Aquí van as fotos do recitado que fixeron unhas nenas de 5º e 6º o día 12 de decembro as 12. Fixérono a través do micrófono do centro e as aulas escoitaron coas portas abertas. Estivo xenial.
Esta última semana de Nadal temos moitas actividades para pasalo en grande: O martes Suso leeunos na biblioteca dous contiños escritos para kamishibai polo que damos as gracias ao CEIP Nosa Sra. de Xuvencos de Boborás pola idea. Estes contos son O apalpador e A lenda da árbore de Nadal. Así mesmo leeu tamén o conto Cando Martiño tivo ganas de mexar a Noite de Reis.Asistiron os nenos/as de Ed. Infantil e 1º E.P.
O xoves 20 os mesmos rapaces, xunto con 2º E.P, irán ao edificio de secundaria onde a escritora Dores Tembrás falará e contará o seu libro O peizoque Roque. Engadiremos fotos en canto poidamos. Aproveitamos para mandarvos o tríptico de recomendacións de lecturas para o Nadal.
-Esta semana que entra faremos a lectura do poema de Celso Emilio,ademáis doutras actividades que iremos vendo.Eiquí incluímos unhas actividades para xogar e recordar ao noso poeta.