fondo red white blue

columnas enlaces

Mostrando entradas con la etiqueta día do libro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta día do libro. Mostrar todas las entradas

12 may 2020

Vídeo Día do Libro 2020

Ola queridos/as lectores/as!
Deixámosvos un vídeo que elaboramos Punto e Coma con todas as fotos que nos enviastes para celebrar o pasado 23 de abril O día do libro. Moitas grazas pola vosa participación e polas vosas recomendacións, Punto e Coma xa apuntamos as vosas suxerencias.
Un saúdo amigos.


23 abr 2020

RETOS DÍA DO LIBRO E XOGO PASAPALABRA!!!

Bo día queridos/as  lectores/as!
Como hoxe celebramos o día do libro, imos facer unha serie de retos que o podedes facer en familia, xa veredes que divertido é e que ben o ides a pasar. Se a vosa familia hoxe non pode xogar convosco non pasa nada, podédelo deixar para a fin de semana. Déixámosvos a ligazón en pdf para que o vexades mellor. 


Pero non rematamos aquí! Atrevédevos con este pasapalabra sobre libros? demostra que eres un experto lector 

ANÍMATE A XOGAR!!!








21 abr 2020

Día do libro e do Dereito de Autor


Ola, nenos e nenas, achégase o Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor, en acepción da UNESCO, e desde a Consellería de Educación, Universidade e formación Profesional edítase o díptico para conmemorar este día 23 de abril de 2020.

Acudiuse, como en anos anteriores a unha persoa referente da literatura galega actual, neste caso ao escritor, xornalista e divulgador da cultura de Galicia, Manuel Gago, quen creou un texto orixinal cedido xenerosamente para esta pequena peza de difusión do Día do Libro, centrándose nas potencialidades do libro e da lectura e que nos agasalla esta evocadora afirmación:

"Cada libro que lemos queda gardado no noso peito como semente, paxaro ou xabarín"

Que a primavera entre polas fiestras e traia a voz das aves para acompañar as nosas lecturas!

A imaxe do díptico é tamén unha colaboración do profesor Harold Iglesias, a quen agradecemos esta fotografía dun "chasco" da Costa Vicentina (Portugal), paxariño común tamén no noso país.




29 mar 2020

CONCERTO! Paco Nogueiras! Día do Libro Infantil e Xuvenil

Ola queridos/as lectores/as.

NOVIDADES!!!! 

Xoves 2 de abril ás 17h. tedes unha cita para celebrar o Día do Libro Infantil e Xuvenil.
Paco Nogueiras unha vez máis cantará cancións que faltaron no primeiro concerto. Nos directos de Instagram e Facebook.
Animádevos!
#brincavai #radiobulebule #kalandraka #diadolibroinfantilexuvenil #2deabril #brincadeirasdendeacasa #bulindoconfinado



Podédelo seguir no seu instagram!

https://www.instagram.com/paconogueiras/?hl=es

Un saúdo dos vosos amigos Punto e Coma.


30 abr 2019

Xa temos video do día do LIBRO!!

Despois de agardar varios días de mal tempo, hoxe por fin celebramos o día do Libro.

Estivemos lendo aos máis pequenos e compartindo impresións, historias e moitas sorpresas. Exemplos disto son os libros de realidade aumentada onde gracias as tablets podemos contar contos dunha maneira diferente.

Por outra banda, o alumnado de primeiro colaborou na xornada escolar repartindo marcapáxinas para o resto de nenos e nenas do centro como un agasallo para lembrar este día tan especial para nós.

Un día onde os libros saen das súas casas para amosarse de excursión polo patio do centro.

Moitas gracias a mestra Ale de 1º por achegarnos este fermoso vídeo! Encántanos!

Vémonos pola biblio!



29 abr 2019

Unha hora de ler moi especial!

