Hoxe é venres, e como todos os venres son de emocións!
Nun bosque de árbores xigantes, Oquirá, unha nena de 6 anos, vai desafiar ao seu destino e aprender sobre o ciclo da vida. Unha fermosa historia para este mércores!!!
Hoxe é venres, pero un venres moi especial e cheo de música! En máis dunha ocasión o profe Miguel contouvos quen eran Cholo e Nela, pero Punto e Coma lembrámosvolo:
Cholo é un Globo que cada ano adoita vir ao noso País
baixando polo Arco da Vella. Vive no País da Fantasía, no que sempre se anda a
xogar.
Nela é
unha Pinga de Auga do Río Sil que un bo día tinguiu o pelo por accidente ao
pasar polo Arco da Vella. Aquel bo día coñeceu a Cholo e dende aquela son unha
parella de amigos inseparábel.
CHOLO E NELA presentan "COVID QUE TE VIN"
Coñecedes a alguén no vídeo?😊
Agardamos que vos guste
« Covid que che vin» é o nome do que será o hit do verán, ou polo menos da pandemia. É o último single de Cholo e Nela, unha iniciativa que trata de animar a todos os pequenos a estar na casa así como a seguir lavándose as mans.
O equipo que organiza esta festa, que este ano tivo que cancelarse, decidiu non quedar quieto e compoñer esta canción na que tamén participan os máis pequenos. Nela anímannos a seguir en casa, traballando e xogando mentres estamos sans e desinfectados.
. Nesta actividade, que leva máis de 20 anos facendo gozar aos máis pequenos, adóitanse xuntar máis de 1.000 persoas realizando xogos e actividades. Neste ano, a organización ao declarase o estado de alarma, decidiu cancelar a celebración. Este é ou comunicado oficial:
Dende ou Arco dá Vella, e despois de percorrer galaxias, Cholo e Nela mandáronnos este mensaxe por whatsapp e por correo electrónico:
Queridos amigos e amigas que organizades a nosa festa, e tamén a todas as mamás, papás, familias e profes que participades nese día de ledicia, e as institucións que colaboran e se divirten connosco, e sobre todo a tódolos nenos e meniñas que ían participar coma sempre, con ledicia, ilusión e con moitas ganas de xogar connosco.
Aínda así, decidiron estar presentes a través das redes sociais con esta divertida canción que fará saltar e bailar a máis dun.
Hoxe presentámosvos un vídeo moi especial. O pasado xoves o tempo de lecer na hora do recreo foi espectacular, pasámolo xenial cos diferentes xogos propostos, pero sabedes cal foi o recanto que máis nos gustou a Punto e a Coma?
O recuncho dos soños!
Que espazo tan fermoso, que ben decorado e que cantidade de libros para desfrutar.
Cal foi o que vos gustou máis? Comentade máis abaixo se queredes máis patios dinámicos!
Cantos máis comentarios haxa, máis xogos pensaremos.
Benvidos un venres máis ás emocións. Punto e Coma sabemos que estades a preparar o día da PAZ para a semana que vén, moitas cancións, moitos poemas, o valor da amizade, o respecto, a igualdade....por iso hoxe neste espazo presentámosvos unha curtametraxe moi especial....A AMIZADE!
Nun pobo pesqueiro abandoado, vive un solitario mariñeiro que soña cas súas viaxes a bordo do seu barco. Un día recibe unha visita inesperada; un paxaro ferido. O mariñeiro coidará del e xurdirá entre eles unha fermosa amizade.
Punto e Coma esperamos que vos guste e recordade...@s amig@s hai que coidalos!