fondo red white blue
columnas enlaces
28 may 2012
27 may 2012
SEMANA DAS LETRAS GALEGAS
0 luns 14 de maio o noso dire Carlos liu o libro O calcetín amarelo aos rapaces de infantil e primeiro.Despois fixeron un moneco cun calcetín, axudados por nenos de 4º. A continuación os rapaces de 4º cantaron a preciosa canción de Lela,de Castelao.
E para rematar Carlos narroulles aos nenos O xastriño valente, facendo uso do Kamishibai.
Pasámolo xenial
O mércores 16 veu Suso a contarlles o conto O galo quirico,así como O gato con botas en kamishibai.Os rapaces divertíronse moitísimo. Ahí vai unha mostra:
MOITAS GRAZAS POLA VOSA AXUDA, E COLABORACIÓN.
FANTÁSTICO TRABALLO!!!
26 may 2012
CONCURSO ASÍ TE VEXO
Durante este mes convocamos o concurso ASÍ TE VEXO. Os rapaces do 2º e 3º ciclo tiñan que averiguar o nome do cadro e o autor expostos no panel da biblioteca.Así mesmo os de 1º e infantil fixeron cadros coa temática dos bosques.
O venres 25 entregamos uns agasallos aos rapaces gañadores,quenes contáronlle o conto de OH! aos pequenos de 3 anos.
O venres 25 entregamos uns agasallos os rapaces gañadores.
20 may 2012
Xornada de convivencia: roteiro a Verdes
O último día da Semana Cultural, 18 de maio, os alumnos e varios profesores
de ESO fixemos unha xornada de convivencia.
O roteiro a Verdes foi todo un éxito.
Nos vindeiros días teredes a vosa disposición as fotos de toda a xornada na galería da web do centro.
Gracias a todos polo voso comportamento exemplar!!
Etiquetas:
Secundaria,
semana cultural
16 may 2012
ACTIVIDADES BIBLIOTECA
Ahí vai unha mostra das actividades feitas na biblio este mes.Os rapaces de 4º recitan versos de Gloria Fuertes.Unha delicia.
14 may 2012
DIA DAS LETRAS GALEGAS
Nesta semana celebramos no CPI Alcalde Xosé Pichel o DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
Este ano a figura homenaxeada é VALENTÍN PAZ ANDRADE.
Toda a información aquí:
Este ano a figura homenaxeada é VALENTÍN PAZ ANDRADE.
Toda a información aquí:
Etiquetas:
actualidade primaria,
CONMEMORACIÓNS
10 may 2012
9 may 2012
Parabéns a nosa compañeira Mercedes Queixas
A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) premia a nosa compañeira Mercedes Queixas Zas polo ensaio Vivir, unha aventura irrepetíbel: Biografía de Mª do Carme Kruckenberg, Ed. Galaxia
(Mercedes, cos finalistas o pasado sábado na Cea das Letras)
As túas compañeiras da Biblioteca queremos sumarnos os parabéns do Equipo Directivo do centro e da comunidade educativa en xeral polo merecido premio literario. É para nos unha honra traballar contigo. Para ti, este ramo de rosas (sentimos que sexa virtual)
8 may 2012
CONTACONTOS
Hoxe tivemos unha visita moi especial na Biblioteca: un CONTACONTOS.
E aquí tedes fotiños da actividade. Que ben que o pasamos!
Veunos contar un conto aos nenos de E.Infantil.
É o que vedes aquí :
E aquí tedes fotiños da actividade. Que ben que o pasamos!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)