fondo red white blue
columnas enlaces
23 feb 2021
Día de Rosalía
20 feb 2021
No more Matildas
Contacontos de 6º
11 feb 2021
Final dos retos!
Boa tarde amigos e amigas!
Como levades a semana máis divertida do ano? Molláronvos moito por non cumplir cos mandadiños?
Xa estamos a piques de rematar esta semana que tanto nos gusta no cole. Mañá non haberá desfile polo pobo, nin chocolatada coas familias pero, de seguro, será un día especial e pasarédelo xenial.
A modo de despedida, déixovos o vídeo que pon punto e final aos mandadiños do Entroido 2021. Foi un pracer celebralo xuntos un ano máis. E, recordade, descansade ben hoxe para mañá vir con mocitas ganas de festa!
Ata pronto familia!!
Aproveitade os días de descanso que veñen para cargar as pilas!!
Un saúdo
Punto e Coma
10 feb 2021
Últimos mandadiños do Entroido!
Ola ola amig@s!! Estamos nunca semana moi divertida, verdade?! Pasámonos por aquí para deixarvos os últimos mandadiños do Entroido. Mañá é un día importante porque, xa sabedes, como non traigades as cousiñas...alguén vos mollará!! Nós non arriscaríamos...
Ahí vai o reto 3:
8 feb 2021
Comeza a semana do Entroido!!
Bo día rapaces e rapazas!!
Que tal estades? Preparados para unha das semanas máis divertidas do ano? Que ganas tiñamos de que chegara o Entroido! E para comezar, como xa sabedes, contamos cos mandadiños que, a través de personaxes famosos de Entroido galego, indícannos o que temos que traer cada día ao cole. Recordade que os mandadiños son acumulativos e que o venres viremos disfrazados libremente para, de xeito especial polas circunstancias, celebrar esta festa tan querida por todos.
Deixovos, a continuación, o vídeo de presentación, o primeiro reto que vimos o venres no cole e o reto de hoxe.
Cal será o mandadiño de mañá?
Poñédevos ben guapos e que continúe a festa!
Un saúdo de Punto e Coma
7 feb 2021
Contos do Día da Paz
Bo día nenos e nenas!
Xa está a piques de rematar a fin de semana e queríamos que vísedes os contos, poemas e creacións que se fixeron para conmemorar o Día da Paz dende o cole. Dada a situación que estamos a vivir, non era posible xuntarnos para escoitar os contos en directo como fixemos outros anos, así que, unha vez máis, adaptámonos!
A continuación vos deixo os diferentes traballos para que disfrutedes e aplaudades o bo facer dos compañeiros e compañeiras dos diferentes niveis!
Educación Infantil: Que é a paz?
6 feb 2021
Día da Paz 2021
Bo día amigos e amigas!
Punto e Coma pasan por aquí para publicar un vídeo moi especial. Se recordades, o pasado venres 29 de xaneiro celebramos o Día da Paz e da Non Violencia no cole. Un día especial e, como todo neste ano, un pouco atípico. Por iso, decidimos poñerlle un pouco de cor e esperanza coas fermosas ás compostas polas plumas pintadas polo noso alumnado. E ala fómos todos a sacar unhas fotiños especiais que, a continuación, podedes ver
Un abrazo moi grande
Vémonos pronto!
Punto e Coma