fondo red white blue

columnas enlaces

Mostrando entradas con la etiqueta vídeos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta vídeos. Mostrar todas las entradas

19 jun 2020

VENRES DE EMOCIÓNS ESPECIAL FIN DE CURSO 19/20

Ola queridos/as lectores/as.
Hoxe é venres, e como todos os venres son de emocións e máis hoxe...hoxe si que é un día de emocións porque remata o curso. 

Un curso moi atípico que non  pensabamos que nos puidésemos despedir así de todos/as  vós pero non pasa nada porque para setembro volverémonos ver. 
Punto e Coma estamos a desexar volver vervos pola biblioteca e seguir facendo actividades, concursos, retos, máis venres de emocións....pero terá que ser para setembro. 

Despedímonos agradecéndovos por todo o que traballastes e os marabillosos contos que nos contastes. Moitísimas grazas de verdade, grazas a vós e ás vosas familias, estamos moi moi contentos.

Por iso hoxe como despedida non haberá un vídeo, nin dous, nin tres.....haberá catro vídeos de emocións para que os gocedes, sabedes por que? Porque volo merecedes.

Bo verán, gozar e seguir lendo libros, lembrade que...

A lectura nos abre as portas do mundo que vos  atrevades a imaxinar

Hai grandes libros no mundo e grandes mundos nos libros

Un saúdo do voso amigos Punto e Coma.

"Wei xiao der yu (A Fish with a Smile)" do director taiwanés , a música está composta por Chien-Ci Chen. Atopámonos novamente coa íntima relación entre o cine e a literatura, xa que a historia está baseada no libro de Jimmy Liao "El pez que sonreía". Esta curta foi premiada no Festival Internacional de cine de Berlín.






"Sweet Cocoon" dirixida entre outros por Matéo Bernard e producida por ESMA.
A historia trata de dous insectos que ante os problemas dun verme para completar a súa metamorfose deciden axudalo, aínda que non será tan fácil como pensan...





"Bridge", que foi creada polo animador Tin Chian Tei, con música de Greg Gauba e producida por Human Trips Productions no ano 2010.
Unha magnifica ocasión para comprobar a importancia da colaboración, na que un obxectivo individual pode frustrarse se non o consideramos colectivo e cooperamos para que ambas metas poidan conseguirse.







"Soar" unha curta realizada por Alyce Tzue na Academy of Art University. Esta obra que foi nominada e galardoada con numerosos premios. Esta obra inspirada no Principiño (A. de Saint-Exupéry) traslada a idea de que se te esforzas o máximo por dar o que tes, ás veces consegues máis do que nunca esperaches.

Unha nena tenta facer voar unha das súas creacións, ata que do ceo aparece alguén á que terá que axudar...





BO VERÁN QUERIDOS E QUERIDAS LECTORES!

12 jun 2020

Venres de emocións con MOITO RITMO!

Ola queridos/as lectores/as!
Hoxe é venres, e como todos...


 os venres, son de emocións!



Hoxe presentámosvos unha historia CON MOITO RITMO! 
A Punto e a Coma, como xa sabedes, encántalles a música.

A música protagoniza a sesión de curtametraxes de hoxe, xa que traemos a obra titulada "Sinfonía de monos" realizada como un proxecto de postgrado do ESMA (Escola Superior de Oficios do arte). Nesta obra fainos relexionar sobre as diferentes formas de entender a educación musical.
Dous amigos comparten a súa paixón polo piano cando eran pequenos, pero os seus camiños sepáranse, ata que se volven atopar cando son adultos.
Feliz venres.
Un saúdo dos vosos amigos Punto e Coma.


5 jun 2020

Venres de emocións! Venres afumado!

Ola queridos/as lectores/as!
Hoxe é venres, e como todos os venres, son de emocións!
Hoxe presentámosvos unha historia para reflexionar...

"Un vendedor ambulante chega ao pobo ofrecendo unha extraordinaria mercancia..." Este será o comezo da curta desta semana producida por Primer Frame Escuela de Animación finalista na 27 edición dos premios Goya na categoría de Mellor curtametraxe de animación.

Esta produción española fainos reflexionar sobre o consumismo, a cobiza e outros aspectos presentes na nosa sociedade. A elaboración desta curta foi financiada coas taxas de matrícula do alumnado de Primerframe.com e foi o proxecto fin de máster. Participaron un total de 27 persoas dirixidas por Jaime Maestro.


Un saúdo dos vosos amigos Punto e Coma!


29 may 2020

Venres de emocións!

Ola queridos/as lectores/as!
Hoxe é venres, e como todos os venres sons de emocións! 
Hoxe presentamos esta historia que seguro que nos fai reflexionar moito, tanto a pequenos/as como a maiores. 
Con todos/as vós.......ALIKE!
Un saúdo dos vosos amigos Punto e Coma.
Feliz venres!


