fondo red white blue
columnas enlaces
30 abr 2010
22 abr 2010
23 de abril: Día Mundial do Libro
Verdade que xa sabedes por que o 23 de abril foi declarado pola UNESCO Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor? Non? Pois consultade este enlace.
Este curso, no noso Colexio, o equipo da Biblioteca organizou unha exposición de cómics na entrada do edificio de secundaria e nas dúas salas de lectura.
Animádevos a visitala e levade un cómic a casa esta fin de semana!
As alumnas de 4º E.S.O. C remataron o tríptico.
Etiquetas:
abril: mes do cómic,
día do libro
20 abr 2010
Mes do cómic na Biblioteca
Pois si, xa sabemos por que Sacarino anda estes días pola nosa biblioteca.
E que este curso, o mes de abril está dedicado ao CÓMIC.
Na entrada principal do edificio de secundaria, temos unha pequena exposición deste xénero que combina texto e imaxe para contar historias.
Mafalda convídavos a visitala.
18 abr 2010
O novo usuario da nosa biblioteca
Desde hai uns días, na Sala de Secundaria da Biblioteca, temos un "compañeiro" que non se cansa de ler.
Sabedes quen é? E
por que está con nós?
16 abr 2010
Concurso de Relato Curto de Coca-Cola
Esta tarde dúas alumnas de 2º E.S.O. B, Alba Reino e Jennifer Torres, e dous alumnos, Jesús David Regueira, tamén de 2ºB, e Felipe Rama, de 2ºA, representan ao noso Centro no Concurso de Xoves Talentos de Coca-Cola.
No Colexio Liceo La Paz , escribirán o seu relato, que competirá cos dos mellores escritores e escritoras da súa idade da Coruña e arredores.
Moita sorte, rapaces!
II Concurso de Marcapáxinas
O Equipo da Biblioteca convoca o II Concurso de Marcapáxinas.
Animádevos a participar.
Os traballos gañadores serán repartidos como agasallo da Biblioteca a todo o alumnado e profesorado do Centro no próximo curso.
A técnica é libre e a data de entrega remata o día 22 de maio de 2010.
Consultade as bases aquí.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)