Hoxe presentámosvos unha historia CON MOITO RITMO!
A Punto e a Coma, como xa sabedes, encántalles a música.
A música protagoniza a sesión de curtametraxes de hoxe, xa que traemos a obra titulada "Sinfonía de monos" realizada como un proxecto de postgrado do ESMA (Escola Superior de Oficios do arte). Nesta obra fainos relexionar sobre as diferentes formas de entender a educación musical.
Dous amigos comparten a súa paixón polo piano cando eran pequenos, pero os seus camiños sepáranse, ata que se volven atopar cando son adultos.
Hoxe é venres, pero un venres moi especial e cheo de música! En máis dunha ocasión o profe Miguel contouvos quen eran Cholo e Nela, pero Punto e Coma lembrámosvolo:
Cholo é un Globo que cada ano adoita vir ao noso País
baixando polo Arco da Vella. Vive no País da Fantasía, no que sempre se anda a
xogar.
Nela é
unha Pinga de Auga do Río Sil que un bo día tinguiu o pelo por accidente ao
pasar polo Arco da Vella. Aquel bo día coñeceu a Cholo e dende aquela son unha
parella de amigos inseparábel.
CHOLO E NELA presentan "COVID QUE TE VIN"
Coñecedes a alguén no vídeo?😊
Agardamos que vos guste
« Covid que che vin» é o nome do que será o hit do verán, ou polo menos da pandemia. É o último single de Cholo e Nela, unha iniciativa que trata de animar a todos os pequenos a estar na casa así como a seguir lavándose as mans.
O equipo que organiza esta festa, que este ano tivo que cancelarse, decidiu non quedar quieto e compoñer esta canción na que tamén participan os máis pequenos. Nela anímannos a seguir en casa, traballando e xogando mentres estamos sans e desinfectados.
. Nesta actividade, que leva máis de 20 anos facendo gozar aos máis pequenos, adóitanse xuntar máis de 1.000 persoas realizando xogos e actividades. Neste ano, a organización ao declarase o estado de alarma, decidiu cancelar a celebración. Este é ou comunicado oficial:
Dende ou Arco dá Vella, e despois de percorrer galaxias, Cholo e Nela mandáronnos este mensaxe por whatsapp e por correo electrónico:
Queridos amigos e amigas que organizades a nosa festa, e tamén a todas as mamás, papás, familias e profes que participades nese día de ledicia, e as institucións que colaboran e se divirten connosco, e sobre todo a tódolos nenos e meniñas que ían participar coma sempre, con ledicia, ilusión e con moitas ganas de xogar connosco.
Aínda así, decidiron estar presentes a través das redes sociais con esta divertida canción que fará saltar e bailar a máis dun.
Que ben o pasamos hoxe no cole despois do recreo de comedor. Dá gusto ver unha obra de teatro tan bonita e con tanta música.
Punto e Coma pasámolo xenial e polo que vimos tod@s vós tamén. A obra de teatro ROCKENSTEIN estivo xenial, queremos agradecer ao concello de Coristanco por ofrecernos este tipo de actividades, moitas grazas!
A punto e a Coma gustaríalle que nos escribísedes nos comentarios máis abaixo o que vos pareceu e se vos gustaría máis obras de teatro deste estilo. Deixámosvos un breve comentario sobre o fío condutor da obra para os que non puidestes vela, pero non vos preocupedes que tamén vos deixamos un vídeo resumen do ben que o pasamos.
O espectáculo Rockenstein presenta ao doutor Rockenstein é un científico que decide crear un ser vivo e convertelo nunha estrela do Rock´ and Roll. O experimento é un éxito maior do que esperaba, pois da súa máquina non só sae unha futura estrela do rock: saen tres! Un espectáculo de teatro e música con cancións orixinais para público infantil.
DE CORES E DE AMORES Ola queridos e queridas lectores/as! Hoxe presentámosvos algo inédito, un conto gravado polos nenos/as de 4º de Educación Infantil! Gustoulles tanto este conto que decidiron contalo na biblioteca na semana da Paz. Pero ocorréuselles facer unha gravación do conto. Aquí tendes o resultado final. Traballaron moito para facelo, así que esperamos que o disfrutedes moito.
Deixámosvos a ilustración do conto que o podedes atopar na nosa biblioteca para que o leades as veces que queirades. Animádesvos? Un saúdo e vémonos na biblio!
Ola queridos/as lectores/as!
Hoxe recomendámosvos desde a biblioteca este super CD do grupo Mamá Cabra. Todos/as coñecédelo. É a canción da PAZ deste ano! A danza da Paz!
O pasado mércores os alumnos e alumnas de infantil e primaria xuntáronse para interpretarnos este baile e canción tan bonita! Bailaron e gozaron moitísimo!
Hoxe desde a biblioteca queremos ofrecervos a posibilidade de poder ler este conto "A Bruxa Discordia", E para máis sorpresa dentro deste conto atópase un CD coa canción da Paz deste ano.
Ademais leste libro CD gusta tanto tanto tanto que os alumnos/as de 3º A escollérono para contalo ao resto dos seus compañeiros na semana da Paz.
Que canción das do CD gustouvos máis? Podedes contárnolo máis abaixo en publicacións!
Un saúdo e vémonos pola biblioteca.