fondo red white blue
columnas enlaces
Mostrando entradas con la etiqueta ACTIVIDADES PRIMARIA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ACTIVIDADES PRIMARIA. Mostrar todas las entradas
16 oct 2020
"Día das escritoras" e "Día mundial da muller do rural"
O concello de Coristanco promove a Homenaxe a Asunción Antelo, A Rexubeira de Bergantiños, como recoñecemento á súa labor como escritora e creadora autodidacta.
Dende a biblioteca "Asunción Antelo" queremos unirnos a esta homenaxe, invitándovos á lectura dos seus libros, que podedes atopar na biblioteca.
11 jun 2020
Tríptico de verán.
Ola, rapaces e rapazas, hoxe Punto e Coma queren traervos as recomendacións de lectura para o verán, xa que saben que seguiredes leendo moito durante as vacacións. Querían comentarvos que hai un libro recomendado por un compañeiro voso, Daniel Suárez de 4º, está feito por dous antiguos alumnos do colexio, o seu título é O vello dos chupetes. Esperamos que vos gusten.
10 jun 2020
Diplomas grandes lectores do curso 2019/2020
Punto e Coma queren felicitar aos grandes lectores deste curso,rapaces e rapazas aos que lles gusta leer e levaron moitos libros para casa antes de empezar o confinamento.Esperamos que o curso que ven sigan levando e leendo tantos libros.Vérémonos en setembro! Ánimo e seguide así!
8 jun 2020
Colaboradores do curso 2019- 2020
Debido as circunstancias que estamos vivindo, este curso publicamos os diplomas dos rapaces de sexto que foron colaboradores da biblioteca. Punto e Coma vos dan as gracias pola vosa axuda e vos desexan un bo comenzo de curso en secundaria; esperamos que vos acordedes de pasar tamén por primaria para entregaros o diploma real e tamén para que nos contedes que tal vos ides adaptando ao novo centro e a nova etapa que comenzades.
25 may 2020
A miña terra galega
Ola, chicos e chicas; Punto e Coma están moi contentos, recibimos un vídeo precioso da banda de Carballo, podedes ver a Carlos de 5º tocando cos seus compañeiros. Esperamos que vos guste tanto como a nós.
8 abr 2020
MoitoConto: OLLA O PAPAGAIO
Ola, rapaces e rapazas,xa que agora estamos de vacacións aquí podedes leer algún número do xornal "O papagaio". Premede en MOITO CONTO: OLLA O PAPAGAIO.
MoitoConto: OLLA O PAPAGAIO: Aquí podes ler algúns números do xornal en formato dixital.
1 abr 2020
Día do libro infantil
Cada 2 de abril, dende 1967, a Organización Internacional para el libro juvenil (IBBY) celebra o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil. A data coincide co día do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, autor de contos como El soldadito de plomo ou El patito feo. Esta celebración busca fomentar a lectura entre os máis pequenos e promocionar os bos libros infantís e xuvenís.
Todos os anos unha Sección Nacional ten a oportunidade de ser a patrocinadora internacional do Día do Libro Infantil e Xuvenil e selecciona un escritor/a representativo e a un recoñecido ilustrador/a do seu país para que elaboren un texto e un cartel que se promocionará en librerías, colexios e bibliotecas co fin de incentivar a lectura. Este ano a sección de Letonia é a participante co texto da autora Inese Zandere e o cartel do ilustrador Reinis Petersons que deixa clara a mensaxe: "Os libros fan grande o máis pequeno".
Participa dende a casa no concurso : Un poema na túa voz.
30 mar 2020
XA TEMOS OS VÍDEOS DE VOZ NATURA!!!! Os plásticos!
Ola queridos/as lectores/as!
Cal foi o que máis vos gustou?
O prometido é débeda así que imos empezar a semana cos vosos vídeos que gravastes sobre os plásticos. A punto e a Coma encantáronnos, ademais como xa hai bastante tempo que non nos vemos seguro que vos gusta moito poder ver aos vosos compañeiros/ as.
Botámosvos moito de menos pero temos que seguir sendo fortes e manter o ánimo!
A gozar dos vídeos, esperamos que vos gusten! Cal foi o que máis vos gustou?
24 mar 2020
Contos contados
13 feb 2020
Propoñémosvos un XOGO!
Ola queridos/as lectores/as!
Hoxe presentámosvos un xogo, a ver quen é capaz de superalo!
Saberiades responder a estas preguntas sobre Rosalía de Castro?
A continuación deixámosvos a ligazón á páxina web onde podedes xogar de forma en liña para practicar. Tedes de prazo ata o 21 de febreiro. Esperamos as vosas respostas na biblioteca. Moito ánimo e moita sorte a todos/ as.
Que comece o xogo!
Podedes comentar máis abaixo quen realizou o xogo e cantas preguntas acertáchedes!
Agradecer á páxina https://www.gciencia.com/ pola aportación. O portal GCiencia e a iniciativa 21 días co galego, impulsada pola profesora Pilar Ponte, son as dúas gañadoras do Premio Rosalía de Castro, que outorga a Deputación da Coruña, e que recoñece proxectos que promoven o uso do galego en todos os ámbitos.
