A entrada de hoxe é moi especial. Deixámosvos o vídeo da panxoliña que fixemos, alumnado e profesorado, con moito agarimo para felicitar as festas.
Este ano foi moi singular e atípico. E, como xa esperábamos, non puidemos celebrar o noso gran festival de Nadal! Pero como o importante son as ganas e a actitude, adaptámonos á nova situación e creamos esta panxoliña tan divertida. Asegurámosvos que o pasamos moi ben bailando e cantando.
Só nos queda desexarvos unhas moi felices festas e un próspero ano novo cheo de alegrías.
E moi importante...estes días sempre con sentidiño!
Xa estamos a piques de rematar o primeiro trimestre e...que rápido pasaron estes meses! Parece que foi onte cando nos reuníamos de novo despois de moitísimo tempo sen vernos.
Volvemos por aquí para mostrarvos un vídeo moi especial que fixo o alumnado e profesorado de 4º de Educación Primaria con respecto ao 25 de Novembro. O bo traballo faise esperar e aquí vos deixamos a súa aportación polo Día da Non Violencia:
Xa estamos a piques de rematar a semana e tiñamos algo pendente....verdade?
Acertáchedes! Todavía non coñecíamos os contos gañadores do concurso “Contos de medo” deste curso. Todos levaban un elemento común: o título ‘Aí que medo pasei no camiño’. Todos os participantes conseguíchedes creacións moi boas e por iso merecedes unha enorme felicitación.
Agora ben, foron 3 os contos gañadores en Educación Primaria, e 2 en Educación Infantil. Como ben sabedes este año as celebracións son un pouco especiáis, pero non hai excusa para elas. Por iso, este curso, coñeceremos os contos gañadores de xeito virtual. Non me enredo máis e vos deixo, a continuación, os vídeos dos contos gañadores.
Disfrutade moito!!
Esperemos que vos gustasen moito! Son increíblemente terroríficas!
Como vai a semana? A verdade é que nós xa temos morriña da celebración do Samaín que, este ano, foi bastante diferentes ao que adoitamos facer. Vós tamén o notáchedes? Non puidemos facer un túnel do terror, nin unha exposición das vosas cabazas e vasoiras, e o festival tamén foi diferentes, pero o pasamos xenial!!
Neste cole sempre nos adaptamos ás novas circunstancias e, polo tanto, non iamos quedar sen traballar a nosa imaxinación! Así que vos deixamos disfrutar das creacións propias e dos compañeir@s. Prepararos para pasar uns minutos...de medo!!
Ola amigos e amigas!! Xa nos botávades de menos?
A verdade é que, neste curso tan atípico, as cousas van moito máis despacio do que nos teñen acostumados. Pero hoxe traemos en exclusiva os contos e poemas que lemos no cole en homenaxe ao gran Gianni Rodari polo seu Centenario.
Como dixemos na última publicación, para celebrar o Día das Bibliotecas Escolares íamonos centrar neste gran escritor.
Así pois, non nos enrollamos máis e vos deixo, a continuación, 3 vídeos nos que se poden escoitar as reproduccións de todos os cursos do noso cole.
Estade ben atentos a ver se vos recoñecedes e...disfrutade de Gianni Rodari!
Comezamos pol@s peques de Educación Infantil e 1º. 2º de Educación Primaria:
Ahora é o turno dos nenos e nenas de 3º e 4º de Educación Primaria:
E por último, o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria:
O 24 de outubro festexamos o Día das bibliotecas escolares; este curso farémolo lendo libros nas aulas, xa que non podemos facer os apadriñamentos lectores dos outros cursos. Tendo en conta que o 23 é o centenario de Gianni Rodari, queremos homenaxealo con lecturas dos seus libros; durante a semana faremos audiccións de diferentes contos e poemas, grabadas previamente en todas as aulas de primaria; subiremos as audiccións ao blog para que poidades seguir disfrutando destas lecturas.
O concello de Coristanco promove a Homenaxe a Asunción Antelo, A Rexubeira de Bergantiños, como recoñecemento á súa labor como escritora e creadora autodidacta.
Dende a biblioteca "Asunción Antelo" queremos unirnos a esta homenaxe, invitándovos á lectura dos seus libros, que podedes atopar na biblioteca.
Este 30 de setembro faleceu Quino, o creador de Mafalda. Queremos recordalo cos debuxos que fixeron os rapaces fai seis cursos cando celebramos os 50 anos de Mafalda e o Premio Príncipe de Asturias concedido ao seu autor.Esperamos rendirlle unha homenaxe nas diferentes clases e publicar os seus traballos.
Empezamos este estrano curso con ilusión e gañas de facer moitas cousas! Punto e Coma esperan que participedes neste blog cos vosos comentarios e traballos, como xa fixéchedes o curso pasado.
Elaboramos un protocolo de acceso á biblioteca neste curso tan especial. Actualizamos a guía de usuarios adaptada as novas circunstancias, esta guía está na biblioteca para que poida ser consultada polos usuarios; este curso non faremos carnets físicos aos novos lectores, aínda que, por suposto, teñen o seu número no meiga, número que anotarán na súa axenda para poder facer empréstitos e devolucións.
