A de hoxe, unha obra da escritora e especialista en literatura infantil e xuvenil, Mar Benegas
Un libro sinxelo e atractivo aos ollos dos máis pequenos, onde as palabras e as cores son as protagonistas a través dun xogo visual. Que cor ven os teus ollos?
Que contentos estamos hoxe!!! Unha semana que comeza e que maneira de comezar!!! Nin máis nin menos que Raquel Queizás!! Que gran contadora de historias!! Aquí a tendes coa Raposa lista...
Bo día queridos/as lectores/as! E xa estamos a mércores!! Un día menos para vernos!!! Hoxe, a encargada de contarnos o conto para toda a familia é Olga Abad. Moi atentos que comeza!! un saúdo de Punto e Coma.
Ola queridos e queridas lectores e lectoras! Aquí estamos cunha historia para toda a familia, contada por Marta Ortiz, disfrutádea! A casa de Xoán!! Un saúdo de punto e Coma.
Hoxe imos escoitar un conto para toda a familia titulado "As zapatillas de Abul".
Ollos abertos, orellas abertas??? Pois a escoitar!!! Recordade que o Colectivo NOGA (de Narración Oral Galega) comparte uns contos con vós para levar mellor o #euquedonacasa, na corentena de marzo de 2020. Un saúdo dos vosos amigos Punto e Coma! #bescolaresgalAbertas #euquedonacasa
Recordarvos que o Colectivo NOGA (de Narración Oral Galega) comparte uns contos con vós para levar mellor o #euquedonacasa, na corentena de marzo de 2020.
Ola queridos/as lectores/as! Como empezáchedes a semana? Pois Punto e Coma levantámonos con ganas de contos, así que aquí vai o de hoxe! Con todos/as vós PANDEMIA DE CONTOS! Acordádesvos desta rapaza? Visitou o cole fai uns meses para facer un contacontos na nosa fermosa biblio! Si si......é a mesmiña Érica González! O conto de hoxe titúlase "Felipe ten gripe". Esperamos que o gozedes tanto coma nós.
Disfrutade do día!! Un saúdo dos vosos amigos Punto e Coma
Punto e Coma seguimos cunha iniciativa que se está a dar na maioría das bibliotecas escolares de Galicia #undíanacasaunconto e nós na nosa biblio non íamos a quedar atrás.
Que opinades desta iniciativa? Podedes deixar o voso comentario máis abaixo.
Pois un luns, martes e mércores diferente dende logo...Punto e Coma estamos tristes porque o cole e a nosa biblio está baleira e botamos moito de menos os vosos aloumiños e as historias que nos contades cada día...
Pero nada de poñernos tristes, é o que toca!!! #Euquedonacasa
Nós seguimos actualizando o noso blog coma sempre e temos moitas ideas para estes días... comezamos con PANDEMIA DE CONTOS.
PANDEMIA DE CONTOS é unha inciativa que nace dende o Colectivo NOGA #narraciónoral galega e comparten xenerosamente contos con todos nós para levar o mellor posible este #euquedonacasa que nos toca vivir.
Deixámosvos unha fermosa historia...hoxe comezamos por Sabes contar ata cero?