Ola a todos, nenos e nenas, profes, nais e pais, benvidos ao novo curso. Xa abrimos a biblioteca este mes cun gran éxito, moitos rapaces veñen na hora do recreo a facer consultas nos ordenadores e a disfrutar dos numerosos libros que poden leer na sala ou levar emprestados para casa. Xa tiñamos gañas de estar xuntos, nenos de diferentes aulas, e sin mascarillas no centro e na biblioteca.
Este curso retomamos tamén a figura dos colaboradores de biblio, os rapaces de sexto que están encantados de poder emprestar libros a través do programa Meiga aos alumnos a partir de terceiro. Os máis pequenos miran os libros e suxiren a súa titora os que lles gustan para levar a súa aula.
Esta semana fixemos as visitas guiadas aos rapaces de infantil, primeiro e segundo, coa idea de que saiban cales son os libros axeitados para eles e onde están.
Ahí van algunhas fotos destes primeiros días: