fondo red white blue

columnas enlaces

19 jun 2020

VENRES DE EMOCIÓNS ESPECIAL FIN DE CURSO 19/20

Ola queridos/as lectores/as.
Hoxe é venres, e como todos os venres son de emocións e máis hoxe...hoxe si que é un día de emocións porque remata o curso. 

Un curso moi atípico que non  pensabamos que nos puidésemos despedir así de todos/as  vós pero non pasa nada porque para setembro volverémonos ver. 
Punto e Coma estamos a desexar volver vervos pola biblioteca e seguir facendo actividades, concursos, retos, máis venres de emocións....pero terá que ser para setembro. 

Despedímonos agradecéndovos por todo o que traballastes e os marabillosos contos que nos contastes. Moitísimas grazas de verdade, grazas a vós e ás vosas familias, estamos moi moi contentos.

Por iso hoxe como despedida non haberá un vídeo, nin dous, nin tres.....haberá catro vídeos de emocións para que os gocedes, sabedes por que? Porque volo merecedes.

Bo verán, gozar e seguir lendo libros, lembrade que...

A lectura nos abre as portas do mundo que vos  atrevades a imaxinar

Hai grandes libros no mundo e grandes mundos nos libros

Un saúdo do voso amigos Punto e Coma.

"Wei xiao der yu (A Fish with a Smile)" do director taiwanés , a música está composta por Chien-Ci Chen. Atopámonos novamente coa íntima relación entre o cine e a literatura, xa que a historia está baseada no libro de Jimmy Liao "El pez que sonreía". Esta curta foi premiada no Festival Internacional de cine de Berlín.






"Sweet Cocoon" dirixida entre outros por Matéo Bernard e producida por ESMA.
A historia trata de dous insectos que ante os problemas dun verme para completar a súa metamorfose deciden axudalo, aínda que non será tan fácil como pensan...





"Bridge", que foi creada polo animador Tin Chian Tei, con música de Greg Gauba e producida por Human Trips Productions no ano 2010.
Unha magnifica ocasión para comprobar a importancia da colaboración, na que un obxectivo individual pode frustrarse se non o consideramos colectivo e cooperamos para que ambas metas poidan conseguirse.







"Soar" unha curta realizada por Alyce Tzue na Academy of Art University. Esta obra que foi nominada e galardoada con numerosos premios. Esta obra inspirada no Principiño (A. de Saint-Exupéry) traslada a idea de que se te esforzas o máximo por dar o que tes, ás veces consegues máis do que nunca esperaches.

Unha nena tenta facer voar unha das súas creacións, ata que do ceo aparece alguén á que terá que axudar...





BO VERÁN QUERIDOS E QUERIDAS LECTORES!

12 jun 2020

Venres de emocións con MOITO RITMO!

Ola queridos/as lectores/as!
Hoxe é venres, e como todos...


 os venres, son de emocións!



Hoxe presentámosvos unha historia CON MOITO RITMO! 
A Punto e a Coma, como xa sabedes, encántalles a música.

A música protagoniza a sesión de curtametraxes de hoxe, xa que traemos a obra titulada "Sinfonía de monos" realizada como un proxecto de postgrado do ESMA (Escola Superior de Oficios do arte). Nesta obra fainos relexionar sobre as diferentes formas de entender a educación musical.
Dous amigos comparten a súa paixón polo piano cando eran pequenos, pero os seus camiños sepáranse, ata que se volven atopar cando son adultos.
Feliz venres.
Un saúdo dos vosos amigos Punto e Coma.


11 jun 2020

Tríptico de verán.

Ola, rapaces e rapazas, hoxe Punto e Coma queren traervos as recomendacións de lectura para o verán, xa que saben que seguiredes leendo moito durante as vacacións. Querían comentarvos que hai un libro recomendado por un compañeiro voso, Daniel Suárez de 4º, está feito por dous antiguos alumnos do colexio, o seu título é O vello dos chupetes. Esperamos que vos gusten.

10 jun 2020

Diplomas grandes lectores do curso 2019/2020

Punto e Coma queren felicitar aos grandes lectores deste curso,rapaces e rapazas aos que lles gusta leer e levaron moitos libros para casa antes de empezar o confinamento.Esperamos que o curso que ven sigan levando e leendo tantos libros.Vérémonos en setembro! Ánimo e seguide así!


8 jun 2020

Colaboradores do curso 2019- 2020

Debido as circunstancias que estamos vivindo, este curso publicamos os diplomas dos rapaces de sexto que foron colaboradores da biblioteca. Punto e Coma vos dan as gracias pola vosa axuda e vos desexan un bo comenzo de curso en secundaria; esperamos que vos acordedes de pasar tamén por primaria para entregaros o diploma real e tamén para que nos contedes que tal vos ides adaptando ao novo centro e a nova etapa que comenzades.

5 jun 2020

Venres de emocións! Venres afumado!

Ola queridos/as lectores/as!
Hoxe é venres, e como todos os venres, son de emocións!
Hoxe presentámosvos unha historia para reflexionar...

"Un vendedor ambulante chega ao pobo ofrecendo unha extraordinaria mercancia..." Este será o comezo da curta desta semana producida por Primer Frame Escuela de Animación finalista na 27 edición dos premios Goya na categoría de Mellor curtametraxe de animación.

Esta produción española fainos reflexionar sobre o consumismo, a cobiza e outros aspectos presentes na nosa sociedade. A elaboración desta curta foi financiada coas taxas de matrícula do alumnado de Primerframe.com e foi o proxecto fin de máster. Participaron un total de 27 persoas dirixidas por Jaime Maestro.


Un saúdo dos vosos amigos Punto e Coma!