Onte na sesión de SEXTO CONTA MOITO seguimos conmemorando a Hans Christian Andersen. Así, Yasmina e Brenda de 6°A contáronlle o conto "O traxe novo do rei" a 6° de infantil e 1° de primaria. Este é un clásico que nos recorda que a riqueza non sempre conleva a elegancia e menos cando o ouro é transparente como o aire.
fondo red white blue
columnas enlaces
27 abr 2023
24 abr 2023
DÍA DO LIBRO 2023
Boas a todos e a todas!
O venres celebramos o Día do Libro (23 de abril) no colexio facendo apadriñamentos lectores. Así, os maiores de primaria léronlle contos aos pequenos e pequenas. Que actividade tan enriquecedora! Por aquí vos deixamos un vídeo do ben que o pasamos:
Apertas!
21 abr 2023
POESÍAS DOS PARTICIPANTES NO DÍA DA POESÍA 2023
Boas a todos e a todas!
Por aquí vos deixamos un vídeo coas poesías do alumnado que participou no Día da Poesía e os agasallos que levaron polo ben que o fixeron!
13 abr 2023
DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL 2023
Boas a todos e a todas!
Como o pasado 2 de abril foi o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, onte Ouadie e Mateo na sesión de SEXTO CONTA MOITO, contaron a 4° e 5° de infantil o conto "O patiño feo" do escritor danés Hans Christian Andersen. Así, cada ano este día se fai homenaxe a dito escritor, xa que el naceu un 2 de abril de 1805.
Como nos gustan os clásicos! Sempre son un éxito cos pequenos e pequenas!
Boa fin de semana!
1 abr 2023
CONTACONTOS SEMANA CULTURAL
Boas a todos e a todas!
Esta semana levouse a cabo no centro a Semana Cultural e onte tivemos a sorte de ter na biblioteca o contacontos de Fran Campos "Bandullo Azul". Que ben o pasamos e canto riron os nosos pequenos e pequenas!
Feliz semana!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)