Elaboramos un horario para que cada curso poida ir á biblioteca nunha sesión de mañá ou tarde deixando tempo prudencial entre os diferentes niveis.
Hoxe é venres, e como todos os venres son de emocións e máis hoxe...hoxe si que é un día de emocións porque remata o curso.
Un curso moi atípico que non pensabamos que nos puidésemos despedir así de todos/as vós pero non pasa nada porque para setembro volverémonos ver.
Punto e Coma estamos a desexar volver vervos pola biblioteca e seguir facendo actividades, concursos, retos, máis venres de emocións....pero terá que ser para setembro.
Despedímonos agradecéndovos por todo o que traballastes e os marabillosos contos que nos contastes. Moitísimas grazas de verdade, grazas a vós e ás vosas familias, estamos moi moi contentos.
Por iso hoxe como despedida non haberá un vídeo, nin dous, nin tres.....haberá catro vídeos de emocións para que os gocedes, sabedes por que? Porque volo merecedes.
Bo verán, gozar e seguir lendo libros, lembrade que...
A lectura nos abre as portas do mundo que vos atrevades a imaxinar
Hai grandes libros no mundo e grandes mundos nos libros
Un saúdo do voso amigos Punto e Coma.
"Wei xiao der yu (A Fish with a Smile)" do director taiwanés , a música está composta por Chien-Ci Chen. Atopámonos novamente coa íntima relación entre o cine e a literatura, xa que a historia está baseada no libro de Jimmy Liao "El pez que sonreía". Esta curta foi premiada no Festival Internacional de cine de Berlín.
"Sweet Cocoon" dirixida entre outros por Matéo Bernard e producida por ESMA.
A historia trata de dous insectos que ante os problemas dun verme para completar a súa metamorfose deciden axudalo, aínda que non será tan fácil como pensan...
"Bridge", que foi creada polo animador Tin Chian Tei, con música de Greg Gauba e producida por Human Trips Productions no ano 2010. Unha magnifica ocasión para comprobar a importancia da colaboración, na que un obxectivo individual pode frustrarse se non o consideramos colectivo e cooperamos para que ambas metas poidan conseguirse.
"Soar" unha curta realizada por Alyce Tzue na Academy of Art University. Esta obra que foi nominada e galardoada con numerosos premios. Esta obra inspirada no Principiño (A. de Saint-Exupéry) traslada a idea de que se te esforzas o máximo por dar o que tes, ás veces consegues máis do que nunca esperaches. Unha nena tenta facer voar unha das súas creacións, ata que do ceo aparece alguén á que terá que axudar...
Hoxe presentámosvos unha historia CON MOITO RITMO!
A Punto e a Coma, como xa sabedes, encántalles a música.
A música protagoniza a sesión de curtametraxes de hoxe, xa que traemos a obra titulada "Sinfonía de monos" realizada como un proxecto de postgrado do ESMA (Escola Superior de Oficios do arte). Nesta obra fainos relexionar sobre as diferentes formas de entender a educación musical.
Dous amigos comparten a súa paixón polo piano cando eran pequenos, pero os seus camiños sepáranse, ata que se volven atopar cando son adultos.
Ola, rapaces e rapazas, hoxe Punto e Coma queren traervos as recomendacións de lectura para o verán, xa que saben que seguiredes leendo moito durante as vacacións. Querían comentarvos que hai un libro recomendado por un compañeiro voso, Daniel Suárez de 4º, está feito por dous antiguos alumnos do colexio, o seu título é O vello dos chupetes. Esperamos que vos gusten.
Punto e Coma queren felicitar aos grandes lectores deste curso,rapaces e rapazas aos que lles gusta leer e levaron moitos libros para casa antes de empezar o confinamento.Esperamos que o curso que ven sigan levando e leendo tantos libros.Vérémonos en setembro! Ánimo e seguide así!
Debido as circunstancias que estamos vivindo, este curso publicamos os diplomas dos rapaces de sexto que foron colaboradores da biblioteca. Punto e Coma vos dan as gracias pola vosa axuda e vos desexan un bo comenzo de curso en secundaria; esperamos que vos acordedes de pasar tamén por primaria para entregaros o diploma real e tamén para que nos contedes que tal vos ides adaptando ao novo centro e a nova etapa que comenzades.
Hoxe é venres, e como todos os venres, son de emocións!
Hoxe presentámosvos unha historia para reflexionar...
"Un vendedor ambulante chega ao pobo ofrecendo unha extraordinaria mercancia..." Este será o comezo da curta desta semana producida por Primer Frame Escuela de Animación finalista na 27 edición dos premios Goya na categoría de Mellor curtametraxe de animación.
Esta produción española fainos reflexionar sobre o consumismo, a cobiza e outros aspectos presentes na nosa sociedade. A elaboración desta curta foi financiada coas taxas de matrícula do alumnado de Primerframe.com e foi o proxecto fin de máster. Participaron un total de 27 persoas dirixidas por Jaime Maestro.
