Hoxe queremos compartir este precioso poema que fixo a mestra Ale de 2º. Un poema precioso que conmoveu a Punto e a Coma e querémolo compartir con todos/as vós.
Como ides? Punto e Coma esperamos que estedes todos e todas ben e que sigades lendo e consultando o noso blog. Hoxe aínda que sexa sábado queremos celebrar o día da poesía!
O Día Mundial da Poesía, celebrado cada ano o 21 de marzo, conmemora unha das formas máis prezadas da expresión e identidade e lingüística da humanidade. A poesía, practicada ao longo da historia en todas as culturas e en todos os continentes, fala da nosa humanidade común e dos nosos valores compartidos, transformando o poema máis simple nun poderoso catalizador do diálogo e a paz.
O Día Mundial da Poesía é unha ocasión para honrar aos poetas, revivir tradicións orais de recitais de poesía, promover a lectura, a escritura e o ensino da poesía, fomentar a converxencia entre a poesía e outras artes como o teatro, a danza, a música e a pintura, e aumentar a visibilidade de poesía nos medios. A medida que a poesía continúa unindo persoas en todos os continentes, todos están convidados a unirse.
Punto e Coma recomendámosvos que cliquedes en POEMAS para que poidades ler diferentes poemas con diferentes temáticas: poesías sobre o mar, as estacións do ano, animais, da escola...
A maiores deixámosvos tamén esta fermosa canción do disco-libro Rosalía Pequeniña. Feliz día da poesía amig@s! Moito ánimo a todos e a todas vós. Moito ánimo e forza familias!
A punto e a Coma encantounos a celebración do Día Escolar da Non-Violencia e da Paz. Encantáronnos os vosos recitados de poemas e as cancións que interpretastes. Sempre volo dicimos e seguimos repetíndoo: "sodes uns artistas".
O prometido é débeda, na entrada anterior prometémosvos seguir subindo vídeos de poemas, e agora é a quenda das clases de 3º de Primaria recitando un poema con temática de Paz e igualdade "Amigos de cores".
Esperamos que vos guste moito e que o gocedes. Moitas grazas ao alumnado de 3º de Primaria polo seu gran traballo.
Feliz día escolar da Non-Violencia e da Paz!
Lembrade estas palabras que vos din sempre Punto e Coma:
"Seguimos traballando, seguimos construíndo, por un mundo máis humano, por un mundo mellor".
Comezamos un ano máis co recitado de poemas, e como non os nosos amig@s de 2ºEP están a traballar cada día máis! Punto e Coma estamos moi orgullosos destes nen@s! Son uns artistas, encántalles aprender poemas e recitalos! Con tod@s vós.....POEMAS QUE SABEN A TEMPO!
Deixámosvos unha fotiño moi interesante do traballo previo a este vídeo, o que a cámara non recolle. Detrás de cada vídeo hai moito traballo dos nen@s! Moitas gracias chic@s!