Que pasedes moi boas vacacións de Semana Santa. Vémonos á volta con moitas ganas de reabrir a biblioteca.
Lede moito e non esquezades disfrutar do que leades!
Unha aperta de Punto e Coma
;
Que pasedes moi boas vacacións de Semana Santa. Vémonos á volta con moitas ganas de reabrir a biblioteca.
Lede moito e non esquezades disfrutar do que leades!
Unha aperta de Punto e Coma
;
Boas!
Non podiamos esquecer o traballo de búsqueda en prensa de mulleres destacadas, importantes. Aínda que sabemos que non están só na prensa, xa que as temos todo o tempo ao noso arredor, a que si?
Pero para conxugar estas dúas celebracións, a Semana da Prensa e o Día da Muller (ambas neste mes) e chiscando un ollo á nova estación que comeza, a primavera, aí vai unha mostra do voso facer. Parabéns!
8 de marzo: Día da Muller
Ola a tod@s!
O 21 de marzo foi o Día Internacional da Eliminación da Discriminación Racial.
Boas!
O 21 de marzo celebrouse o Día Mundial da Síndrome de Down.
Achegamos unha pequena mostra de contos específicos sobre a Síndrome de Down dispoñibles na biblioteca.
Lembrade que con temática de diversidade hai tamén moitos máis e moi interesantes!
O 21 de marzo celebrouse tamén o Día Mundial da Poesía.
Aínda que varios e varias de vós xa participastes con poesías a Rosalía, dentro da proposta de "Un xardín para Rosalía", desde a biblioteca queremos lembrarvos onde atopar máis poesías para ler ou para que vos inspiren a continuar facendo as vosas propias!
Recordade tamén que hai poemas tanto en galego como en castelán a disposición.
Un saudiño e:
Poñédevos a practicar;
seguro que bos poemas
ides lograr!
O 21 de marzo conmemorouse, entre outras celebracións, o Día Forestal Mundial. Para lembrar a importancia de coidar os nosos bosques autóctonos, incluíndo a reciclaxe de papel como unha das tarefas para o seu coidado, deixámosvos algúns recordos dos libros dados como agasallos de Punto e Coma no Nadal envoltos con papel de xornal.
Proposta que podedes utilizar en calquera outro momento!
Bo día rapaces e rapazas!
Para afrontar a semana con ganas e motivación, aquí vos deixo un vídeo resumo do ben que o pasamos o día do Entroido no cole. Foi una celebración diferente ao que estamos acostumados, pero non por iso pasámolo peor!
Sempre quedará no noso recordo.
Unha aperta
Punto e Coma