22 may 2020

Venres de emocións!

Ola queridos/as lectores/as! 
Hoxe é venres, e como todos os venres son de emocións!
Sobre a curta de hoxe mellor non contar demasiado para que poidades disfrutala ao 100%.
Só adiantarvos que ten final feliz e que hai que vela ata o final!!! 
Kit só ten tres anos e un vínculo moi especial co seu canciño…facendo voar a súa imaxinación superará situacións difíciles…
Espero que vos guste tanto como a nós!!
Un saúdo dos vosos amigos Punto e Coma!

Wonder Dog from megpang on Vimeo.

15 may 2020

Venres de emocións! Día das letras galegas!

Ola queridos/as lectores/as!
Hoxe é venres, e coma todos os venres son de emocións! 
Hoxe Punto e Coma decidimos publicar este traballo que atopamos no canal de Youtube de Jose Manuel López Cabana, un traballo realizado nesta dura etapa de confinamento, para dar a coñecer a través dun xogo-canción, datos importantes da vida e obra de Don Ricardo Carballo Calero, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2020.
Esperamos que vos guste, pero hai máis....
Feliz día das letras galegas amig@s!



Queredes máis retos e xogos para a fin de semana? Queredes máis scape rooms?
Ahí tendes....a gozar e pasalo ben aprendendo? Seredes capaces de completar o código e chegar ao final? Comentade máis abaixo se o conseguíchedes!
Escoitáchedes algunha vez se non queres caldo....come dúas tazas?
Pois dous scape room!!!



2º Scape Room
(Clicade abaixo)





Un saúdo dos vosoa amigos Punto e Coma


12 may 2020

Vídeo Día do Libro 2020

Ola queridos/as lectores/as!
Deixámosvos un vídeo que elaboramos Punto e Coma con todas as fotos que nos enviastes para celebrar o pasado 23 de abril O día do libro. Moitas grazas pola vosa participación e polas vosas recomendacións, Punto e Coma xa apuntamos as vosas suxerencias.
Un saúdo amigos.


11 may 2020

Xogo de Ricardo Carvalho Calero!

Ola queridos/as lectores/as!
Como seguro que xa sabedes este ano o día das letras galegas adícase a Ricardo Carvalho Calero, pero antes de traballar sobre este autor imos documentarnos un pouco.




E agora....a xogar!!! Podedes ver o vídeo cantas veces queirades, así teredes máis probabilidades de acertar todas as preguntas. Ánimo!
Un saúdo dos vosos amigos Punto e Coma!



8 may 2020

VENRES DE EMOCIÓNS

Ola queridos/as lectores/as!
Hoxe é venres, e como todos os venres son de emocións!
Nun bosque de árbores xigantes, Oquirá, unha nena de 6 anos, vai desafiar ao seu destino e aprender sobre o ciclo da vida. Unha fermosa historia para este mércores!!!
Ollade ben, podemos aprender moito con Oquirá!!
Un saúdo dos vosos amigos Punto e Coma.

29 abr 2020

PANDEMIA DE CONTOS! Kiwi, o paxaro da Terra

Ola queridos/as lectores/as!
Para hoxe traio unha historia ben fermosa!!

  Kiwi, o paxaro da terra


Un saúdo dos vosos amigos Punto e Coma.


28 abr 2020

PANDEMIA DE CONTOS! Mar Benegas.

Hoxe aproveitamos as marabillosas bibliotecarias da Coruña, que desde as Bibliotecas municipais da Coruña nos propoñen #AsBibliotecariasContanDe luns a venres, ás 18.00 horas nas redes sociais (FacebookTwitterInstagram)…  
As bibliotecarias contan! 
A de hoxe, unha obra da escritora e especialista en literatura infantil e xuvenil, Mar Benegas 
Un libro sinxelo e atractivo aos ollos dos máis pequenos, onde as palabras e as cores son as protagonistas a través dun xogo visual. Que cor ven os teus ollos?
Un saúdo dos vosos amigos Punto e Coma!



27 abr 2020

PANDEMIA DE CONTOS. Raposa lista!

Bo día queridos/as lectores/as!
Que contentos estamos hoxe!!!
Unha semana que comeza e que maneira de comezar!!! Nin máis nin menos que Raquel Queizás!!
Que gran contadora de historias!! Aquí a tendes coa Raposa lista...
Un saúdo dos vosos amigos Punto e Coma!


24 abr 2020

VENRES DE EMOCIÓNS! O mellor corto do mundo para fomentar a lectura!

Ola queridos/as lectores/as!
Hoxe é venres e coma tódolos venres son de emocións!
Hoxe preséntovos "O mellor corto do mundo para fomentar a lectura!"
Esperamos que vos guste moito!
Un saúdo dos vosos amigos Punto e Coma! Feliz venres!