Agradecer á páxina https://www.gciencia.com/ pola aportación. O portal GCiencia e a iniciativa 21 días co galego, impulsada pola profesora Pilar Ponte, son as dúas gañadoras do Premio Rosalía de Castro, que outorga a Deputación da Coruña, e que recoñece proxectos que promoven o uso do galego en todos os ámbitos.
Saúdos de Punto e Coma. Feliz xoves.
Vémonos pola biblio.
30 ene 2020
Poemas da Paz 4ºEP
Ola queridos/ as lectores/ as.
Punto e Coma estamos moi orgullosos do alumnado do colexio porque gravaron un precioso vídeo sobre poemas de paz, porque xa sabedes que hoxe celebramos o Día escolar da Non-Violencia e a Paz.
Xa nos contou o profe de música que tedes unhas cancións e uns poemas para cantar e recitar. Ides pasar xenial e sairavos de marabilla. Nós deixámosvos este vídeo pero tranquilidade, ao longo de toda esta semana iremos subindo máis vídeos porque isto non remata aquí, o resto de alumnado de 1º, 2º e 3º tamén se sumaron a recitar poemas. Querédelos ver? Pois estar moi atentos ao noso blogue.
Feliz Día escolar da Non-Violencia e da Paz.
Lembrade que na nosa biblio seguides tendo unha serie de libros relacionados coa Paz para que os gocedes.
Un saúdo do vosos amigos Punto e Coma.
Vémonos pola biblio.
13 dic 2019
Venres de emocións “O segredo de Flora” 6ºB
Ola queridos/as lectores/as.
Por fin xa é venres, e como todos os venres, son de emocións. Hoxe esta sección está dedicada aos compañeiros e compañeiras de 6º B pola súa representación do conta conto que tivo lugar o pasado martes na hora de ler: "O segredo de Flora". Encantounos, Punto e Coma estamos moi orgullosos destes mozos e mozas. Ao público de infantil, primeiro e segundo encantoulles e gozaron moito, e como queremos que todos e todas poidades velo aquí deixámosvos o vídeo editado. Espero que vos guste moito. Boa fin de semana.
Un saúdo dos vosos amigos Punto e Coma.
Vémonos pola biblio.
9 dic 2019
Contacontos na biblioteca con 6º B "O segredo de Flora"
Ola queridos/as lectores/as.
Hoxe martes 10 de decembro os vosos compañeiros e compañeiras de 6ºB interpretarán un conta contos moi especial na hora de ler, "O segredo de Flora".
Os alumnos e alumnas de infantil e 1º e 2º de primaria poderán gozar desta obra pero o resto de cursos non vos amoledes.... gravarase e publicarémolo vídeo para que poidades velo cando queirades.
Esperámosvos na nosa biblioteca.
Saúdos de Punto e Coma.
Vémonos pola biblio.
Etiquetas:
actividades,
ACTIVIDADES PRIMARIA,
actualidade,
actualidade primaria,
contacontos,
hora de ler
29 nov 2019
Venres de emocións: Xela volveuse Vampira 2ºEP
Ola queridos/as lectores/as.
Punto e Coma cumpren co que din, e para mostra deixámosvos a obra de teatro interpretada polos compañeiros/as de 2º EP. A obra de teatro foi estreada o 25 de novembro (o pasado luns) en conmemoración do día en contra da violencia de xénero. Titúlase "Xela volveuse Vampira" adaptación do libro de Fina Casalderrey. Encantounos, estas nenas e nenos de 2ºEP son uns artistas. Punto e Coma agradecen moitísimo este tipo de actividades e sabedes que tendes a biblioteca Asunción Antelo a vosa disposición para amosarnos máis obras coma esta. Agradecer por suposto aos actores e actrices, pero tamén a súa directora, a mestra-titora Ale, moitas gracias de parte de Punto e Coma.
Deixámosvos tamén o audio da canción do final para que cantédela sempre e que todo o mundo entérese de que a todos esas malas persoas témolos que converter en "cochos feos", recordade....
Non lle grites, non lle pegues
se fas iso, non a queres.
A miña avoa unha aperta
a miña nai BICOS DE FESTA
Deixámosvos a canción se a queredes cantar ou ensinar á vosa familia.
Deixámosvos a canción se a queredes cantar ou ensinar á vosa familia.
Gozade moito e recordade que tódolos días estamos en contra da violencia de xénero, entre todas e todos podemos facer un mundo mellor.
Saúdos de Punto e Coma.
Vémonos pola biblio.
28 nov 2019
Trailer Experimentos científicos 2019
Ola queridos/as lectores/as.
Presentámosvos o trailer dos experimentos científicos realizados esta semana na nosa biblioteca. Pasámolo xenial e aprendemos moito, sodes uns verdadeiros científicos e científicas.
Punto e Coma sabemos que queredes vervos realizando o voso experimento completo, por iso ao longo da semana que vén iremos subindo a este blogue cada un dos experimentos que realizastes por aula, desde infantil a toda primaria. Este vídeo é só unha pequena mostra e un "abrir de boca" para que esteades ben atentos e atentas ao noso blogue a semana que vén. Podedes comentarnos máis abaixo cal foi o experimento que máis vos gustou ou o que máis vos impactou, a verdade é que Punto e Coma escolleriamos todos. Sodes @s mellores.
