O próximo luns 30/5/22 pola mañá, "A Xanela do Maxín" co espectáculo Toupiciencia. 👀💦💥😉
E pola tarde, recitado de poemas de Asunción.
Boa fin de semana!
O próximo luns 30/5/22 pola mañá, "A Xanela do Maxín" co espectáculo Toupiciencia. 👀💦💥😉
E pola tarde, recitado de poemas de Asunción.
Boa fin de semana!
Bo día!
Algúns de vós xa experimentastes a semana pasada actividades dirixidas de Mindfulness: o estar coa atención plena no momento presente.
Queda na biblioteca un libro sobre Mindfulness con tarxetas de actividades para acceso e consulta "in situ" para os e as que vos animedes a seguir practicando!
E aquí vos deixamos unha mostra desa tarde, onde saímos a facer actividades ao exterior co caderno sensorial Mindfulness que creamos. Que ben o pasamos!👌
Boa fin de semana!
💚
Pincha no enlace abaixo 👇:
https://gopro.com/v/gvWP2rpZEq0er
;
Bo día!
Nesta semana, o luns 16 de maio, o alumnado e profesorado de 5º e 6º de E.P. recibimos a visita da escritora Andrea Maceiras na aula de usos múltiples de Secundaria.
Veu falarnos do libro que se leu nestes niveis: "A Folla Azul", do que tamén tedes mostra na biblioteca de Infantil e Primaria. Ademais, tamén poidemos coñecer o argumento dalgúns doutros libros seus, como o recén publicado: "Alma de Elefante" (do que pronto nos faremos cun exemplar na biblioteca!).
Indicounos tamén a web onde podemos ver o resto de libros seus publicados e a orde en que foron escritos, pola que tanto preguntabades;) www.andreamaceiras.com
Despois foi o momento das sinaturas, personalizadas e cun bonito selo dun xaguar, lembrando algún dos animais que aparecen no libro "A Folla Azul".
Que marabilla a súa dozura e paciencia contestando a todas as preguntas!
Moitas grazas, Andrea, por este encontro e pola orixinal dedicatoria!
Apertas dende a biblioteca
;
Bo día, queridxs lectorxs!
Presentámosvos a xs finalistas e gañadorxs do Certame artístico Asunción Antelo deste ano. As creacións gañadoras están expostas no taboleiro de cortiza da entrada de Primaria. Pasádevos a velas!
En canto poidamos, pasarémosvos tamén polo blog os contos e monográficos gañadorxs nun formato no que os poidades ler.
Parabéns a todxs xs que participastes pola ilusión e o tempo invertido. Animámosvos a seguir participando porque lembramos que nesta ocasión este era un concurso, pero o importante ao final son todas as creacións que fagades, porque con elas se APRENDE e se AVANZA!
Que teñades moi bo día!
Apertas
;
Hoxe celebramos o Día das Letras Galegas. O homenaxeado deste ano 2022 é Florencio Delgado Gurriarán. Podedes indagar sobre el, aproveitando este día.
Apertas ;
Aquí tedes o vídeo do Día do Libro feito polo noso Equipo de TICs.
Que teñades boas lembranzas!
;