fondo red white blue

columnas enlaces

29 may 2024

A CULTURA MARROQUÍ. SECUNDARIA

 





A biblioteca tamén debe ser un lugar de encontro e inclusión e nese sentido deseñouse unha actividade na que quixemos mostrar o importante que é coñecer as distintas culturas, principalmente as do noso alumnado. Para iso dous das nosas alumnas, Asmaa e Raja, de orixe marroquí, contáronnos como era o seu lugar de procedencia e a súa cultura. Despois, realizaron un taller de henna no que todos gozamos decorando as nosas mans.


23 may 2024

Día das Letras Galegas 2024

 Como todos os anos, no CPI Alcalde Xosé Pichel, conmemoramos este día e a nosa lingua, en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega.

Este ano a homenaxeada é Luísa Villalta (1957 - 2004), escritora, docente e violinista defensora da nosa cultura. 

Para afondar en datos sobre a súa vida e obra, levamos a cabo a elaboración dun mural. Un especial agradecemento á participación do alumno Dani Bello de 6ºB que realizou a ilustración da homenaxeada. 

Amosamos algunhas fotiños dese traballo. Agardamos que vos guste tanto como a nós!❤️





:





As familias contan!

 Bo día, familias! Nesta entrada amosamos recordos doutros momentos de contos narrados por irmáns maiores que visitaron ao grupo de 6º de infantil para deleitalos coas súas lecturas. 

Tivemos a visita de Joel de 5º irmán de Noa, acompañado polo seu compañeiro de aula, Lucas:



Así tamén, Elisa de 3ºB visitou o grupo do seu irmán Aleixo:



Moitas gracias!!🤩 

17 may 2024

DÍA DAS LETRAS GALEGAS EN SECUNDARIA





Día das Letras Galegas decidimos contar coa presenza de María Canosa, que fixo un marabilloso percorrido pola traxectoria humana e literaria da gran poetisa Luísa Villalta. A través dun pentagrama e das súas distintas notas musicais, puidemos coñecer a fondo a esta gran autora. Foi unha xornada moi proveitosa na que todos aprendemos moito.

16 may 2024

Sexto conta Moito!

Hoxe foron Helena, Nerea e Ángel F. de 6ºA os narradores de Contos na Biblioteca. Ao alumnado de 2º A encantounos!!

Gracias, rapaces!





10 may 2024

As familias contan!

 Nestes días o alumnado de 6º de Infantil desfrutou dos contos narrados por dous irmáns maiores. Encántannos estas visitiñas!

- Joel de 3ºB, irmán de Anxo:



- Diego de 5º, irmán de Sara e Alba:



Moitas gracias, rapaces!!!

Sexto conta moito!

 Bo día, familias! Onte nos nosos xoves de Contacontos, foron Adrián e Ángel de 6ºA os narradores para o alumnado de 1º de Primaria.

Moitas gracias, rapaces!




6 may 2024

Sexto conta Moito!


 Bo día, familias!

Nas últimas semanas tivemos varios xoves completiños nos contacontos a cargo de:

Iria e Nerea de 6ºB ao alumnado de 4º de Infantil:



Mateo e Gabriel de 6ºB ao alumnado de 5º de Infantil:





Helena, Nerea e Iris de 6ºA ao alumnado de 6º de Infantil:




Moitísimas gracias a tod@s!!