fondo red white blue

columnas enlaces

25 jun 2019

GRACIAS MESTRA TERESA!!! Fin de curso 18/19

Bo día queridos/as lectores/as!
Xa sei que xa estamos de vacacións de verán pero gustaríanos compartir con vós este vídeo tan fermoso do último día de clase. Un video moi emotivo. Tedes que ver ata o final do vídeo para sabelo. Un día de moitas despedidas! Por iso esta entrada está adicada a unha mestra moi moi especial que adicou 40 anos da súa vida aos nenos e nenas de Coristanco.
Mestra Teresa....

MOITAS GRACIAS

18 jun 2019

Revista escolar ASUBÍOS curso 18/19

Bo día querid@s lectores/as!!
Queremos presentarvos a revista escolar deste ano, a nosa revista Asubíos! Tendes unha copia para as vosas aulas e na nosa biblioteca tedes máis exemplares. Nesta revista podedes atopar relatos, poesías, contos, imaxes de todo o que fixéstedes ao longo deste curso. A revista quedou moi moi fermosa e o seu contido é impresionate. Pero todo debémosvolo a vós porque sen a vosa axuda non podería editarse. Moitas gracias a todos e a todas. 
Alumn@s de infantil, primaria e secundaria............MOITAS GRACIAS!
Para o curso que vén máis e mellor!
.

Viaxa a un mundo cheo de imaxinación nun abrir e pechar de follas. Le hoxe, le sempre.
Saúdos de Punto e Coma.

16 jun 2019

Premio mellor es lector@s! Curso 18/19

Bo día querid@s lector@s!
Estades convidad@s a asistir o próximo 19 de xuño na nosa biblioteca na hora de ler na entrega de premios aos mellor es lectores/as de este curso 2018/2019.
Parabéns a tod@s! Queremos felicitar a estos rapaces e rapazas facéndolle entrega dun diploma máis un agasallo. 
Saúdos de Punto e Coma


12 jun 2019

1º Premio para 5º de Educación Infantil "Merendas saudables"


Bo día queridos/as lectores/as! Onte os alumnos/as de Educación Infantil, xunto coa súa titora Lorena recolleron o premio ao mellor traballo no certame "Cooperativismo no Ensino. 2019" na modalidade de actividades artísticas, dirixida ao alumnado dos centros de educación infantil, primaria e educación especial na Categoría A. O nome do traballo é "Merendas saudables". E para celebralo desfrutamos da actuación do "Teatro dos Ghazafelhos" unha obra de teatro xunto con música "O vendedor de fume" na que o pasamos xenial. Encantounos! Deixámosvos un resumo do día de onte! esperamos que vos guste!

Noraboa unha vez máis aos nenos/as de 5º de Educación Infantil!
Saúdos de Punto e Coma!


5 jun 2019

Hora de ler con Virginia!

Hoxe mércores a mestra Virginia contounos un conto moi especial aos nen@s de infantil. Encantounos e estivo xenial, pasámolo moi ben!
Moitas gracias Virginia polo teu conto, estamos desexando que volvas outra vez á nosa biblioteca a contarnos máis!
Saúdos de Punto e Coma!


4 jun 2019

IV Aniversario da nosa biblioteca Asunción Antelo!

Este pasado venres celebramos o IV Aniversario da nosa Biblioteca Asunción Antelo. Tivemos varias actividades como o contacontos de Celtia Figueiras, un recitado de poemas de Asunción Antelo e pechamos a xornada cun concerto de Paco Nogueiras. Pasámolo xenial!! Como era?....Brica vai, brinca vai...... 

Saúdos de Punto e Coma




Despedímonos ata o curso que vén!

Os nos@s compañeir@s Punto e Coma despídense ata o curso que vén, que estará cargado de novas actividades, concursos e conmemoracións especiais coma as que tivemos este ano. E para despedirnos que mellor maneira que facelo con música a cargo dos nos@s compañeir@s, a festa de ler segue con nós!!! Moitas gracias a Sara, Aischa, Xulio, Aldán e Anxo! Sodes uns verdadeiros  artistas!
Saúdos de Punto e Coma!




3 jun 2019

Aisha, a nosa acordeonista!

Hoxe presentámosvos a nosa compañeira de 5º Aisha, que para despedir a nosa biblioteca ata o curso que ven adícanos esta fermosa canción! Toca moi moi ben, Aisha gústalle moito a nosa biblioteca e as nosas mascotas Punto e Coma, así que esta canción está adicada a todos e a todas vós.
Moitas gracias por este curso cheo de emocións na nosa biblioteca! Para o ano máis e mellor!
Moitas gracias Aisha!