Dende o Equipo de Biblioteca desexámosvos que pasedes un moi BO VERÁN!
MOITAS APERTAS!
;
Bo día!
Xa respirando aires de verán e cos últimos impulsos e esforzos deste duro mes, queremos hoxe achegarvos o tríptico das lecturas recomendadas para o verán.
Dende a coordinación da biblioteca e de parte de todo o equipo, desexamos que esta selección sexa do voso agrado (están recollidas as últimas novidades das editoriais e outros títulos atractivos!).
Que gocedes moito con estes e/ou outros libros durante o verán. E dicirvos tamén que algúns deles xa os temos na biblioteca preparados para o empréstito no curso que vén.
Moitas grazas por lernos, por seguirnos e por formar parte desta rede que tecemos xuntos.
Moitísimo ánimo para estes últimos días!
Con agarimo
;
Bo día!
Hoxe queremos achegarvos ao encontro literario desta semana na biblioteca: a visita de Héctor Cajaraville. Si que é verdade que desta vez non tivo que alonxarse moito xa que, como sabedes, Héctor é profesor no noso centro.
Falou dun dos libros que escribiu e que foi lido nas aulas de 5º nivel, Kusuma, toda unha fábula con animais chea de ensinanzas.
Moitas grazas a Héctor polo encontro. Coidamos que vos gustou moito!
Que pasedes unha boa fin de semana longa!
;