23 abr 2020

PANDEMIA DE CONTOS. Ángeles Goás.

Ola queridos/as lectores/as!

Hoxe un conto para os máis pequechos da casa!!

Xenialmente contado por Ángeles Goás...imos aló!!
Un saúdo dos vosos amigos Punto e Coma. Ánimo que xa queda un día menos.




22 abr 2020

PANDEMIA DE CONTOS. A ra de boca grande!

Ola queridos/as lectores/as!
Hoxe é Andrea Bayer a encargada de contarnos outro marabilloso conto!!
Moi atent@s á Ra da boca grande...
Un saúdo dos vosos amigos Punto e Coma.



21 abr 2020

Unha sorpresa de 6º de Educación Infantil

Ola queridos/as lectores/as!
Hoxe temos un vídeo moi especial que nos mandou  a mestra Lorena para tod@s vós. Son os nen@s de 6º de Educación Infantil dándonos moito ánimo, enerxía e apoio para esta situación que estamos a vivir actualmente. A Punto e a Coma encantounos volver  vervos 😊.
Moito ánimo, un día máis, pero un día menos para volver a vernos. 👍
Un saúdo dos vosos amigos Punto e Coma.


20 abr 2020

PANDEMIA DE CONTOS. A lobiña Bea.

Bo día queridos/as lectores/as!
Que contentos estamos hoxe!!!
O contador de historias de hoxe é Brais Moure!!! 

Pois aquí o temos coa historia de A lobiña Bea.
Un saúdo dos vosos amigos Punto e Coma!



17 abr 2020

VENRES DE EMOCIÓNS. MÚSICA!!!!! COVID QUE TE VIN! CON CHOLO E NELA

Ola queridos/as lectores/as!
Hoxe é venres, pero un venres moi especial e cheo de música! En máis dunha ocasión o  profe Miguel contouvos quen eran  Cholo e  Nela, pero Punto e Coma lembrámosvolo:


Cholo é un Globo que cada ano adoita vir ao noso País baixando polo Arco da Vella. Vive no País da Fantasía, no que sempre se anda a xogar.
Nela é unha Pinga de Auga do Río Sil que un bo día tinguiu o pelo por accidente ao pasar polo Arco da Vella. Aquel bo día coñeceu a Cholo e dende aquela son unha parella de amigos inseparábel.

CHOLO E NELA presentan "COVID QUE TE VIN"

Coñecedes a alguén no vídeo?😊
Agardamos que vos guste

                                


« Covid que che  vin» é o nome do que será o  hit do verán, ou polo menos da pandemia. É o último single de  Cholo e  Nela, unha iniciativa que trata de animar a todos os pequenos a estar na casa así como a seguir lavándose as mans.

O equipo que organiza esta festa, que este ano tivo que cancelarse, decidiu non quedar quieto e compoñer esta canción na que tamén participan os máis pequenos. Nela anímannos a seguir en casa, traballando e xogando mentres estamos sans e  desinfectados.
. Nesta actividade, que leva máis de 20 anos facendo gozar aos máis pequenos, adóitanse xuntar máis de 1.000 persoas realizando xogos e actividades. Neste ano, a organización ao declarase o estado de alarma, decidiu cancelar a celebración. Este  é ou comunicado oficial:

Dende ou Arco dá  Vella, e  despois de  percorrer galaxias,  Cholo e  Nela  mandáronnos este  mensaxe por  whatsapp e por correo electrónico:

Queridos amigos e amigas que  organizades a  nosa  festa, e  tamén a todas  as mamás, papás, familias e  profes que  participades  nese día de  ledicia, e  as  institucións que colaboran e se  divirten  connosco, e sobre todo a  tódolos  nenos e meniñas que  ían participar coma  sempre, con  ledicia, ilusión e con  moitas ganas de  xogar  connosco.

Aínda así, decidiron estar presentes a través das redes sociais con esta divertida canción que fará saltar e bailar a máis dun.



Punto e Coma deséxanvos unha boa fin de semana!!
Un saúdo amigos e amigas!

16 abr 2020

PANDEMIA DE CONTOS! O galo que non sabía cantar!

Bo día queridos/as lectores/as!

A historia de hoxe váinola contar o rato Fuco!!! Que emocionados estamos!!

E o conto comeza en 3,2,1...xa!!!



O GALO QUE NON SABÍA CANTAR


15 abr 2020

PANDEMIA DE CONTOS! Olga Abad.

Bo día queridos/as lectores/as!
E xa estamos a mércores!! Un día menos para vernos!!!
Hoxe, a encargada de contarnos o conto para toda a familia é Olga Abad.
Moi atentos que comeza!!
un saúdo de Punto e Coma.