fondo red white blue

columnas enlaces

Mostrando entradas con la etiqueta libros. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta libros. Mostrar todas las entradas

24 abr 2020

VENRES DE EMOCIÓNS! O mellor corto do mundo para fomentar a lectura!

Ola queridos/as lectores/as!
Hoxe é venres e coma tódolos venres son de emocións!
Hoxe preséntovos "O mellor corto do mundo para fomentar a lectura!"
Esperamos que vos guste moito!
Un saúdo dos vosos amigos Punto e Coma! Feliz venres!



23 abr 2020

RETOS DÍA DO LIBRO E XOGO PASAPALABRA!!!

Bo día queridos/as  lectores/as!
Como hoxe celebramos o día do libro, imos facer unha serie de retos que o podedes facer en familia, xa veredes que divertido é e que ben o ides a pasar. Se a vosa familia hoxe non pode xogar convosco non pasa nada, podédelo deixar para a fin de semana. Déixámosvos a ligazón en pdf para que o vexades mellor. 


Pero non rematamos aquí! Atrevédevos con este pasapalabra sobre libros? demostra que eres un experto lector 

ANÍMATE A XOGAR!!!








3 abr 2020

Libros dixitais GALICIA LE

Ola queridos/as lectores/as!
Tedes ganas de ler libros novos?
Pero non podemos saír de casa e todo está pechado!
Non vos preocupedes, porque Punto e Coma teñen a solución! 


Neste vídeo tedes unha explicación moi sinxela para poder acceder a máis de 4500 obras a través dá  Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.
Tedes que acceder a  https://www.galiciale.gal/ 
É moi sinxelo e unha boa opción para pasar estas "vacacións" de Semana Santa.
Esperamos que sexa do voso interese.
Un saúdo dos vosos amigos Punto e Coma.



29 oct 2019

3, 2, 1..... Mochilas Viaxeiras!

Ola queridos/as lectores/as!

Temos unha moi boa noticia que darvos: "as  MOCHILAS VIAXEIRAS xa partiron cara os diferentes fogares destes nenos/as!"



Os libros gustan da viaxe e da sorpresa, agardan nos andeis ou nos expositores por esa man que, ao abrilos,poña en funcionamento a maxia da lectura. A mochila viaxeira permitirá levar libros á casa para compartilos coa familia: ese conto que tanto nos gustou, ese libro de poemas que ten palabras fermosas, as imaxes dun álbum que tanto me abraiaron, esa música que fai bailar ás pedras, unha película, un libro que fala do tema que andamos a estudar...





A mochila viaxeira está pensada para que, desde a biblioteca escolar, se poida organizar unha actividade que implique ás familias, e así proporcionar un motivo de encontro entre os distintos membros desta, tomando como motivo o mundo dos libros e da lectura. A mochila é o soporte que permitirá aos rapaces e rapazas levar á súa casa, en préstamo temporal, uns materiais que reforcen o vínculo entre familia e escola no seu labor común para a formación dos lectores máis novos.

DRISFRUTADE MOITO COMPAÑEIR@S!!! 

Saúdos de Punto e Coma!
Vémonos pola biblio!




Volve “Contos en familia”! 2º EP

Ola queridos/as lectores/as!
Un ano máis voltamos con nais e pais de contos! Contos en familia na hora de ler. Este curso arranca 2º de Primaria da man de Vanessa a nai de Elba! Punto e Coma estamos moi agradecidos e contentos de ter familias que colaboran con nós nas diferentes actividades de aula e biblioteca! Moitas grazas!
Aos nenos/as de 2º encantoulles e pasárono xenial! Queren máis! Queren máis contos! Encántalles ler e escoitar!
Un saúdo de Punto e Coma.
Vémonos pola biblio!



20 oct 2019

Xogo de pistas con 4º EP!

Ola queridos/as lectores/as!
Hoxe presentámosvos o xogo de pistas con 4º A e 4º B. O pasado venres tivemos unha hora de ler moi divertida e especial. Estes super lectores/as tiveron que buscar as diferentes pistas que nós (Punto e Coma) deixamos escondidas na nosa biblioteca. Pasárono xenial buscando entre tantísimos libros que temos. Deixámosvos unhas poucas fotos resumo.
Durante esta semana e a que vén irémosvos mostrando as diferentes clases de Primaria con este xogo.
Que vos pareceu este tipo de xogo-actividade? Queredes máis xogos deste tipo? Comentádeo máis abaixo, Punto e Coma leremos todas as vosas suxerencias.

Un saúdo dos vosos amigos Punto e Coma!

16 jun 2019

Premio mellor es lector@s! Curso 18/19

Bo día querid@s lector@s!
Estades convidad@s a asistir o próximo 19 de xuño na nosa biblioteca na hora de ler na entrega de premios aos mellor es lectores/as de este curso 2018/2019.
Parabéns a tod@s! Queremos felicitar a estos rapaces e rapazas facéndolle entrega dun diploma máis un agasallo. 
Saúdos de Punto e Coma


24 abr 2013

Día do libro

O martes 23 de abril baixamos a biblioteca ao patio onde os rapaces e rapazas de sexto leron libros os nenos de infantil.Pasarono todos estupendamente.Hai vai unha pequeña mostra.


26 may 2010

Las lágrimas de Shiva en póster

Os alumnos de 1º de E.S.O. leron Las lágrimas de Shiva , na clase de Lingua Castelá e Literatura.