fondo red white blue
columnas enlaces
26 feb 2010
Cicloxénese explosiva
Hoxe pola mañá, nas aulas e nos corredores do cole, moito se escoitou falar da "cicloxénese explosiva" que esperamos.
Pero que é a cicloxénese explosiva?
Agardemos e que non pase nada!
Por certo, se non podedes saír: aproveitade e lede un bo libro.
25 feb 2010
19 feb 2010
Ollos de auga, de Domingo Villar
Por fin chegaron á nosa Biblioteca as dúas novelas do escritor vigués Domingo Villar protagonizadas polo inspector Leo Caldas e o seu axudante Rafael Estévez.
Ollos de auga é a primeira da serie.
Collédea na sala de secundaria e xa nos diredes que vos pareceu.
Recomendada a partir dos 14 anos.
Boa lectura!
11 feb 2010
Concurso "Parellas famosas"
Poema de amor (3)
E outro poema de amor:
Por amor nacín da terra.
Por amor son o que son.
Por amor canto o meu canto,
por amor.
Por amor sángranme os pulsos
e ábreseme o corazón.
Por amor doénme os ollos.
Por amor, só por amor.
Darío Xohán CABANA
10 feb 2010
Poemas de amor (2)
Un día menos para San Valentín. Unha boa razón para ler outro poema de amor dos que están expostos nas aulas:
A autora: Dulce María Loynaz
Que la vida no vaya más allá de tus brazos.
Que yo pueda caber con mi verso en tus brazos,
que tus brazos me ciñan entera y temblorosa
sin que afuera se queden ni mi sol ni mi sombra.
Que me sean tus brazos horizonte y camino,
camino breve, y único horizonte de carne;
que la vida no vaya más allá… ¡Que la muerte
se parezca a esta muerte caliente de tus brazos!
9 feb 2010
Poemas de amor
Xa que o domingo é San Valentín, deixámosvos un poema de amor dos que podedes ler na exposición que temos nas portas das aulas:
Con augas de sede vella
namorar eu namoreina,
meu amigo!
Con unha herba lixeira
namorar eu namoreina,
meu amigo!
Namorar eu namoreina
con unha cantiga leda,
meu amigo!
Namorar eu namoreina
con ar da primavera,
meu amigo!
Álvaro CUNQUEIRO
Suscribirse a:
Entradas (Atom)