fondo red white blue

columnas enlaces

17 abr 2026

SEMANA DO LIBRO CON PAULA CARBALLEIRA



O terceiro trimestre comezou coa celebración do Día do Libro. Para iso contamos coa visita de Paula Carballeira, Premio Nacional de Teatro en 2023. Con motivo desta data, o alumnado foi organizado en dous niveis. Co primeiro ciclo, Paula Carballeira compartiu o seu libro de relatos Trece avisos, a partir do cal falou sobre a súa relación co medo e o seu interese polo xénero de terror. Co alumnado maior, a autora centrou a súa intervención na súa obra As alumnas, na situación das mestras durante a escola da República e na posterior represión que sufriron. Como peche da actividade, representouse unha das escenas da obra.