Ola queridos/as lectores/as! Como empezáchedes a semana? Pois Punto e Coma levantámonos con ganas de contos, así que aquí vai o de hoxe! Con todos/as vós PANDEMIA DE CONTOS! Acordádesvos desta rapaza? Visitou o cole fai uns meses para facer un contacontos na nosa fermosa biblio! Si si......é a mesmiña Érica González! O conto de hoxe titúlase "Felipe ten gripe". Esperamos que o gozedes tanto coma nós.
Disfrutade do día!! Un saúdo dos vosos amigos Punto e Coma
Como ides? Punto e Coma esperamos que estedes todos e todas ben e que sigades lendo e consultando o noso blog. Hoxe aínda que sexa sábado queremos celebrar o día da poesía!
O Día Mundial da Poesía, celebrado cada ano o 21 de marzo, conmemora unha das formas máis prezadas da expresión e identidade e lingüística da humanidade. A poesía, practicada ao longo da historia en todas as culturas e en todos os continentes, fala da nosa humanidade común e dos nosos valores compartidos, transformando o poema máis simple nun poderoso catalizador do diálogo e a paz.
O Día Mundial da Poesía é unha ocasión para honrar aos poetas, revivir tradicións orais de recitais de poesía, promover a lectura, a escritura e o ensino da poesía, fomentar a converxencia entre a poesía e outras artes como o teatro, a danza, a música e a pintura, e aumentar a visibilidade de poesía nos medios. A medida que a poesía continúa unindo persoas en todos os continentes, todos están convidados a unirse.
Punto e Coma recomendámosvos que cliquedes en POEMAS para que poidades ler diferentes poemas con diferentes temáticas: poesías sobre o mar, as estacións do ano, animais, da escola...
A maiores deixámosvos tamén esta fermosa canción do disco-libro Rosalía Pequeniña. Feliz día da poesía amig@s! Moito ánimo a todos e a todas vós. Moito ánimo e forza familias!
Ola queridos/as lectores/as! Os venres de emocións seguen, pensabades que Punto e Coma ían deixar de buscar vídeos para vós? Pois non! Os próximos 14 días teremos que quedarnos na casa debido a expansión do coronavirus covid-19, non poderemos asistir a museos, bibliotecas... pero desde a casa podemos realizar distintas tarefas e visitar virtualmente estes lugares. Para coñecer máis este coronavirus podedes consultar a páxina web da OMS ou neste vídeo de Happy Learning explícanvos.
Punto e Coma seguimos cunha iniciativa que se está a dar na maioría das bibliotecas escolares de Galicia #undíanacasaunconto e nós na nosa biblio non íamos a quedar atrás.
Que opinades desta iniciativa? Podedes deixar o voso comentario máis abaixo.
Pois un luns, martes e mércores diferente dende logo...Punto e Coma estamos tristes porque o cole e a nosa biblio está baleira e botamos moito de menos os vosos aloumiños e as historias que nos contades cada día...
Pero nada de poñernos tristes, é o que toca!!! #Euquedonacasa
Nós seguimos actualizando o noso blog coma sempre e temos moitas ideas para estes días... comezamos con PANDEMIA DE CONTOS.
PANDEMIA DE CONTOS é unha inciativa que nace dende o Colectivo NOGA #narraciónoral galega e comparten xenerosamente contos con todos nós para levar o mellor posible este #euquedonacasa que nos toca vivir.
Deixámosvos unha fermosa historia...hoxe comezamos por Sabes contar ata cero?
Hoxe é venres e coma tódolos venres son de emocións!
A curtametraxe de hoxe amósanos a un grupo de nenos e nenas que vive nun barrio de escasos recursos, pero que teñen un tesouro…a amizade. Comeza cun neno atopando unha pluma para colorear, a partir de aí…moitos momentos entrañables e cheos de vida!!!
Hoxe na hora de ler a mestra Ana Palleiro entregou os diferentes premios aos gañadores/as do concurso "Canto sabes de Rosalía?". Punto e Coma estamos moi ledos e orgullosos destes nen@s que participaron e que están día a día pendentes do noso blogue. Noraboa nen@s! Estade atentos/as porque haberá máis concursos neste curso!
O Día Internacional da Muller é un bo momento para reflexionar acerca dos avances logrados, pedir máis cambios e celebrar a valentía e a determinación das mulleres do montón que xogaron un papel crave na historia dos seus países e comunidades. O mundo logrou avances sen precedentes, pero ningún país alcanzou a igualdade de xénero. Hai 50 anos, chegamos á Lúa; na última década, descubrimos novos devanceiros humanos e fotografamos un buraco negro por primeira vez. Mentres tanto, existen restricións legais que impiden a 2 700 millóns de mulleres acceder ás mesmas opcións laborais que os homes. Menos do 25% dos parlamentarios eran mulleres en 2019 e unha de cada tres mulleres segue sufrindo violencia de xénero. Fagamos que 2020 sexa un ano decisivo para as mulleres e as nenas en todo o mundo. (Texto e vídeo extraído de https://www.un.org/es)
Ola queridos e queridas lectores/as!
Hoxe é un día especial e querémolo compartir con tod@s vós!
Nun día como hoxe só tres palabras imprescindibles para todas as mulleres: