fondo red white blue

columnas enlaces

Mostrando entradas con la etiqueta conto. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta conto. Mostrar todas las entradas

14 may 2020

Conto de Ricardo Carvahlo Calero "As pitas baixo a choiva"

Ola queridos/as lectores/as!
A nosa biblioteca segue pechada, pero non vos preocupedes que achegámosvos libros igual para que poidades gozar e ler. Presentámosvos o relato orixinal de Ricardo Carvalho Calero en formato “Conto”, de balde (a través desta plataforma) e cedido por Ed. Embora. Clicade no título do libro para poder lelo en liña. Esperamos que vos guste.


E para os máis pequenos/as Punto e coma tampouco se olvidan. Clicade, clicade...


Un saúdo dos vosos amigos Punto e Coma.

24 abr 2020

Un conto moi especial!

Ola queridos/as lectores/as!
Seguimos festexando a semana do libro e hoxe temos un conto moi moi especial feito con moito agarimo e ilusión para todos e todas vós. A Punto e a Coma encantounos! Témonos que poñer en contacto con cóntaas contos e contratalas porque cando a biblioteca volva abrir e volvámonos a ver, queremos un conta contos como o do vídeo en vivo e en directo. Vós/ as que opinades? Punto e Coma estamos a desexalo!
Un saúdo amigos/as. 
Xa queda un día menos para volver a vernos!


2 abr 2020

Día Mundial de concienciación do Autismo.

Ola queridos/as lectores/as!
Hoxe é o Día Mundial de concienciación do Autismo.
Como todos estes últimos anos o movemento asociativo de Autismo España, en coordinación con Autismo Europa, pon en marcha a campaña de cocienciación para visibilizar a realidade das persoas con Trastorno do Espectro Autista (TEA), as súas necesidades e as súas capacidades. Este ano o lema da campaña é o seguinte: 

Podo APRENDER. Podo TRABALLAR.

 Nesta ocasión este movemento propón a reflexión sobre o respecto ás diferenzas e ás fortalezas de cada persoa con TEA e como cada unha delas debe gozar das mesmas oportunidades que o resto da sociedade, amosando as súas potencialidades, tanto no ámbito académico como no laboral, a través dos apoios adecuados e dos espazos accesibles. Dado que neste momento dito colectivo é especialmente vulnerable á situación de confinamento que vivimos, animámosvos a realizar a seguinte iniciativa: 



“Saír aos vosos balcóns e  asomaros ás vosas xanelas o día xoves 2 de abril ás 21  h para acender xuntos os nosos móbiles e/ou lanternas como mostra de solidariedade ao colectivo  TEA mediante esta versión de Lixeiro  It  Up  Blue # LIUB para sumarse desde casa, en momentos en que necesitamos luz e solidariedade, especialmente as persoas máis vulnerables”

E para rematar esta entrada déixovos unha historia marabillosa, xa case un clásico da Literatura Infantil, un conto fantástico para entender este mundo diverso, "El cazo de Lorenzo".


Un saúdo dos vosos amigos Punto e Coma!


Pandemia de contos! As zapatillas de Abul"

Bo día queridos/as lectores/as!

Hoxe imos escoitar un conto para toda a familia titulado "As zapatillas de Abul".

Ollos abertos, orellas abertas??? Pois a escoitar!!!


Recordade que o Colectivo NOGA (de Narración Oral Galega) comparte uns contos con vós para levar mellor o #euquedonacasa, na corentena de marzo de 2020.

Un saúdo dos vosos amigos Punto e Coma!

#bescolaresgalAbertas
#euquedonacasa




              

1 abr 2020

Pandemia de contos! Nicomedes o pelado!

Bo día queridos/as lectores/as!
Xa estamos na metade da semana!!!

O conto de hoxe titúlase "Nicomedes o pelado", unha historia singular que seguro vos saca un sorriso!

#euquedonacasa


Xa estamos na metade da semana!!!
Un saúdo dos vosos amigos Punto e Coma!




31 mar 2020

PANDEMIA DE CONTOS "A mellor sopa do mundo"

Ola queridos/as lectores/as!

Comezamos coa nosa sesión diaria de contos!!  Abrimos a semana cun conto gañador do concurso "Nós tamén creamos" e que se titula "A mellor sopa do mundo".

#euquedonacasa

Un saúdo dos vosos amigos Punto e Coma.


24 mar 2020

ATENCIÓN! Un conto para ler!!!!!

Ola queridos/as lectores/as!
Mirade ben o que acabamos de atopar pola rede......UN CONTO!!!!
Punto e Coma estamos contentísimos!

Deixamos a ligazón dun libro publicado por María Coco Hernando, en aberto, que fala para os nenos de todo o que estamos a pasar.


Esperamos que vos guste amig@s! Clicade no título do libro ou na imaxe para que o poidades ler.