Ola a tod@s!
Neste libro recén chegado á biblioteca móstrase unha biografía de Xela Arias moi curtiña e doada de ler. Preguntádenos!
;
Ola a tod@s!
Neste libro recén chegado á biblioteca móstrase unha biografía de Xela Arias moi curtiña e doada de ler. Preguntádenos!
;
Modalidade Narrativa:
Aula de 6º E.I.
Ezequiel Facal Figueiras (4ºA)
Sabela Villar Castro (5ºB)
Modalidade Cómic:
Ainhoa Núñez Da Rocha (5ºA)
Modalidade Poesía:
Mateo Porteiro Calvo (4ºB)
Noa Rodríguez Pazos (5ºB)
Modalidade Monográfico:
Raúl Martínez Pena (6º)
Modalidade Debuxo:
Carla Fraga Graíño (6º)
PARABÉNS! 😊
;
Boas!
Xa están colgados os traballos finalistas do concurso Asunción Antelo deste ano!
Moita variedade e fantásticos! PARABÉNS!
Boas, lectoras e lectores!
Aquí vos deixamos cun dos libros de Asunción Antelo dispoñibles na biblioteca, no que aparece unha foto dela na portada.
Entre varias temáticas, algunhas referidas a galeguistas como Castelao ou a poetas como Rosalía ou Pondal, Asunción escribiu tamén moitos poemas adicados á comarca de Bergantiños. Deixámosvos cun deles, no que nos amosa o que lle gusta o lugar onde ela naceu.
Unha aperta e boa ponte!
A miña terra
¡Que bonita é Seavia!
¡Que bonita a miña terra!
¡Que bonita é a fonte
ca súa imaxen de pedra!
¡Que bonito é Segufe,
aldea que eu nacín nela!
¡Que bonita a miña terra!
¡Que bonito Bergantiños!
¡Que bonito o río Anllóns!
¡Que bonito a miña terra,
eu de Segufe son!
Ola ola amiguiños e amiguiñas!
Téñovos unha sorpresa, estades preparados? Entre tanto contacontos, non botáchedes de menos a ningún grupo? Pois claro que faltaba un!! Os pequenos e pequenas de 3 años estaban agardando este momento para deleitarnos coa súa obra de arte.
A continuación, deixo que disfrutedes do seu gran traballo. Para ser os máis cativos, xa apuntan maneiras.
Prestade moita atención...
Un aplauso ben grande!!
Vémonos pronto!
Noraboa a todos os gupos polo seu gran traballo cos contacontos!!
Unha aperta e ata pronto.
Boas!
Neste mes de maio conmemórase o aniversario da nosa biblioteca co nome de Asunción Antelo, a artista coristanquesa, escultora e escritora de Segufe- Seavia.
En próximas publicacións achegarémosvos unha mostra dos libros dela dispoñibles na biblioteca. Neles atoparedes máis información sobre a súa vida e obras. Non volos perdades!
E hoxe deixámosvos co cartel informativo do concurso para participar pola modalidade/s que máis vos apeteza: cómic, narrativa, poesía, monográfico e debuxo. Tedes ata o próximo martes, 11 de maio, para entregar os traballos.
Moita sorte!
Boa tarde amigos e amigas!
Como vos comentei na última publicación, aínda faltaba algún curso por sorprendernos co seu gran traballo. O día do libro este ano foi ben celebrado no Pichel! Temos un alumnado moi talentoso.
Sen máis rodeos, a continuación, podedes disfrutar das grandes obras que representaron os nenos e nenas de 3º de Educación Primaria.
3ºA: “A mellor sopa do mundo”
3ºB: “Sofía, a vaca que amaba a música”
Que vos pareceron? Merecen un gran aplauso!
Estas son as novidades de hoxe. Que ben comezamos a semana!
Vémonos pronto!
Unha aperta
Bo día!
Do 24 ao 30 de abril celebrouse a Semana Mundial da Inmunización, cuxo lema este ano foi: "As vacinas achégannos".
Unha curiosidade: Sabiades que a enfermidade da viruela foi erradicada grazas a unha vacina?
Moitas apertas e boa semana!
;
Bo día!! Acábase o mes de abril e xa entramos na recta final do curso. Que rápido pasa o tempo! E unha vez máis o noso alumnado segue a sorprendernos co seu traballo.
A continuación deixo as actuacións que tivemos o pracer de presenciar o venres no cole. Os nenos e nenas de 4º de Educación Primaria representaron dous contos como verdadeiros artistas que son. As obras elexidas foron, respectivamente, “Maruxa” e “A rebelión das verduras”. Disfrutade...
Que vos pareceron? Merecen un súper aplauso polo bo traballo!
Pero non creades que esto remata aquí; aínda queda algún curso por sorprendernos...
Vémonos pronto amigos e amigas!
Un saúdo.