Ola queridos/as lectores/as.
Onte foi o Día Mundial do Teatro. Que saibades que Punto e Coma non se esqueceron de tal data, pero entre venres de emocións, o poema da mestra Ale....decidimos pospoñelo un día.
Compartimos dende a páxina de Bibliotecas escolares de Galicia os seguintes enlaces aportados dende distintos teatros e compañías de teatro. Premede neles!
Tanxarina Títeres: A Galiña Azul
Caramuxo Teatro comparte "Na Casa", teatro para bebés con música e cancións
Un saúdo de Punto e Coma. Feliz fin de semana.
fondo red white blue
columnas enlaces
Mostrando entradas con la etiqueta teatro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta teatro. Mostrar todas las entradas
28 mar 2020
6 dic 2019
Venres de emocións "A historia dos Bonobós con lentes" 6º A
Ola queridos/ as lectores/ as
Punto e Coma sabemos que hoxe é festivo, pero non nos podiamos saltar un venres de emocións co que nos gusta, e sabemos que a vós tamén, así que hoxe, o venres de emocións está dedicado aos alumnos/ as de 6º A, que o pasado mércores nos representaron un conto moi moi bonito que nos encantou. Falámosvos de "a historia dos bonobós con lentes", unha historia moi bonita para conmemorar o pasado 25 de novembro, que como xa sabedes foi o día en contra da violencia de xénero. Por iso nós Punto e Coma queremos dedicarlle este día aos alumnos/ as. Parabéns rapaces e rapazas.
Pero non acaba aquí todo, a parte do vídeo da obra de teatro deixámosvos tamén a gravación realizada por eles mesmos da obra, para que os escoitedes mellor e poidádesllo ensinar aos vosos amigos/ as, familiares...
Lembrar que tedes o libro dispoñible na nosa biblioteca para que o leades as veces que queirades. Comentade máis abaixo se queredes máis contacontos na hora de ler. Animádesvos?
Feliz ponte a todos e a todas.
Un saúdo do vosos amigos Punto e Coma
Etiquetas:
contacontos,
hora de ler,
primaria actividades,
teatro,
Venres de emocións,
vídeos
29 nov 2019
Venres de emocións: Xela volveuse Vampira 2ºEP
Ola queridos/as lectores/as.
Punto e Coma cumpren co que din, e para mostra deixámosvos a obra de teatro interpretada polos compañeiros/as de 2º EP. A obra de teatro foi estreada o 25 de novembro (o pasado luns) en conmemoración do día en contra da violencia de xénero. Titúlase "Xela volveuse Vampira" adaptación do libro de Fina Casalderrey. Encantounos, estas nenas e nenos de 2ºEP son uns artistas. Punto e Coma agradecen moitísimo este tipo de actividades e sabedes que tendes a biblioteca Asunción Antelo a vosa disposición para amosarnos máis obras coma esta. Agradecer por suposto aos actores e actrices, pero tamén a súa directora, a mestra-titora Ale, moitas gracias de parte de Punto e Coma.
Deixámosvos tamén o audio da canción do final para que cantédela sempre e que todo o mundo entérese de que a todos esas malas persoas témolos que converter en "cochos feos", recordade....
Non lle grites, non lle pegues
se fas iso, non a queres.
A miña avoa unha aperta
a miña nai BICOS DE FESTA
Deixámosvos a canción se a queredes cantar ou ensinar á vosa familia.
Deixámosvos a canción se a queredes cantar ou ensinar á vosa familia.
Gozade moito e recordade que tódolos días estamos en contra da violencia de xénero, entre todas e todos podemos facer un mundo mellor.
Saúdos de Punto e Coma.
Vémonos pola biblio.
4 nov 2019
Obra de teatro 6º EP
Ola querid@s lectores/as!
Presentámosvos o vídeo dos alumnos/as de 6º EP que o pasado mércores fixeron unha obra de teatro para os seus compañeir@s coa temática de halloween. Estivo xenial e pasámolo moi ben. A Punto e a Coma encantounos! Os nenos e nenas de 3º-4º e 5º quedaron abraiados. Noraboa rapaces e rapazas! Que saibades que queremos máis obras de teatro para o plan lector! Animádesvos?
Un saúdo de Punto e Coma.
Vémonos pola biblio!
Etiquetas:
actualidade primaria,
samaín,
teatro,
vídeos
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
