fondo red white blue

columnas enlaces

Mostrando entradas con la etiqueta actualidade. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta actualidade. Mostrar todas las entradas

4 mar 2020

Novidades! 8 marzo Día da muller.

Ola queridos/as lectores/as!
Estes días tendes na nosa biblioteca as novidades pensadas para vós. O vindeiro 8 de marzo celebraremos o día da muller. Deixámosvos na biblio varios libros relacionados con este día, esperamos que vos guste. Podedes comentar máis abaixo cal é o voso preferido. 
Os vosos compañeir@s xa están a gozar destas novidades, estes días temos aforo cheo na nosa biblio. Punto e Coma estamos contentísimos de vervos a tod@s neste espazo adicado a gran aventura de ler.
Anímaste? Nós si!
Un saúdo de Punto e Coma.


                                             

                                          

                                              

                                              

                                          

2 mar 2020

Día de Rosalía De Castro

Ola queridos/as lectores/as!
Que ben o pasamos o venres cantando todos/as a canción  "No bico un cantar" do disco libro Uxía Rosalía pequeniña. Saliuvos xenial! Deixámosvos un pequeno vídeo de como quedou máis unha foto dos nenos/as de educación infantil facendo os puzzles desta gran autora como é Rosalía!
Feliz semana.
Un saúdo de Punto e Coma.
Vémonos pola biblio.






27 feb 2020

24 de febreiro "Día de Rosalía de Castro"

Ola queridos/as lectores/as!
Que tal de vacacións de entroido? Pasástelo ben? Espero que gozando do Entroido e do bo tempo coma nós!
Sabedes que o pasado luns foi o día de Rosalía de Castro? Punto e Coma queremos lembrarvos e celebrar con todos vós o día dunha gran escritora como foi Rosalía de Castro que desde decembro ten un astro que leva o seu nome na constelación de  Ofiuco.




Seguir practicando e ensaiando a canción de "No  bico un cantar"  do disco libro Rosalía  pequeniña.
Tamén animámosvos a que pasedes pola nosa biblioteca a ollar algúns dos libros que temos sobre esta gran muller!

Vémonos pola biblio.
Un saúdo de Punto e Coma.

13 feb 2020

Propoñémosvos un XOGO!

Ola queridos/as lectores/as!
Hoxe presentámosvos un xogo, a ver quen é capaz de superalo!
Saberiades responder a estas preguntas sobre Rosalía de Castro?
A continuación deixámosvos a ligazón á páxina web onde podedes xogar de forma en liña para practicar. Tedes de prazo ata o 21 de febreiro. Esperamos as vosas respostas na biblioteca. Moito ánimo e moita sorte a todos/ as. 
Que comece o xogo!
Podedes comentar máis abaixo quen realizou o xogo e cantas preguntas acertáchedes! 

Agradecer á páxina https://www.gciencia.com/ pola aportación. O portal GCiencia e a iniciativa 21 días co galego, impulsada pola profesora Pilar Ponte, son as dúas gañadoras do Premio Rosalía de Castro, que outorga a Deputación da Coruña, e que recoñece proxectos que promoven o uso do galego en todos os ámbitos.


Saúdos de Punto e Coma. Feliz xoves.
Vémonos pola biblio.



9 feb 2020

Patios dinámicos!

Ola queridos/as lectores/as!
Hoxe presentámosvos un vídeo moi especial. O pasado xoves o tempo de lecer na hora do recreo foi espectacular, pasámolo xenial cos diferentes xogos propostos, pero sabedes cal foi o recanto que máis nos gustou a Punto e a Coma?
O recuncho dos soños!
Que espazo tan fermoso, que ben decorado e que cantidade de libros para desfrutar.
Cal foi o que vos gustou máis? Comentade máis abaixo se queredes máis patios dinámicos!
Cantos máis comentarios haxa, máis xogos pensaremos.
Un saúdo dos vosos amigos Punto e Coma.
Vémonos pola biblio.


30 ene 2020

Amig@s de cores 3º EP

Ola queridos/ as lectores/ as.
A punto e a Coma encantounos a celebración do Día Escolar da Non-Violencia e da Paz. Encantáronnos os vosos recitados de poemas e as cancións que interpretastes. Sempre volo dicimos e seguimos repetíndoo: "sodes uns artistas".
O prometido é débeda, na entrada anterior prometémosvos seguir subindo vídeos de poemas, e agora é a quenda das clases de 3º de Primaria recitando un poema con temática de Paz e igualdade "Amigos de cores". 
Esperamos que vos guste moito e que o gocedes. Moitas grazas ao alumnado de 3º de Primaria polo seu gran traballo. 
Feliz día escolar da Non-Violencia e da Paz!
Lembrade estas palabras que vos din sempre Punto e Coma:


"Seguimos traballando, seguimos construíndo, por un mundo máis humano, por un mundo mellor".

Vémonos pola  biblio.



Poemas da Paz 4ºEP

Ola queridos/ as lectores/ as.
Punto e Coma estamos moi orgullosos do alumnado do colexio porque gravaron un precioso vídeo sobre poemas de paz, porque xa sabedes que hoxe celebramos o Día escolar da Non-Violencia e a Paz. 
Xa nos contou o  profe de música que tedes unhas cancións e uns poemas para cantar e recitar. Ides pasar xenial e sairavos de marabilla. Nós deixámosvos este vídeo pero tranquilidade, ao longo de toda esta semana iremos subindo máis vídeos porque isto non remata aquí, o resto de alumnado de 1º, 2º e 3º tamén se sumaron a recitar poemas. Querédelos ver? Pois estar moi atentos ao noso blogue.
Feliz Día escolar da Non-Violencia e da Paz.
Lembrade que na nosa  biblio seguides tendo unha serie de libros relacionados coa Paz para que os gocedes.
Un saúdo do vosos amigos Punto e Coma.
Vémonos pola  biblio.


10 ene 2020

1º VENRES DE EMOCIÓNS DO ANO!!! FELIZ 2020 AMIG@S

Ola queridos/ as lector@ s! Feliz ano novo!

Hoxe é o primeiro venres de emocións do ano e para celebralo Punto e Coma eliximos unha historia preciosa titulada "Bombas de paz" adiantándonos á celebración que levaremos a cabo a final deste mes de xaneiro. 

Bombas de paz é unha curtametraxe realizada por un grupo de nenos e nenas de  Benalup-Casas Vellas, premiado por Plural + e Reza  Academy para a ONU 2017.

Esperamos que vos guste moito e que o gocedes tanto como nós. Podedes ir lendo algún dos libros que vos deixamos esta semana no expositor da nosa  biblio relacionados con esta temática na sección de novidades.....xa subiremos fotos!
Boa fin de semana.

Vémonos pola biblio.

Un saúdo dos vosos amigos Punto e Coma.


19 dic 2019

Recomendacións lectoras!

Ola queridos/as lectores/as!
Que rápido pasou o primeiro trimestre, verdade?
Hoxe Punto e Coma non imos publicar ningunha emoción, aínda que sexa venres. Que máis emoción hai que un festival de Nadal?
Hoxe esperámosvos ás 10:30 no comedor para que poidades ver e gozar co festival de Nadal que os alumnos e alumnas montaron para este fin de trimestre e celebrar o Nadal.
Pero querémonos despedir ata o ano que vén publicando unhas suxerencias lectoras para este Nadal, esperamos que vos gusten moito.
Desexarvos a todos e a todas unhas felices vacacións, un bo Nadal e un próspero ano novo. O ano que vén está cargado de novas actividades, novos concursos, novos vídeos, máis conmemoracións....en definitiva, ano novo lecturas novas!

Moitas grazas por seguir visitando o noso blogue!

Felices festas

Punto e Coma



13 dic 2019

Venres de emocións “O segredo de Flora” 6ºB

Ola queridos/as lectores/as.
Por fin xa é venres, e como todos os venres, son de emocións. Hoxe esta sección está dedicada aos compañeiros e compañeiras de 6º  B pola súa representación do conta conto que tivo lugar o pasado martes na hora de ler: "O segredo de Flora". Encantounos, Punto e Coma estamos moi orgullosos destes mozos e mozas. Ao público de infantil, primeiro e segundo encantoulles e gozaron moito, e como queremos que todos e todas poidades velo aquí deixámosvos o vídeo editado. Espero que vos guste moito. Boa fin de semana. 
Un saúdo dos vosos amigos Punto e Coma. 
Vémonos pola  biblio.



9 dic 2019

Contacontos na biblioteca con 6º B "O segredo de Flora"

Ola queridos/as lectores/as.
Hoxe martes 10 de decembro os vosos compañeiros e compañeiras de 6ºB interpretarán un conta contos moi especial na hora de ler, "O segredo de Flora". 
Os alumnos e alumnas de infantil e 1º e 2º de primaria poderán gozar desta obra pero o resto de cursos non vos amoledes.... gravarase e publicarémolo vídeo para que poidades velo cando queirades.
Esperámosvos na nosa biblioteca.
Saúdos de Punto e Coma.
Vémonos pola biblio.


2 dic 2019

Contacontos “A historia dos bonobós con lentes”

Ola queridos/as lectores/as!
Anunciámosvos que mañá 3 de decembro durante o plan lector @s rapaces de 6º A interpretarán "A historia dos bonobós con lentes". Punto e coma están moi ledos de poder recibir este contacontos na biblioteca.
Esperámosvos maña. Un saúdo de Punto e Coma



29 nov 2019

Venres de emocións: Xela volveuse Vampira 2ºEP

Ola queridos/as lectores/as.

Punto e Coma cumpren co que din, e para mostra deixámosvos a obra de teatro interpretada polos compañeiros/as de 2º EP. A obra de teatro foi estreada o 25 de novembro (o pasado luns) en conmemoración do día en contra da violencia de xénero. Titúlase "Xela volveuse Vampira" adaptación do libro de Fina Casalderrey. Encantounos, estas nenas e nenos de 2ºEP son uns artistas. Punto e Coma agradecen moitísimo este tipo de actividades e sabedes que tendes a biblioteca Asunción Antelo a vosa disposición para amosarnos máis obras coma esta. Agradecer por suposto aos actores e actrices, pero tamén a súa directora, a mestra-titora Ale, moitas gracias de parte de Punto e Coma.
Deixámosvos tamén o audio da canción do final para que cantédela sempre e que todo o mundo entérese de que a todos esas malas persoas témolos que converter en "cochos feos", recordade....
Non lle grites, non lle pegues
se fas iso, non a queres.
A miña avoa unha aperta
a miña nai BICOS DE FESTA

Deixámosvos a canción se a queredes cantar ou ensinar á vosa familia.



Gozade moito e recordade que tódolos días estamos en contra da violencia de xénero, entre todas e todos podemos facer un mundo mellor.
Saúdos de Punto e Coma.
Vémonos pola biblio.
 




27 nov 2019

25 de novembro: Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller

Ola queridos/as lectores/as
Este luns (25 de novembro) o noso cole e todo Coristanco conmemoramos  o Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller. Primeiro plantamos 51 pensamentos na porta da nosa biblioteca por cada unha das mulleres asasinadas que vai de ano e despois camiñamos ata o concello para escoitar un manifesto por parte dos compañeir@s de secundaria. Foi unha xornada moi especial con unha obra de teatro por parte dos alumn@s de 2ºEP (adaptación do libro: Xela volveuse vampira”) de Fina Casalderrey, libro que Punto e Coma recomendan case como lectura obrigada, se o ledes vaivos encantar. En vindeiras entradas do blogue poderedes ver o vídeo da obra de teatro destes compañeiros/as de 2º, parabéns unha vez máis!
Punto e Coma animámosvos a que a xornada do luns non quede nun só día, sigamos traballando por un mundo mellor sen ningún tipo de violencia.
Saúdos de Punto e Coma
Vémonos pola biblio




20 nov 2019

Mes da ciencia en galego na biblio!