Ola queridos/as lectores/as! Hoxe é venres, e como todos os venres sons de emocións! Hoxe presentamos esta historia que seguro que nos fai reflexionar moito, tanto a pequenos/as como a maiores. Con todos/as vós.......ALIKE! Un saúdo dos vosos amigos Punto e Coma. Feliz venres!
Ola, chicos e chicas; Punto e Coma están moi contentos, recibimos un vídeo precioso da banda de Carballo, podedes ver a Carlos de 5º tocando cos seus compañeiros. Esperamos que vos guste tanto como a nós.
Hoxe é venres, e coma todos os venres son de emocións! Hoxe Punto e Coma decidimos publicar este traballo que atopamos no canal de Youtube de Jose Manuel López Cabana, un traballo realizado nesta dura etapa de confinamento, para dar a coñecer a través dun xogo-canción, datos importantes da vida e obra de Don Ricardo Carballo Calero, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2020.
Esperamos que vos guste, pero hai máis....
Feliz día das letras galegas amig@s!
Queredes máis retos e xogos para a fin de semana? Queredes máis scape rooms?
Ahí tendes....a gozar e pasalo ben aprendendo? Seredes capaces de completar o código e chegar ao final? Comentade máis abaixo se o conseguíchedes!
Escoitáchedes algunha vez se non queres caldo....come dúas tazas?
A nosa biblioteca segue pechada, pero non vos preocupedes que achegámosvos libros igual para que poidades gozar e ler. Presentámosvos o relato orixinal de Ricardo Carvalho Calero en formato “Conto”, de balde (a través desta plataforma) e cedido por Ed. Embora. Clicade no título do libro para poder lelo en liña. Esperamos que vos guste.
Deixámosvos un vídeo que elaboramos Punto e Coma con todas as fotos que nos enviastes para celebrar o pasado 23 de abril O día do libro. Moitas grazas pola vosa participación e polas vosas recomendacións, Punto e Coma xa apuntamos as vosas suxerencias.
Ola queridos/as lectores/as! Como seguro que xa sabedes este ano o día das letras galegas adícase a Ricardo Carvalho Calero, pero antes de traballar sobre este autor imos documentarnos un pouco.
E agora....a xogar!!! Podedes ver o vídeo cantas veces queirades, así teredes máis probabilidades de acertar todas as preguntas. Ánimo! Un saúdo dos vosos amigos Punto e Coma!
Despois do éxito de "O misterio da casa de Carvalho Calero" presentámosvos este scape room para os máis pequenos da casa. Un scape roommoi divertido que seguro que o resolvedes moi facilmente,aprendedes moito e pasades un tempo moi divertido. Animádesvos?
Podedes comentar máis abaixo se fostes capaces de resolvelo. Moito ánimo!
Bos días rapaces e rapazas: Tedes ganar de escoitar máis contos e recomendacións lectoras dos vosos amigos e amigas grazas a misión de PT e AL?
Seguro que si, tantas coma nós! Esperemos que gocedes escoitándoos como o fixemos Punto e Coma! Grazas rapaces e rapazas polas vosas aportacións! Como di o dito....valedes o voso peso en ouro! Bravo! Pronto nos volveremos ver! Saúdos, Punto e Coma.
Hoxe é venres, e como todos os venres son de emocións!
Nun bosque de árbores xigantes, Oquirá, unha nena de 6 anos, vai desafiar ao seu destino e aprender sobre o ciclo da vida. Unha fermosa historia para este mércores!!!
Punto e Coma estamos abraiados dos diferentes contos que nos estades a enviar. Encántanos. Sodes uns artistas.
Hoxe propoñémosvos un xogo moi divertido para celebrar o día das letras galegas. Un scape roommoi divertido que seguro que o resolvedes moi facilmente,aprendedes moito e pasades un tempo moi divertido. Animádesvos?
Podedes comentar máis abaixo se fostes capaces de resolvelo. Moito ánimo!
Bos días queridos/as lectores/as: Seguimos compartindo con vós todos os contos e recomendacións lectoras feitos polo noso alumnado grazas a misión do departamento de orientación. Que orgullosos estamos dos nosos rapaces/zas! A Punto e a Coma fainos moi felices volver vervos e escoitarvos! Desexamos que vos guste! Apertas virtuais de Punto e Coma!
A de hoxe, unha obra da escritora e especialista en literatura infantil e xuvenil, Mar Benegas
Un libro sinxelo e atractivo aos ollos dos máis pequenos, onde as palabras e as cores son as protagonistas a través dun xogo visual. Que cor ven os teus ollos?
Bos días rapaces/zas: Seguen chegándonos moitos contos fermosos contados polo alumnado, grazas a misión do departamento de orientación. Estamos moi contentos e emocionados volvendo vervos outra vez! Encántannos todos os vosos contos!! Esperamos que gocedes deles tanto coma nós! Saúdos de Punto e Coma. Xa queda menos para volver a vernos!
"Un becho estraño" Iria 2º EP
"Policán. Situación desesperada" Daniel Canedo 3ºA
Que contentos estamos hoxe!!! Unha semana que comeza e que maneira de comezar!!! Nin máis nin menos que Raquel Queizás!! Que gran contadora de historias!! Aquí a tendes coa Raposa lista...