Bo día!
Hoxe, 21 de marzo, é un día onde se xuntan varias celebracións, como podedes ver no título desta entrada.
Na biblioteca tedes libros referidos a todas elas.
Boa semana!
;
Bo día!
Hoxe, 21 de marzo, é un día onde se xuntan varias celebracións, como podedes ver no título desta entrada.
Na biblioteca tedes libros referidos a todas elas.
Boa semana!
;
Bo venres!
Estámonos achegando ao 21 de marzo, Día Mundial da Poesía, que foi proclamado como tal pola UNESCO durante a súa 30º reunión en París en outubro-novembro de 1999, a proposta do editor Antonio Pastor Bustamante.
Esta celebración nace co obxectivo de apoiar a diversidade lingüística e dar a oportunidade ás linguas ameazadas de ser un vehículo de comunicación artística nas súas comunidades respectivas.
Ademais, búscase promover o ensino da poesía, fomentar a tradición oral dos recitais poéticos, apoiar ás pequenas editoriais, crear unha imaxe atractiva da poesía nos medios de comunicación para que non se considere unha forma anticuada de arte, senón unha vía de expresión e restablecer o diálogo entre a poesía e as demais manifestacións artísticas, como o teatro, a danza, a música e a pintura.
Achegándose o Día da Poesía, queremos lembrarvos que hai unha estantería na biblioteca adicada a libros de poemas (tanto en galego como en castelán), e tamén unha selección das mesmas que vos mostramos a continuación e que están tamén dispoñibles nun dos expositores temporais da biblioteca:
E, para que practiquedes creando as vosas propias poesías, aquí vos deixamos unhas cantas axudiñas!
Para xs que xa sodes un pouquiño máis maiores, uns apuntes-recordos SOBRE A MÉTRICA:
Medir un verso é contar o número de sílabas métricas que o integran. As sílabas métricas non coinciden exactamente coas sílabas normais porque, ao medir versos, hai que ter en conta as seguintes regras:
Boas!
Seguimos cada xoves cos nosos contos da paz. Para esta semana tamén foi escollido o conto da semana pasada ("Imos cazar un oso") pero esta vez contado por alumnado de sexto de Primaria a sexto de Infantil.
Aquí tedes unha mostra de como foi!
👇Queremos achegarvos tamén un conto que está na biblioteca, dentro do expositor da Muller, titulado "Cuando las niñas vuelan alto". Que gocedes da súa escoita e que pasedes moi boa fin de semana!
;
Bo día:
Hoxe celébrase
o
Día Internacional da MULLER.
Neste día conmemóranse todos os esforzos das mulleres que loitaron, que loitan e que loitarán por ter os mesmos dereitos que os homes.
Este día vense celebrando dende fai moitos anos, concretamente dende o ano 1911. Algúns dos temas que se reivindican son a igualdade de oportunidades, a eliminación da violencia contra a muller e a igualdade no traballo.
Grupos, asociacións, fundacións, ONGs e mulleres en xeral seguen loitando cada ano por acabar cos acosos, asasinatos, violencia de xénero, brecha salarial e as desigualdades en todas as súas formas.
Dentro na biblioteca atoparás diversos libros adicados a esta temática, dende biografías de mulleres traballadoras destacadas, científicas, escritoras... ata libros sobre igualdade de dereitos e inclusión.
Non deixes de visitar a sección exposta con libros seleccionados e/ou preguntarnos se precisas axuda para localizar algún!
Que pases un bo día! Apertas
;
8 de marzo
💜 💜
Día da Muller
Boa tarde!
Proseguen os nosos xoves de contacontos da Paz...
Solidariedade e agarimo con todas as persoas que sofren... e o noso desexo de que estén libres de sufrimento.
"IMOS CAZAR UN OSO": Un fermoso conto lido por alumnos de 6º de E.P. a 5º de E.I., cun final feliz:
Boa fin de semana ;