fondo red white blue
columnas enlaces
17 dic 2010
XA TEMOS NOVA MASCOTA!!
Hoxe entregáronse os premios ao concurso de mascotas para a nosa biblio. A gañadora foi Cristina, de 4ºA que debuxou a Punto e a Coma deste xeito tan orixinal:
1 dic 2010
Cadernos de Biblioteca
Para todos os alumnos de Secundaria que queirades participar nas actividades da biblioteca, temos á vosa disposición CADERNOS nos que facer os vosos traballos.
Haberá premios para os máis participativos.
Xa podedes comezar co comentario dun libro que trate sobre os Dereitos Humanos. Recordade que tendes unha selección no expositor da entrada.
Etiquetas:
actividades,
dereitos humanos
26 nov 2010
DEREITOS HUMANOS
Neste mes de novembro, a sala de secundaria da nosa biblioteca está "decorada" con carteis sobre os dereitos humanos.
Ademais, temos unha pequena selección de lecturas relacionadas co tema.
Propoñémosvos que leades unha historia, que fagades un comentario ou reseña do libro reflexionando sobre a inmigración, as diferenzas sociais, a droga, a pobreza...
Recollede un caderno na biblioteca e ... a ler.
Coma sempre, os autores dos mellores traballos terán un agasallo!
Jenny, o día 25 de novembro, co lazo solidario, diante dun cartel da exposición.
Etiquetas:
concursos,
dereitos humanos
25 nov 2010
25 de novembro. Un poema contra a violencia de xénero
25 de novembro: Día Internacional de Loita contra a Violencia de Xénero
(Nanai, Mala Rodríguez)
RECOLLE NA BIBLIOTECA O TEU LAZO SOLIDARIO
23 nov 2010
Manuel de Falla
Manuel de Falla (Cadiz, 23 de novembro de 1876-Argentina, 14 de novembro de 1946) hoxe cumpriría 234 anos.
8 nov 2010
Gañadores da actividade sobre Miguel Hernández
Xa temos os nomes dos gañadores da actividade sobre o poeta Miguel Hernández:
1º ciclo de E.S.O.:
Elena Soutullo, Alba Varela e Ángela Facal.
Todo o alumnado de 1º e 2º recibirá un doce agasallo.
2º ciclo de E.S.O.:
Alba Martínez, Laura Barreiro e Jennifer Amarelle.
ENTREGA DE PREMIOS:
Mércores, 10 de novembro, no primeiro recreo, na Biblioteca.
Grazas a todos pola vosa colaboración.
5 nov 2010
6 oct 2010
"Para la libertad", Miguel Hernández- Joan Manuel Serrat
Muchos son los poemas de Miguel Hernández que han sido musicados y cantados.
Durante este mes, iremos "colgando" en el blog algunos vídeos de muestra.
A ver que os parece éste.
30 sept 2010
18 jun 2010
8 jun 2010
Homo Consumus vs Homo Responsabilus
Agora que estamos co tema do Medio Ambiente, a ver que vos parece este curto realizado por Pablo Llorens.
5 jun 2010
Día Mundial do Medio Ambiente
Na entrada do edificio de secundaria, temos unha exposición de libros sobre o tema.
Pasádevos a vela.
2 jun 2010
Gañadores da gincana do cómic
Xa coñecemos aos equipos gañadores da "Gincana do cómic".
De 2º E.S.O.:
Jennifer Torres , Estefanía Seoane, Adriana Velo, Carmen Pose e Alba Reino.
De 3º E.S.O.:
Sergio Naya, Pablo Díaz, Pedro Alonso, David Moreira e José Manuel Suárez.
De 4º E.S.O.:
Ana Andrade, Uxía Fernández, Laura Romay, Alba Souto e Cristina Velo.
Parabéns.
Etiquetas:
cómic,
concursos,
semana cultural
29 may 2010
26 may 2010
Las lágrimas de Shiva en póster
Os alumnos de 1º de E.S.O. leron Las lágrimas de Shiva , na clase de Lingua Castelá e Literatura.