Saúdos de Punto e Coma.
Vémonos pola biblio.
Etiquetas:
actividades,
ACTIVIDADES PRIMARIA,
actualidade primaria,
Ciencia,
experimentos,
mes da ciencia,
vídeos
20 nov 2019
Mes da ciencia en galego na biblio!
Ola queridos/as lectores/as:
Xa sabedes que este mes é o mes da ciencia en galego e nós Punto e Coma querémolo celebrar con todos/as vós. Sabemos que estades a preparar tódalas aulas de infantil e primaria un novo experimento coma o ano pasado. Agardamos con entusiasmo e ilusión os vosos experimentos. por iso deixámosvos en novidades da nosa biblioteca uns libros que poden axudarvos un pouco máis. Esperamos que vos guste. A continuación compartimos dende Bibliotecas Escolares de Galicia o manifesto de este ano adicado a Ángel Carracedo. Esperamos que vos guste e moito ánimo pequenos/as científicos/as!
ovembro como MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS. Iníciase esta actuación coa elección dunha imaxe e a difusión dun texto, a modo de MANIFESTO, do científico Ángel Carracedo, profesor de Medicina Legal, Ética Médica e Bioloxía Molecular da Universidade de Santiago de Compostela. Conocido investigador e divulgador científico, Ángel Carracedo ten colaborado coas bibliotecas, tanto públicas como escolares, na difusión dos valores científicos e do acceso ao coñecemento.
Xa sabedes que este mes é o mes da ciencia en galego e nós Punto e Coma querémolo celebrar con todos/as vós. Sabemos que estades a preparar tódalas aulas de infantil e primaria un novo experimento coma o ano pasado. Agardamos con entusiasmo e ilusión os vosos experimentos. por iso deixámosvos en novidades da nosa biblioteca uns libros que poden axudarvos un pouco máis. Esperamos que vos guste. A continuación compartimos dende Bibliotecas Escolares de Galicia o manifesto de este ano adicado a Ángel Carracedo. Esperamos que vos guste e moito ánimo pequenos/as científicos/as!
ENTUSIASMO E PROXIMIDADE SON A CLAVE DA DIVULGACIÓN CIENTÍFICA. Ángel Carracedo.
Desde a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vaise impulsar a celebración anual do mes de n
Saúdos de Punto e Coma.
Vémonos pola biblio.
6 nov 2019
E rematamos o xogo de pistas con 6ºEP!
Ola queridos/as lectores/as!
Rematamos o xogo de pistas cos nosos compañeiros e compañeiras de 6º (A+B) de Primaria. Pasárono xenial e nós Punto e Coma tamén! Se queredes máis xogos coma este na biblio só tedes que comentalo máis abaixo!
Un saúdo e vémonos pola biblio!
4 nov 2019
Gañadores relatos de terror 2019!
Ola queridos/as lectores/as!
Presentámosvos aos gañadores/as do concurso de relatos de terror deste ano, xa o tedes exposto nas escaleras de primaria. Moitos parabéns para tod@s! seguide así! estades feitos uns artistas!
Saúdos de Punto e Coma.
Vémonos pola biblio.



28 oct 2019
Contos de MEDO en Secundaria!
Ola queridos/as lectores/as!
Hoxe, luns tivemos unha hora de ler moi especial e de moito medo. Os compañeiros/as de secundaria léronos dous contos de medo xunto coa Santa Compaña na súa biblioteca. Encatáronnos e pasámolo moi ben, fixérono xenial! Hoxe tocoulles a 1º-2º e 3º de Educación Primaria, pero mañá é o turno para 4º - 5º e 6º EP. Non volo podedes perder!
“A Santa Compaña de Coristranca ten moita retranca".
Vémonos pola biblio. Saúdos de Punto e Coma
24 oct 2019
24 de outubro! Día das bibliotecas escolares!!!
Ola queridos/as lectores/as!
Hoxe estivemos de celebración no cole porque hoxe foi o Día da biblioteca!!!
O Día 24 de outubro celébrase o Día da Biblioteca. Van xa máis de dúas décadas desde que a Asociación Amigos del Libro Infantil y Juvenil propuxera esta data para facer fincapé nos beneficios destas institucións ao servizo da lectura, da cultura e da cidadanía. Posteriormente, o Ministerio de Cultura apoiou esta celebración e todos os anos edítase un cartel cun texto conmemorativo e realízase un acto de celebración oficial.
Punto e Coma estamos moi ledos do que aconteceu hoxe tanto na biblio coma nos corredores do edificio de Primaria. Encántanos ver como ledes aos máis pequenos/as!
Deixámosvos un vídeo resumo de 5º e 2º EP!
Tranquilos/as que o restos de cursos tamén poderedelo ver.... pero mellor noutra entrada.
Saudos de Punto e Coma! Vémonos pola biblio!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


























