fondo red white blue
columnas enlaces
20 dic 2024
OBRADOIRO DE REPOSTERÍA (SECUNDARIA)
18 dic 2024
MERCADO SOLIDARIO
Boas a todos e a todas!
Chegamos a última semana do trimestre… Do cal nos despedimos cunha iniciativa moi solidaria, xa que levamos a cabo no centro o mercado solidario “Un libro-un quilo”, no cal cada neno ou nena intercambiou un libro por alimentos que serán doados a Cáritas. Moitísimas grazas pola vosa colaboración!
Só nos queda desexarvos… 🎄✨FELICES FESTAS E BO NADAL!✨🎄
16 dic 2024
Recomendacións Lectoras de Nadal
Felices festas!
10 dic 2024
As familias contan!
Continuamos cos recordos destas semanas nas que as familias viñeron contarnos historias marabillosas.
Así, en 5 anos viñeron as mamás de Gael e Aldara:
Moitas gracias, mamás!
As familias contan!
Nas últimas semanas foron moitas as familias que se achegaron ás nosas aulas e a Biblioteca do cole para contarnos contos, como por exemplo a visita da mamá de Noha de 3 anos:
En 4ºB co pai de Xoel aprendimos moitísimos datos importantes sobre o mundo dos fungos:
Moitísimas gracias, familias!
Mes da ciencia-Novembro
Como remate final do mes adicado á Ciencia, na Biblioteca empregamos o cine como medio para aprender moitos datos científicos e sobre personalidades históricas importantes neste campo durante os recreos.
Canta información!!
27 nov 2024
25N
Por suposto no CPI Alcalde Xosé Pichel non imos calar.
Todo Infantil e Primaria eliximos cancións que resuman o compromiso pendente da sociedade e de tod@s nós. Acabar con esta situación de Violencia e Maltrato contra as mulleres.
Este compromiso quedou selado nos murais das nosas escaleiras nos que tod@s deixamos as nosas mans.
Aquí quedan para a memoria os nosos videos e murais:
Vídeo de Infantil:
https://youtu.be/M-BKXKrBkks?si=WoPNbdh5dIncjXfp
Vídeo 1º e 2º de Primaria:
https://youtube.com/watch?v=BN7pTDxCkls&feature=shared
Vídeo 3º e 4º de Primaria:
https://youtu.be/ViNtYXglOjw?si=ICtGwnxg6QP4JVoe
Vídeo 5º e 6º de Primaria:
Murais reivindicativos:
Sexto Conta Moito!
O xoves Yolanda e Dani de 6ºA deixaron abraiados aos nenos de 5º de infantil co seu conto.
Moitísimas gracias, rapaces. Volvede pronto!
14 nov 2024
As Familias Contan!
Por fin comezaron a chegar, e con forza, as lecturas de contos por parte das familias. Que alegría nos levamos!!
Así pois, na aula de 4º de infantil viñeron: a mamá de Roi, a mamá de Vera e a mamá de Árlyn.
Moitísimas gracias!!
Na aula de 5º de infantil, recibimos a mamá de Bieito e a mamá de Lara.
Gracias por estas historias tan marabillosas!!