceip Mallón Nigrán a elaboración de ditas actividades.
23 abr 2014
DÍA DO LIBRO
Hoxe celebramos o día do libro baixando libros da biblioteca ao patio;debido as pingueiras que empezaron a caer na hora do recreo,trasladamos mesas,libros e demáis ao patio cuberto onde os nenos disfrutaron lendo durante o plan lector.Os maiores de sexto leron aos de infantil e algúns levaron unha flor como agasallo.Velahí van as fotos:
Etiquetas:
ACTIVIDADES PRIMARIA,
día do libro
22 abr 2014
CONCURSO DE POESÍA
Máis vale tarde que nunca...Ahí van as poesías e os gañadores do concurso de poesía feito o mes pasado.
Etiquetas:
ACTIVIDADES PRIMARIA,
CONCURSO DE POESÍA
21 abr 2014
17 abr 2014
REGUEIFANDO EN CORISTANCO
O día 28 de marzo tivemos no colexio unha xornada de regueifas a que asistiron o segundo e terceiro ciclos.Primeramente Tamara de Cabana de Bergantiños explicoulles aos rapaces en que consistían as regueifas,e a continuación Guillermo da Rabadeira e Suso de Xornes mostraron a súa maestría regueifando e intentando ensinar aos rapaces cómo facelo.
Testigo de excepción desta actividade foi Asunción Antelo,a rexubeira de Bergantiños,quen asistiu co seu irmán e a súa coidadora Isabel,como podemos ver nas fotos.
Testigo de excepción desta actividade foi Asunción Antelo,a rexubeira de Bergantiños,quen asistiu co seu irmán e a súa coidadora Isabel,como podemos ver nas fotos.
14 abr 2014
Aprender a buscar na rede
Agradecemos a Olga Rodríguez Díaz e Rosario Sánchez-Gabriel este maravilloso traballo que pensamos será de gran utilidade para todos,maiores e pequenos.
9 abr 2014
MERCADILLO DE 6º
Durante os meses de marzo e abril os alumnos de 6º teñen en funcionamento un mercadillo de venta de xoguetes,libros,pulseiras... a prezos económicos e co ánimo de recaudar fondos para a súa excursión de fin de curso.
Ahí van algunhas fotos.
19 mar 2014
CÓMO FACER ENTREVISTAS
Damos as gracias a biblioteca do C.P.I. Frian-Teis e ao seu blog O LAR DE FRIANCIÑO polo seu maravilloso titorial.
17 mar 2014
CONTACONTOS
O mércores 12 de marzo durante o plan lector os nenos e nenas de 6º B len "A cousa que máis doe no mundo" e "Carabuñas" aos rapaces de 5 anos.Ahí van os videos como mostra do ben que o fixeron.
10 mar 2014
CELEBRAMOS O CARNAVAL
O venres 28 de febreiro disfrazámonos,desfilamos no pavillón diante dos pais,tomamos chocolate con churros e orellas no comedor e xogamos e bailamos no patio.Ahí van as fotos.
6 mar 2014
MÁIS VIDEOS SOBRE O DÍA DE ROSALÍA
Os nenos e nenas de primeiro recitan "Maio longo,maio longo".
Os rapaces de 3º B recitan "Campanas de Bastabales".
Os de 4º recitan "Para a Habana".
Os de 5º A "Máis o que ben dixo un día..."
Os de 6º A recitan "Adiós ríos,adiós fontes"
Os rapaces de 3º B recitan "Campanas de Bastabales".
Os de 4º recitan "Para a Habana".
Os de 5º A "Máis o que ben dixo un día..."
Os de 6º A recitan "Adiós ríos,adiós fontes"
Os de 6º B recitan "Castellanos de Castilla"
ADIVINA CUÁNTO TE QUIERO...
O día 26 de febreiro os rapac@s de 3º A representaron dous contos aos nenos de 4 anos.Estes contos foron "Adivina cuanto te quiero" e "Os tres bandidos".Fixérono de maravilla,como apreciamos nos videos.
ENTREGA DE PREMIOS CONCURSO SMS DE AMOR
O martes 25 de febreiro entregáronse os premios aos mellores SMS de amor,concurso organizado polo departamento de normalización lingüística e coa colaboración da biblioteca.
DÍA DE ROSALÍA
O luns 24 de febreiro celebramos o día de Rosalía con recitados dos rapaces de primeiro a sexto de primaria.Vemos nos videos o ben co fixeron e o ben co pasaron.
28 feb 2014
19 feb 2014
MÁIS CONTOS DA PAZ
Os nenos de cuarto leron "Nadarín" aos rapaces de terceiro b.Aquí vemos neste video o ben que o fixeron.
Etiquetas:
ACTIVIDADES PRIMARIA,
día da Paz
7 feb 2014
ROLDA DE CONTOS DA PAZ
O xoves 30 de xaneiro, día da Paz, os rapaces de terceiro a sexto de primaria foron polas clases lendo e representando,en algún caso,libros sobre a paz.Vemos nestes videos algún exemplo do atentos e colaboradores que estiveron todos.
Os nenos de terceiro len "O nacemento do dragón"
O outro terceiro len "Adiviña canto te quero"
O curso de 5º le "O sorriso de Daniela"
E outro quinto "A bruxa enrabechada"
Os nenos de terceiro len "O nacemento do dragón"
O outro terceiro len "Adiviña canto te quero"
O curso de 5º le "O sorriso de Daniela"
E outro quinto "A bruxa enrabechada"
6 feb 2014
CONTACONTOS DE 6º B
Etiquetas:
ACTIVIDADES PRIMARIA,
contacontos
28 ene 2014
ACTIVIDADES SEMANA DA PAZ
Agradecemos ao colexio de Andrade e a súa biblioteca esta adaptación e traducción do libro da editorial Parramon "Me llamo...Nelson Mandela"
27 ene 2014
SEMANA DA PAZ
24 ene 2014
FESTIVAL DE NADAL
O último día de clase pasámolo todos xenial.Aquí podedes ver algúns videos que o demostra.
22 ene 2014
O Apalpador visita Coristanco
Suscribirse a:
Entradas (Atom)