fondo red white blue

columnas enlaces

19 oct 2026

Comeza o Certame de Talentos deste curso!

    O pasado venres demos comezo a unha nova edición do noso Certame de Talentos, unha actividade na que podemos gozar das habilidades, da creatividade e do talento do noso alumnado.

    A nosa primeira participante foi Anais, de cuarto curso, que nos sorprendeu cunha fantástica exhibición de patinaxe. Parabéns Anais, por compartir o teu talento con nós e por dar comezo a esta nova edición!

    Estamos desexando descubrir os talentos que nos agardan este curso e gozar de moitas máis actuacións. Quen será o próximo ou a próxima en sorprendernos?  







No hay comentarios:

Publicar un comentario