Os nenos e nenas do terceiro ciclo están enfrascados na lectura da obra gañadora do Premio Merlín 2010: A Filla do Ladrón de Bicicletas.
Nela nárrase a historia de Serafina, a filla dun ladrón de bicicletas, que vive con Dona Perfecta, a súa tía.
A Serafina o que máis lle gusta é montar en Celerífera, a súa bicicleta, e gustaríalle ser equilibrista nun circo. Coa súa habilidade, consegue abraiar a todos, ou case...
Esperamos que esta lectura sexa do agrado de todos xa que moi pronto recibiremos a visita da súa autora: Teresa González Costa.
fondo red white blue
columnas enlaces
28 feb 2011
23 feb 2011
Unha novidade moi especial
Na biblioteca de primaria adquirimos esta semana unha obra recomendada polo noso compañeiro Suso.
Trátase de "María y yo", un libro tipo cómic no que un home fala das vacacións que pasa coa súa filla María, unha nena de 12 anos que ten autismo.
O autor axúdanos así, relatando feitos diarios, a comprender mellor ás persoas que sofren esta dolencia.
A historia de María e do seu pai xa é moi famosa: o libro vai pola 5ª edición, e xa se rodou un documental que se basa no seu contido. Aquí podes ver o trailer:
21 feb 2011
Nova sección
Suscribirse a:
Entradas (Atom)