fondo red white blue

columnas enlaces

5 jun 2025

Concurso Asunción Antelo



 Como todos os anos, o Concello de Coristanco, en colaboración dos Equipos de Dinamización da Lingua Galega dos centros educativos CPI Alcalde Xosé Pichel, CEIP Canosa-Rus, CEIP Bormoio-Agualada e Cra A Tarandeira, organiza o X Certame Artístico-Literario de Asunción Antelo, figura e referente artístico e literario grazas a súa gran bagaxe e legado cultural formado por innumerables obras de madeira, pedra e barro; e da que afloraron tamén ringleiras de versos froito da súa vizosa creatividade.

A finalidade desta convocatoria, un ano máis, é conmemorar a herdanza desta autora con gran sensibilidade e emoción poética, que escribía con liberdade, poemas nos que describía cos detalles máis minúsculos, pedaciños da súa vida. Pretendemos así fomentar os valores literarios, promover a creación e a difusión cultural de Coristanco e descubrir o talento tendo como inspiración a Asunción Antelo, Rexubeira de Bergantiños.


Aquí deixamos unhas fotiños dos traballos do noso alumnado:


4 jun 2025

A Nosa Rosalía de Castro

 Ao longo do segundo trimestre, levamos a cabo diversas conmemoracións como o Día de Rosalía de Castro (23 de febreiro), Día Internacional da Muller (8 de marzo) e o Día da Poesía (21 de marzo).

Para todas elas,  participamos cada clase de infantil e primaria, elaborando peciña a peciña cada parte da nosa escultura. 

Unha Rosalía elaborada a partir de diferentes texturas aportadas por cada grupo recíbenos na entrada do centro, amosando unha saia con poemas ou información de diversas escritoras e poetisas, todas elas mulleres.

Por Rosalía de Castro, pola Poesía e por todas as mulleres que tanto loitaron e loitan por unha igualdade real e xusta.





14 may 2025

Sexto conta moito!

Rematamos por este ano os nosos xoves de Sexto Conta Moito. 
Yolanda, Dani e Alberto, foron os encargados de pechar este curso de contos por todo o alto. 
Aquí deixamos unhas fotiños do alumnado de 2º de primaria deleitándose coas súas historias.

Pechamos estas aventuras ata o próximo curso.
Grazas contadores de sexto por todos estos xoves! 




 

13 may 2025

Día do libro

 Boas, familias! O 23 de abril foi o Día do Libro. Deixámosvos por aquí recordos do noso festexo.

Ese día, tivemos moitísima sorte e bo tempo para baixar e deleitarnos con lecturas por pares. Lemos ao compañeiro/a os nosos contos preferidos. 

Divertímonos moitísimo, ollade o vídeo!!


Enlace Día do libro 2025

30 abr 2025

SEMANA DO LIBRO CON ARANTZA PORTABALES (SECUNDARIA)

Durante a Semana do Libro, recibimos no noso centro a visita da escritora Arantza Portabales, coa que tivemos a oportunidade de falar sobre Beleza Vermella, unha das súas obras máis coñecidas. Nesta ocasión, e co obxectivo de colaborar coa recentemente inaugurada biblioteca do Concello, decidimos celebrar ese encontro fóra do colexio.

24 abr 2025

Semana Cultural na Biblio!


 A nosa Biblio tamén atendeu distintas actividades relacionadas co mundo das historias e dos contos.

 Estas actividades realizáronse dentro e fóra das nosas portas según as necesidades de cada unha.

Así pois, os pequenos de infantil e primeiro ciclo de primaria quedamos prendidos escoitando “O Chintófano de Dorothé” de Sonsoles Penadique.

Con estas historias coñecemos a Dorothé Schubart, gracias a cal dispoñemos a día de hoxe dalgúns dos mellores cancioneiros e recopilacións de pezas tradicionais cantadas por mulleres como as que homenaxeamos nestas Letras Galegas de 2025.


Tamén asistimos a actuacións de títeres con contos clásicos realizados polo alumnado da E.S.O. 

Encantounos! Gracias rapaces e rapazas.

Aquí quedan algunhas fotiños de recordo:






8 abr 2025

Personaxes do cine en Infantil!

Na biblio de infantil seguimos dándolle continuidade ao proxecto do cine. Este mes coñecemos a Mary Poppins e creamos este recuncho máxico!



Sexto conta Moito!!



Queridas familias! Os nosos xoves de “Sexto conta Moito” non para. Amosámosvos aquí imaxes das últimas semanas coas historias narradas por:

- Daniela, Candela e Soukayna de 6ºB a 2º de primaria:



- Lara e Noa de 6ºA ao grupo de 4º de Infantil:





- Miguel e Jorge de 6ºA ao grupo de 5º de Infantil:




-Laura e Sara de 6ºA al grupo de 6º de Infantil:


Moitísimas gracias a tod@s polas vosas fermosas historias dos xoves que tanto gustan aos máis peques do cole!

31 mar 2025

OBRADOIRO DE COCIÑA COS ALUMNOS DE LATÍN (SECUNDARIA)

En marzo, tamén se realizou na biblioteca un obradoiro de cociña, nesta ocasión preparado por María Martínez García-Armero, do departamento de Lingua Castelá, xunto cos seus alumnos de latín. Como parte do estudo da cultura romana, traballáronse as costumes gastronómicas das diferentes clases sociais: patricios, escravos, gladiadores... Posteriormente, como actividade de motivación, propúxose que os alumnos elaborasen unhas galletas salgadas chamadas “bucellatum”, un tipo de pan plano ou especie de torta de pan utilizada na antiga Roma como ración dos soldados.

21 mar 2025

DÍA DA POESÍA (SECUNDARIA)

O 21 de marzo celebramos o Día da Posía con Álvaro Antelo, antigo alumno e un poeta extraordinario. Álvaro falou da súa experiencia como poeta, concretamente dos seus dous poemarios: Entremeses e Metapoética. Ademais da súa actividade como creador, tamén explicou ao alumnado as dificultades de publicar sendo un autor novel. Finalmente, abriuse rolda de preguntas na que a rapazada participou para satisfacer as súas curiosidades sobre a arte de escribir.