fondo red white blue

columnas enlaces

Mostrando entradas con la etiqueta Recomendacións. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Recomendacións. Mostrar todas las entradas

23 ene 2020

Novidades na biblio! A PAZ

Ola  querid@ s lectores/ as!
Hoxe presentámosvos unha serie de novidades na nosa biblioteca sobre a celebración que estades a preparar en cada unha das vosas aulas: a paz. Por iso Punto e Coma deixámosvos no apartado de novidades, libros relacionados que poden ser do voso interese.
Podedes comentarnos máis abaixo cal é o voso libro, poema, canción.. preferido sobre a paz.
Un saúdo do voso amigos Punto e Coma.
Vémonos pola biblio.



                          



                          

19 dic 2019

Recomendacións lectoras!

Ola queridos/as lectores/as!
Que rápido pasou o primeiro trimestre, verdade?
Hoxe Punto e Coma non imos publicar ningunha emoción, aínda que sexa venres. Que máis emoción hai que un festival de Nadal?
Hoxe esperámosvos ás 10:30 no comedor para que poidades ver e gozar co festival de Nadal que os alumnos e alumnas montaron para este fin de trimestre e celebrar o Nadal.
Pero querémonos despedir ata o ano que vén publicando unhas suxerencias lectoras para este Nadal, esperamos que vos gusten moito.
Desexarvos a todos e a todas unhas felices vacacións, un bo Nadal e un próspero ano novo. O ano que vén está cargado de novas actividades, novos concursos, novos vídeos, máis conmemoracións....en definitiva, ano novo lecturas novas!

Moitas grazas por seguir visitando o noso blogue!

Felices festas

Punto e Coma



21 may 2019

Recomendacións lectoras! Alexia e Noemí. 3º EP

Bo día queridos e queridas lectores/as!
Hoxe presentámosvos unha nova recomendación lectora da man de Alexia e Noemí de 3º de Primaria. Hoxe recoméndanos estes libros que liron e encantoulles! Felicidades, moitas gracias polas vosas recomendacións! 
Vémonos pola biblio!


Animádesvos a recomendarnos libros? Queredes participar no noso programa? Comentade máis abaixo deixándonos o voso nome, o curso no que estades e o libro que queredes recomendar!


Recomendacións lectoras! Carla e Sara 3º A Primaria

Bo día queridos e queridas lectores/as!
Hoxe presentámosvos unha nova recomendación lectora da man de Carla e Sara de 3º de Primaria. Hoxe recoméndanos estes libros que liron e encantoulles! Felicidades, moitas gracias polas vosas recomendacións! 
Vémonos pola biblio!


Animádesvos a recomendarnos libros? Queredes participar no noso programa? Comentade máis abaixo deixándonos o voso nome, o curso no que estades e o libro que queredes recomendar!


6 feb 2019

SEMENTANDO PAZ

Encántanos ver aos alumnos/ as de infantil e de primaria como se contan contos uns aos outros. Isto foi o que pasou a semana pasada na biblioteca....sesión de conta contos! Pasámolo moi ben e gozamos moitísimo escoitando aos compañeiros/ as. Todos e todas o fixeron xenial! Gustaríavos volver ler os contos que interpretaron? Pois non vos preocupedes que na biblioteca, no apartado de novidades e recomendacións deixámosvos os contos que cada clase interpretou! Cal foi o que máis vos gustou? Podedes comentar máis abaixo! Un saúdo a tod@s lector@s! Vémonos na biblio!





4 ene 2012

MENÚ DE NADAL

Máis vale tarde que xamáis, así que velaquí tedes o menú degustación, que entregamos en secundaria antes das vacacións, coas recomendacións que fixeron varias profes do equipo de Biblioteca para alumnos e docentes. Agardamos que entre turrón e turrón tamén picárades algo destas marabillosas suxestións lectoras.






22 mar 2011

Neira Vilas e as súas Memorias dun neno labrego

Este mes a Biblioteca conmemora os 50 anos das Memorias dun neno labrego.

19 feb 2010

Ollos de auga, de Domingo Villar

Por fin chegaron á nosa Biblioteca as dúas novelas do escritor vigués Domingo Villar protagonizadas polo inspector Leo Caldas e o seu axudante Rafael Estévez. Ollos de auga é a primeira da serie. Collédea na sala de secundaria e xa nos diredes que vos pareceu. Recomendada a partir dos 14 anos. Boa lectura!