Ola queridos/as lectores/as:
Xa sabedes que este mes é o mes da ciencia en galego e nós Punto e Coma querémolo celebrar con todos/as vós. Sabemos que estades a preparar tódalas aulas de infantil e primaria un novo experimento coma o ano pasado. Agardamos con entusiasmo e ilusión os vosos experimentos. por iso deixámosvos en novidades da nosa biblioteca uns libros que poden axudarvos un pouco máis. Esperamos que vos guste. A continuación compartimos dende Bibliotecas Escolares de Galicia o manifesto de este ano adicado a Ángel Carracedo. Esperamos que vos guste e moito ánimo pequenos/as científicos/as!

ENTUSIASMO E PROXIMIDADE SON A CLAVE DA DIVULGACIÓN CIENTÍFICAÁngel Carracedo.


Desde a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vaise impulsar a celebración anual do mes de n
ovembro como MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS. Iníciase esta actuación coa elección dunha imaxe e a difusión dun texto, a modo de MANIFESTO,  do científico Ángel Carracedo, profesor de Medicina Legal, Ética Médica e Bioloxía Molecular da Universidade de Santiago de Compostela. Conocido investigador e divulgador científico, Ángel Carracedo ten colaborado coas bibliotecas, tanto públicas como escolares, na difusión dos valores científicos e do acceso ao coñecemento. 



Saúdos de Punto e Coma.
Vémonos pola biblio.

15 nov 2019

Venres de emocións! Cuore di plastica!

Bo día queridos/as lectores/as!
Custou moito traballo pero por fin é venres, e coma todos os venres......SON DE EMOCIÓNS!
Seguimos cos plásticos e esta semana é a quenda duns compañeiros/ as italianos, pero estar tranquilos/ as que está subtitulado en castelán.
Sabias que....8 millóns de toneladas de plástico vértense nos océanos cada ano. A culpa é daqueles que non separan adecuadamente a recolección de residuos e daqueles que tiran os residuos directamente ao mar. E logo é necesario cambiar o estilo de vida. Elexide unha botella de auga en lugar dunha nova.
Con  tod@ s vós: "Corazón de plástico"!
Feliz fin de semana queridos lectores/ as.
Saúdos de Punto e Coma.
Vémonos pola  biblio.

8 nov 2019

Venres de emocións! O plástico e o mar!

Ola queridos/as lectores/as!
Benvidos un venres máis ao día das emocións! Hoxe presentámosvos unha curta moi interesanta á par de fermosa sobre o mar e a contaminación dos plásticos! Punto e Coma estamos abraiados co que estades a investigar e a traballar sobre este tema dos plásticos, por iso escollimos esta curta.
O plástico e o mar é unha curtametraxe de  McFly Audiovisuais para o  Oceanogràfic de Valencia que narra a historia dunha nena e a súa nai e o seu compromiso por acabar cos plásticos que asolagan os mares e océanos do mundo
Unha historia que levará ás protagonistas cara a unha nova etapa nas súas vidas.
Esperamos que vos guste moito. Disfrutade da fin de semana, e recordade que temos que reducir os plásticos!
Saúdos de Punto e Coma.



6 nov 2019

E rematamos o xogo de pistas con 6ºEP!

Ola queridos/as lectores/as!
Rematamos o xogo de pistas cos nosos compañeiros e compañeiras de 6º (A+B) de PrimariaPasárono xenial e nós Punto e Coma tamén! Se queredes máis xogos coma este na biblio só tedes que comentalo máis abaixo! 
Un saúdo e vémonos pola biblio!




Xogo de pistas 5º EP!

Ola queridos/as lectores/as!
Hoxe presentámosvos o xogo de pistas que fixeron os vosos compañeiro@s de 5º de Primaria. Pasárono xenial e nós Punto e Coma tamén! Se queredes máis xogos coma este na biblio só tedes que comentalo máis abaixo! 
Un saúdo e vémonos pola biblio!



4 nov 2019

Gañadores relatos de terror 2019!

Ola queridos/as lectores/as!
Presentámosvos aos gañadores/as do concurso de relatos de terror deste ano, xa o tedes exposto nas escaleras de primaria. Moitos parabéns para tod@s! seguide así! estades feitos uns artistas! 
Saúdos de Punto e Coma.
Vémonos pola biblio.