fondo red white blue

columnas enlaces

Mostrando entradas con la etiqueta Novidades. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Novidades. Mostrar todas las entradas

23 ene 2020

Novidades na biblio! A PAZ

Ola  querid@ s lectores/ as!
Hoxe presentámosvos unha serie de novidades na nosa biblioteca sobre a celebración que estades a preparar en cada unha das vosas aulas: a paz. Por iso Punto e Coma deixámosvos no apartado de novidades, libros relacionados que poden ser do voso interese.
Podedes comentarnos máis abaixo cal é o voso libro, poema, canción.. preferido sobre a paz.
Un saúdo do voso amigos Punto e Coma.
Vémonos pola biblio.



                          



                          

16 jun 2019

Premio mellor es lector@s! Curso 18/19

Bo día querid@s lector@s!
Estades convidad@s a asistir o próximo 19 de xuño na nosa biblioteca na hora de ler na entrega de premios aos mellor es lectores/as de este curso 2018/2019.
Parabéns a tod@s! Queremos felicitar a estos rapaces e rapazas facéndolle entrega dun diploma máis un agasallo. 
Saúdos de Punto e Coma


28 may 2019

Esta semana estamos de aniversario!

Bo día queridos/as lectores/as!
Esta semana estamos de aniversario. A nosa biblioteca cumpre xa 4 anos! E para celebralo temos as seguintes actividades que celebrarémolas o vindeiro xoves 30 de maio!

PROGRAMA

9:30 - Visita de Celtia Figueiras (Contacontos) 
Plan Lector - Os rapaces e rapazas de 3º a 6º de Primaria lerán "Poesías de Asunción Antelo" na biblioteca.
14:30 - Actuación de Paco Nogueiras co espectáculo "Brinca Vai"
15:30 - Todo o alumnado cantará o Himno Galego como fin de festa deste aniversario.





24 may 2019

Presentámosvos ás gañadoras!

Bo día queridos/as lectores/as!
Visitar, comentar e participar nos concursos que propoñen Punto e Coma teñen a súa recompensa! Aquí tendes unha mostra: Noa, María e Adriana foron as 3 primeiras en contestar dentro do prazo ás dúas preguntas do mini concerto que deu Carlos, e efectivamente acertaron nas súas respostas. Hoxe procedeuse a entrega de premios na hora de ler. Parabéns!
Estade ben atentos e atentas porque Punto e Coma teñen ganas de seguir facendo concursos.
Vémonos pola biblio!


29 mar 2019

Seguimos con máis poesías! 1º EP

Ola queridos/as lectores/as!
Os nenos e nenas de 1º de Educación Primaria gústalle moito crear poesías, neste caso a temática é “Se eu vivise no monte”. Compuxeron unha poesía eles/as sós, e fixádevos que bosque tan fermoso e frondoso escolleron para facer este vídeo. Unha marabilla! Son uns artistas! 
Animádevos a comentar máis abaixo e animádevos tamén a compoñer os vosos propios poemas! 
Moitas gracias á profe Ale por enviarnos este vídeo. 
Vémonos pola biblio! 


28 sept 2012

XA ESTAMOS DE VOLTA!



Queremos saudar a todos os rapaces, rapazas, compañeiros ... esperando pasemos un curso estupendo. Ahí vos mando unhas fotos da biblio e tamén da campaña de recollida de tapóns para Aitana, campaña que empezamos o curso pasado e seguimos este co mesmo entusiasmo:




Tamén temos moitas novidades que pronto poderedes disfrutar...



LEMBRADE! ABRIMOS O LUNS 1 DE OUTUBRO!

13 feb 2012

NOVIDADES DA BIBLIOTECA!

ANO NOVO... LIBROS NOVOS!

TEMOS MOITAS NOVIDADES EN CANTO A LIBROS E DVDS PARA OS DIFERENTES CICLOS. PASADEVOS POLA BIBLIOTECA E DISFRUTADE DELAS...


18 mar 2011

DVDs en galego

Non é doado atopar películas que tamén se comercialicen en galego. Estas son algunhas das que mercamos ultimamente e que podemos ver na nosa lingua: Que as disfrutedes!