Hoxe temos un vídeo moi especial que nos mandou a mestra Lorena para tod@s vós. Son os nen@s de 6º de Educación Infantil dándonos moito ánimo, enerxía e apoio para esta situación que estamos a vivir actualmente. A Punto e a Coma encantounos volver vervos 😊.
Moito ánimo, un día máis, pero un día menos para volver a vernos. 👍
Hoxe é venres, pero un venres moi especial e cheo de música! En máis dunha ocasión o profe Miguel contouvos quen eran Cholo e Nela, pero Punto e Coma lembrámosvolo:
Cholo é un Globo que cada ano adoita vir ao noso País
baixando polo Arco da Vella. Vive no País da Fantasía, no que sempre se anda a
xogar.
Nela é
unha Pinga de Auga do Río Sil que un bo día tinguiu o pelo por accidente ao
pasar polo Arco da Vella. Aquel bo día coñeceu a Cholo e dende aquela son unha
parella de amigos inseparábel.
CHOLO E NELA presentan "COVID QUE TE VIN"
Coñecedes a alguén no vídeo?😊
Agardamos que vos guste
« Covid que che vin» é o nome do que será o hit do verán, ou polo menos da pandemia. É o último single de Cholo e Nela, unha iniciativa que trata de animar a todos os pequenos a estar na casa así como a seguir lavándose as mans.
O equipo que organiza esta festa, que este ano tivo que cancelarse, decidiu non quedar quieto e compoñer esta canción na que tamén participan os máis pequenos. Nela anímannos a seguir en casa, traballando e xogando mentres estamos sans e desinfectados.
. Nesta actividade, que leva máis de 20 anos facendo gozar aos máis pequenos, adóitanse xuntar máis de 1.000 persoas realizando xogos e actividades. Neste ano, a organización ao declarase o estado de alarma, decidiu cancelar a celebración. Este é ou comunicado oficial:
Dende ou Arco dá Vella, e despois de percorrer galaxias, Cholo e Nela mandáronnos este mensaxe por whatsapp e por correo electrónico:
Queridos amigos e amigas que organizades a nosa festa, e tamén a todas as mamás, papás, familias e profes que participades nese día de ledicia, e as institucións que colaboran e se divirten connosco, e sobre todo a tódolos nenos e meniñas que ían participar coma sempre, con ledicia, ilusión e con moitas ganas de xogar connosco.
Aínda así, decidiron estar presentes a través das redes sociais con esta divertida canción que fará saltar e bailar a máis dun.
Ola queridos/as lectores/as! Comezamos a semana con música a cargo do grupo de música tradicional TIRULEQUE! Pois con moito ritmo, responsabilidade e bo humor (que falta nos fai!) achégannos esta canción que seguro vos fará bailar aínda que sexa ao ritmo do coronavirus!!
Veña a mover eses corpos!!! Recordade: xabrón, xabrón e xabrón!
Un saúdo de Punto e Coma!
Edición de vídeo: Álex Fente.
Adaptación do tema "SanSa" do grupo. Peza orixinal da "Charanga do Cuco de Velle" (Ourense).
Letra: Tiruleque.
+info: www.tiruleque.com
Ola queridos/as lectores/as! Os venres de emocións seguen, pensabades que Punto e Coma ían deixar de buscar vídeos para vós? Pois non! Os próximos 14 días teremos que quedarnos na casa debido a expansión do coronavirus covid-19, non poderemos asistir a museos, bibliotecas... pero desde a casa podemos realizar distintas tarefas e visitar virtualmente estes lugares. Para coñecer máis este coronavirus podedes consultar a páxina web da OMS ou neste vídeo de Happy Learning explícanvos.
Pois un luns, martes e mércores diferente dende logo...Punto e Coma estamos tristes porque o cole e a nosa biblio está baleira e botamos moito de menos os vosos aloumiños e as historias que nos contades cada día...
Pero nada de poñernos tristes, é o que toca!!! #Euquedonacasa
Nós seguimos actualizando o noso blog coma sempre e temos moitas ideas para estes días... comezamos con PANDEMIA DE CONTOS.
PANDEMIA DE CONTOS é unha inciativa que nace dende o Colectivo NOGA #narraciónoral galega e comparten xenerosamente contos con todos nós para levar o mellor posible este #euquedonacasa que nos toca vivir.
Deixámosvos unha fermosa historia...hoxe comezamos por Sabes contar ata cero?