Reproducimos parte da historia con videos.
fondo red white blue
columnas enlaces
29 may 2013
O GRÚFALO NA BIBLIOTECA
O mércores 29 de maio despedimos os contacontos co libro "El grúfalo".Esta vez son os rapaces de 6º contándollo aos nenos de infantil. De narrador fixo Julián,de ratonciño Samantha,Nacho de serpe,Lucía Canosa de raposo,Marta de moucho e Rubén de monstro.Moi ben todos;os nenos de infantil pasárono tan ben que pedían "outra,outra...".Así foi como os rapaces de 6º animáronse a contarlles algún chiste.
Reproducimos parte da historia con videos.
Reproducimos parte da historia con videos.
28 may 2013
ANA E ARTURO LEN "A VODA DOS RATOS"
O xoves 16 de maio ANA e ARTURO de 1º E.S.O. viñeron a biblioteca a ler aos rapaces de 1º ciclo durante o plan lector o libro "A voda dos ratos".Pasámolo estupendamente,polo que emplazamos aos rapaces para o curso que ven.
24 may 2013
CONCURSO "ASÍ TE VEXO"
O mércores 22 de maio demos uns agasallos aos premiados e participantes do concurso "Así te vexo" xa que acertaron co nome do autor e título do boceto que solicitabamos.
O autor era Leonardo da Vinci e o boceto titulábase "O parafuso aéreo".
Moitas grazas a todos e todas.
Ahí van unhas fotos de recordo do acto.
O autor era Leonardo da Vinci e o boceto titulábase "O parafuso aéreo".
Moitas grazas a todos e todas.
Ahí van unhas fotos de recordo do acto.
Etiquetas:
ACTIVIDADES PRIMARIAS,
concursos
20 may 2013
Feira da enerxía
16 may 2013
Obradoiro de Música
CONTACONTOS NA BIBLIOTECA
O martes 14 de maio tivemos un fermosísimo contacontos por parte de dúas alumnas da E.S.O., SARA e NEREA; escoitaronnas os nenos de educación infantil.Podemos ver nestes videos o ben que o pasamos.
15 may 2013
SEMANA DAS LETRAS
O luns 13 empezamos a semana das letras con dúas actividades: primeiro no plan lector dous rapaces
de secundaria,Christian e Dani, viñeron a biblioteca a ler un conto,O GRÚFALO, aos rapaces de 1º ciclo.Diremos que non sólo leron senon que fixeron a traducción do castelán ao galego sen ningún problema. Ao final os nenos levaron unha máscara para colorear ao personaxe.
Ahí vai un video que ilustra o conto.
Pola tarde os rapaces e rapazas de infantil e 1º ciclo foron ata secundaria a ver,escoitar e desfrutar de ANXO MOURE e o seu CARBALLO CON BOTAS.
Mostramos varios videos que demostran o dito.
6 may 2013
LETRAS GALEGAS. ROBERTO VIDAL BOLAÑO
A celebración do día das Letras Galegas, cada 17 de Maio, foi instituída no ano 1963 pola Real Academia Galega para conmemorar a publicación do libro de Rosalía de Castro " Cantares Gallegos", un 17 de Maio de 1863 e homenaxear a algún escritor ou escritora en lingua galega.
Este ano adicamos O DIA DAS LETRAS GALEGAS a un insigne home de teatro: ROBERTO VIDAL BOLAÑO.Agradecemos as actividades propostas ao C.E.I.P. Galán de Arteixo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)