15 may 2010
13 may 2010
Letras Galegas: Uxío Novoneyra
Esta semana, na entrada do edificio de Secundaria, podedes visitar unha exposición sobre o autor homenaxeado este ano o Día das Letras Galegas, UXÍO NOVONEYRA.
Ademais, como sabedes, estamos a celebrar unha semana cultural chea de actividades.
1 may 2010
30 abr 2010
22 abr 2010
23 de abril: Día Mundial do Libro
Verdade que xa sabedes por que o 23 de abril foi declarado pola UNESCO Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor? Non? Pois consultade este enlace.
Este curso, no noso Colexio, o equipo da Biblioteca organizou unha exposición de cómics na entrada do edificio de secundaria e nas dúas salas de lectura.
Animádevos a visitala e levade un cómic a casa esta fin de semana!
As alumnas de 4º E.S.O. C remataron o tríptico.
Etiquetas:
abril: mes do cómic,
día do libro
20 abr 2010
Mes do cómic na Biblioteca
Pois si, xa sabemos por que Sacarino anda estes días pola nosa biblioteca.
E que este curso, o mes de abril está dedicado ao CÓMIC.
Na entrada principal do edificio de secundaria, temos unha pequena exposición deste xénero que combina texto e imaxe para contar historias.
Mafalda convídavos a visitala.
18 abr 2010
O novo usuario da nosa biblioteca
Desde hai uns días, na Sala de Secundaria da Biblioteca, temos un "compañeiro" que non se cansa de ler.
Sabedes quen é? E
por que está con nós?
16 abr 2010
Concurso de Relato Curto de Coca-Cola
Esta tarde dúas alumnas de 2º E.S.O. B, Alba Reino e Jennifer Torres, e dous alumnos, Jesús David Regueira, tamén de 2ºB, e Felipe Rama, de 2ºA, representan ao noso Centro no Concurso de Xoves Talentos de Coca-Cola.
No Colexio Liceo La Paz , escribirán o seu relato, que competirá cos dos mellores escritores e escritoras da súa idade da Coruña e arredores.
Moita sorte, rapaces!
II Concurso de Marcapáxinas
O Equipo da Biblioteca convoca o II Concurso de Marcapáxinas.
Animádevos a participar.
Os traballos gañadores serán repartidos como agasallo da Biblioteca a todo o alumnado e profesorado do Centro no próximo curso.
A técnica é libre e a data de entrega remata o día 22 de maio de 2010.
Consultade as bases aquí.
25 mar 2010
Agatha Christie no cine
Rematamos a segunda avaliación e o mes de marzo coas últimas actividades adicadas a Agatha Christie.
Os alumnos de 1º e 2º da E.S.O. asistiron á proxección da película "Asesinato en el Orient express" e os de 3º y 4º, de Diez Negritos.
(As fotos das actividades están na páxina do Centro)
Recordade que estes días, no expositor da entrada da sala de secundaria, tendes algunhas das novelas desta autora que podedes coller para ler na casa e que tamén podedes levar alguhna outra película baseada nas súas obras para ver durante a Semana Santa.
21 mar 2010
Día Mundial da Poesía
Hoxe, 21 de marzo, celebramos o Día Mundial da Poesía
"No digáis que agotado su tesoro,
de asuntos falta, enmudeció la lira;
podrá no haber poetas;
pero siempre habrá poesía.
Mientras las ondas de la luz al beso
palpiten encendidas,
mientras el sol las desgarradas nubes
de fuego y oro vista,
mientras el aire en su regazo lleve
perfumes y armonías,
¡habrá poesía!
Mientras la ciencia a descubrir no alcance
las fuentes de la vida,
y en el mar o en el cielo haya un abismo
que el cálculo resista,
mientras la humanidad siempre avanzando
no sepa a dó camina
mientras haya un misterio para el hombre,
¡habrá poesía!"
(...)
(Ler máis)
12 mar 2010
Miguel Delibes (1920-2010)
Hoxe amañecemos cunha triste nova: a morte de Miguel Delibes.
Delibes era membro da Real Academia Española, Premio Cervantes, Premio Nacional de Literatura, Premio Nadal e Premio Príncipe de Asturias, e autor de novelas como La sombra del ciprés es alargada, Cinco horas con Mario, El camino, Los santos inocentes o El hereje.
Invitámosvos a ler algunha obra deste incansable defensor la liberdade, da tolerancia e da natureza.
Como din por aí, "o de morrer, para os inmortais, é só un trámite".
Outros enlaces:
Etiquetas:
actualidade,
Autores,
necrolóxicas
9 mar 2010
Agatha Christie
Pois si, era Ágatha Christie.
Parabéns a Alba, Martín, Carmela, Andrea, Noelia, Cristina, Ángela e Uxía.
O mércores 10, no segundo recreo, podedes recoller o voso agasallo na sala de secundaria da Biblioteca.
8 mar 2010
8 de marzo: Día da Muller
7 mar 2010
5 mar 2010
Sabes quen foi esta muller? Segunda pista
Imaxinas que recibes unha invitación para ir a unha illa maravillosa pasar uns días xunto a nove amigos?
O malo é que cando chegades, o anfitrión non aparece. Só oídes unha misteriosa voz que vos acusa de ter cometido un crime, e entón... os teus amigos comezan a seren asasinados seguindo as instrucións dunha nana. O último serás ti.
Queres coñecer a canción? Queres saber como vas morrer?
Esta muller darache a resposta.
3 mar 2010
Sabes que foi esta muller? Primeira pista
1 mar 2010
Sabes quen foi esta muller?
26 feb 2010
Cicloxénese explosiva
Hoxe pola mañá, nas aulas e nos corredores do cole, moito se escoitou falar da "cicloxénese explosiva" que esperamos.
Pero que é a cicloxénese explosiva?
Agardemos e que non pase nada!
Por certo, se non podedes saír: aproveitade e lede un bo libro.
25 feb 2010
19 feb 2010
Ollos de auga, de Domingo Villar
Por fin chegaron á nosa Biblioteca as dúas novelas do escritor vigués Domingo Villar protagonizadas polo inspector Leo Caldas e o seu axudante Rafael Estévez.
Ollos de auga é a primeira da serie.
Collédea na sala de secundaria e xa nos diredes que vos pareceu.
Recomendada a partir dos 14 anos.
Boa lectura!
11 feb 2010
Concurso "Parellas famosas"
Poema de amor (3)
E outro poema de amor:
Por amor nacín da terra.
Por amor son o que son.
Por amor canto o meu canto,
por amor.
Por amor sángranme os pulsos
e ábreseme o corazón.
Por amor doénme os ollos.
Por amor, só por amor.
Darío Xohán CABANA
10 feb 2010
Poemas de amor (2)
Un día menos para San Valentín. Unha boa razón para ler outro poema de amor dos que están expostos nas aulas:
A autora: Dulce María Loynaz
Que la vida no vaya más allá de tus brazos.
Que yo pueda caber con mi verso en tus brazos,
que tus brazos me ciñan entera y temblorosa
sin que afuera se queden ni mi sol ni mi sombra.
Que me sean tus brazos horizonte y camino,
camino breve, y único horizonte de carne;
que la vida no vaya más allá… ¡Que la muerte
se parezca a esta muerte caliente de tus brazos!
9 feb 2010
Poemas de amor
Xa que o domingo é San Valentín, deixámosvos un poema de amor dos que podedes ler na exposición que temos nas portas das aulas:
Con augas de sede vella
namorar eu namoreina,
meu amigo!
Con unha herba lixeira
namorar eu namoreina,
meu amigo!
Namorar eu namoreina
con unha cantiga leda,
meu amigo!
Namorar eu namoreina
con ar da primavera,
meu amigo!
Álvaro CUNQUEIRO
Suscribirse a:
Entradas (Atom)