fondo red white blue

columnas enlaces

Mostrando entradas con la etiqueta primaria concurso. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta primaria concurso. Mostrar todas las entradas

14 abr 2020

CONCURSO MICRORRELATOS!!


Bo día queridos/as lectores/as!

O  Concello de Carballo, a través da  Concellaría de Normalización Lingüística, decidiu convocar o primeiro Concurso de  Microrrelatos #carballomola, que levará a cabo a través de  Instagram. En este novo certame pode participar calquera usuario de Instagram, sen límite de idade. Os textos, en galego, deberán versar sobre o confinamento e ter unha extensión máxima de 77 palabras sen contar o título. 
Segundo figura nas bases do concurso, o texto acompañarase dunha fotografía, ilustración ou vídeo que garde relación coa narración.
Para participar, os usuarios subirán as súas creacións ao seu perfil  etiquetando á conta 
@carballomola e incluíndo no texto os  hashtags 

#carballomicrorrelatos 
#normalizacionlingüísticacarballo
#carballomola.

O prazo para participar estará aberto do 9 ao 22 de abril e o gañador será o relato que obteña máis «me gusta» ás doce da noite do propio día 22.
O nome do vencedor farase público a xornada seguinte, que coincidirá, ademais, co Día do Libro, a través da páxina web e as redes sociais do  Concello de Carballo. 

Como premio, o primeiro clasificado levará un lote de produtos co logotipo « Eu  quero Carballo», ademais dun vale de 150 euros para gastar nas librerías da localidade.

Animádesvos?
Un saúdo dos vosos amigos Punto e Coma.

10 mar 2020

Gañadores/as concurso Rosalía!

Ola queridos/as lectores/as!
Hoxe na hora de ler a mestra Ana Palleiro entregou os diferentes premios aos gañadores/as do concurso "Canto sabes de Rosalía?". Punto e Coma estamos moi ledos e orgullosos destes nen@s que participaron e que están día a día pendentes do noso blogue. Noraboa nen@s! Estade atentos/as porque haberá máis concursos neste curso!
Un saúdo de Punto e Coma.
Vémonos pola biblio!





4 nov 2019

Gañadores relatos de terror 2019!

Ola queridos/as lectores/as!
Presentámosvos aos gañadores/as do concurso de relatos de terror deste ano, xa o tedes exposto nas escaleras de primaria. Moitos parabéns para tod@s! seguide así! estades feitos uns artistas! 
Saúdos de Punto e Coma.
Vémonos pola biblio.




10 oct 2019

Teatro ROCKENSTEIN no cole!!

Ola queridos/as lectores/as! 
Que ben o pasamos hoxe no cole despois do recreo de comedor. Dá gusto ver unha obra de teatro tan bonita e con tanta música.
Punto e Coma pasámolo xenial e polo que vimos tod@s vós tamén. A obra de teatro ROCKENSTEIN estivo xenial, queremos agradecer ao concello de Coristanco por ofrecernos este tipo de actividades, moitas grazas!
A punto e a Coma gustaríalle que nos escribísedes nos comentarios máis abaixo o que vos pareceu e se vos gustaría máis obras de teatro deste estilo. Deixámosvos un breve comentario sobre o fío condutor da obra para os que non puidestes vela, pero non vos preocupedes que tamén vos deixamos un vídeo resumen do ben que o pasamos.

O espectáculo Rockenstein presenta ao doutor Rockenstein é un científico que decide crear un ser vivo e convertelo nunha estrela do Rock´ and Roll. O experimento é un éxito maior do que esperaba, pois da súa máquina non só sae unha futura estrela do rock: saen tres! Un espectáculo de teatro e música con cancións orixinais para público infantil.

Un saúdo do voso amigos Punto e Coma.
 Vémonos pola biblio.



22 may 2019

Premios do concurso das Letras Galegas 2019!

Bo día queridos e queridas lectores/as!
Xa temos os resultados do concurso das letras galegas 2019, podedes achegarvos ás escaleiras do segundo andar e veredes aos premiad@s! Sodes uns artistas, encantáronnos as vosas poesías, debuxos, monográficos, bandas deseñadas....
Noraboa a tod@s!
Vémonos pola biblioteca!

 





29 feb 2012

1º CERTAME DE POESÍA.

O día 24 de febreiro celebramos o día de Rosalía e ademáis entregamos uns agasallos aos premiados no primeiro concurso de poesía de amor e amizade. Este concurso tiña o condicionante do primeiro verso:
Se ti foras un bosque...  

GAÑADORES DO 1º CERTAME DE POESÍA DE AMOR E AMIZADE:

 -E.I.  3 anos: PREMIO A CLASE.

- E.I. 4 ANOS: PREMIO A CLASE.

- E.I. 5 ANOS: PREMIO A CLASE.

- 1º E.P : PREMIO A CLASE.

- 2º E.P : TANIA CAAMAÑO ANDRADE.

- 3ºA: REBECA MARTÍNEZ PENA.

- 3ºB : MARÍA BLANCO PÉREZ.

- 4ºA : MARTÍN REYES REGUEIRA.

- 4ºB : PREMIO A CLASE.

- 5º : MARÍA JOSÉ RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ.

        YLENIA CALVO SÁNCHEZ.

- 6 A: NURIA AMADO BOTANA.

- 6ºB: EMMA CALVO ENRÍQUEZ.

Moitas gracias pola vosa participación.


 Podedes ver algunha foto do evento nos seguintes enlaces:
*http://www.edu.xunta.es/centros/cpialcaldepichel/galeria/thumbnails.php?album=113
* http://cativadasdopichel.blogspot.com/

13 feb 2012

1º CERTAME DE POESÍA: SE TI FORAS UN BOSQUE...

ESTA SEMANA CELEBRAMOS O 1º CERTAME DE POESÍA. PARA INSPIRARVOS PODEDES LER ALGÚNS POEMIÑAS SOBRE ÁRBORES E BOSQUES QUE APARECEN POLA WEB:

http://issuu.com/editorialcastillatradicional/docs/poesia_arboles_resumen_pdf


ANIMADEVOS A PARTICIPAR. HABERÁ ALGÚN QUE OUTRO AGASALLO...

22 nov 2011

CONCURSO DE RELATOS DE TERROR

Neste mes de novembro entregáronse na biblioteca de primaria os premios do concurso de relatos de terror deste curso. Os contos gañadores, por ciclos, son os seguintes:
     O rato que asustaba aos elefantes - Ed. Infantil-3 anos.
     O dente, de Víctor Sánchez Saldaña - 1º  Primaria.
     Un castelo de terror, de Aida Duarte Recarey - 4º A (Primaria)
     Meu avó no bosque, de Alba Collazo Collazo - 5º (Primaria)

Estes contos podense descargar e ler na web do centro :



Os gañadores recibiron un estupendo agasallo de mans do Director e do Xefe de Estudios:





NORABOA AOS GAÑADORES!