Hoxe luns, aproveitando o bo tempo fixemos a hora de ler no patio. Os nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º contáronlle ao resto de nenos e nenas de infantil e 1º e 2º de EP un pequeno conto, conmemorando o día do libro da semana pasada. Pasárono xenial e gustoulle moito. Esperemos que siga o bo tempo para seguir facendo este tipo de actividades.
Vémonos pola biblio!


23 abr 2019

HOXE ESTAMOS DE CELEBRACIÓN

Bo día querid@s lector@s!
Hoxe 23 de abril celebramos o Día mundial do Libro e dos Dereitos de Autor e desde a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional edítase o díptico para conmemorar este día.

Acudiuse, como en anos anteriores, a unha persoa referente da literatura galega actual, neste caso á poeta, narradora, profesora e académica Marilar Aleixandre, quen xenerosamente cedeu un poema para esta pequena peza de difusión do Día do Libro, sobre a lectura como unha viaxe ao fondo das preguntas. Un texto que convida a reflexionar sobre a importancia da lectura como revulsivo para interrogar, cuestionar, dubidar, aprender, enfocar, repensar e nunca conformarse.

E que mellor maneira de celebrar este día que visitando a nosa biblio! Vémonos por alí e recordade que esta semana teremos algunha que outra sorpresa nas novidades!


28 abr 2015

SEGUIMOS COA SEMANA DO LIBRO

O xoves 23 seguimos co apadriñamento lector por parte de 3º A e 4º A aos rapaces de infantil de 4 anos. Podemos observar nestas fotos o ben que o pasaron todos,maiores e pequenos.




Ademáis,como celebrábamos o Día do Libro fixemos unha feira cos libros expurgados da biblioteca.Os rapaces entregaban un marca-libros decorado por eles para que permanezca na biblioteca a cambio dun libro,actividade que quedou moi lucida como vemos nas fotos seguintes.




23 abr 2014

DÍA DO LIBRO

Hoxe celebramos o día do libro baixando libros da biblioteca ao patio;debido as pingueiras que empezaron a caer na hora do recreo,trasladamos mesas,libros e demáis ao patio cuberto onde os nenos disfrutaron lendo durante o plan lector.Os maiores de sexto leron aos de infantil e algúns levaron unha flor como agasallo.Velahí van as fotos:

23 abr 2013

ABRIL: MES DEL LIBRO

¡ES UN LIBRO!






23 de ABRIL: DÍA DEL LIBRO

18 abr 2013

A VISITA DE INACIO

O luns 16 de abril veu a contarnos contos Inacio, algún deles baseado na súa obra de teatro FÁBULA GALÉNICA.





Os rapaces pasárono moi ben, desfrutaron un montón e pedíronlle "outra,outra..." con insistencia.


Esperamos repetir esta magnífica experiencia o curso que ven. Moitas grazas, Inacio.
Aquí van exemplos ilustrativos do ben que o pasamos.




27 abr 2011

Día do Libro. Ana María Matute, Premio Cervantes.

Todos os anos , o día 23 de abril celebramos o Día do Libro. Nesta ocasión, por coincidir coa Semana Santa, esta conmemoración aprazouse ata hoxe.
O Día do Libro é xa tradional a entrega do Premio Cervantes.
En máis de 30 anos de historia, só tres mulleres viron recoñecida a súa tarefa de escritoras con este galardón. Así que Ana María Matute entrará na historia do Premio como a terceira muller que o recibe.
Podedes ler tres relatos dela neste enlace.

22 abr 2010

23 de abril: Día Mundial do Libro

Verdade que xa sabedes por que o 23 de abril foi declarado pola UNESCO Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor? Non? Pois consultade este enlace.
Este curso, no noso Colexio, o equipo da Biblioteca organizou unha exposición de cómics na entrada do edificio de secundaria e nas dúas salas de lectura.
Animádevos a visitala e levade un cómic a casa esta fin de semana!

As alumnas de 4º E.S.O. C remataron o tríptico.