fondo red white blue

columnas enlaces

19 dic 2019

Recomendacións lectoras!

Ola queridos/as lectores/as!
Que rápido pasou o primeiro trimestre, verdade?
Hoxe Punto e Coma non imos publicar ningunha emoción, aínda que sexa venres. Que máis emoción hai que un festival de Nadal?
Hoxe esperámosvos ás 10:30 no comedor para que poidades ver e gozar co festival de Nadal que os alumnos e alumnas montaron para este fin de trimestre e celebrar o Nadal.
Pero querémonos despedir ata o ano que vén publicando unhas suxerencias lectoras para este Nadal, esperamos que vos gusten moito.
Desexarvos a todos e a todas unhas felices vacacións, un bo Nadal e un próspero ano novo. O ano que vén está cargado de novas actividades, novos concursos, novos vídeos, máis conmemoracións....en definitiva, ano novo lecturas novas!

Moitas grazas por seguir visitando o noso blogue!

Felices festas

Punto e Coma



13 dic 2019

Venres de emocións “O segredo de Flora” 6ºB

Ola queridos/as lectores/as.
Por fin xa é venres, e como todos os venres, son de emocións. Hoxe esta sección está dedicada aos compañeiros e compañeiras de 6º  B pola súa representación do conta conto que tivo lugar o pasado martes na hora de ler: "O segredo de Flora". Encantounos, Punto e Coma estamos moi orgullosos destes mozos e mozas. Ao público de infantil, primeiro e segundo encantoulles e gozaron moito, e como queremos que todos e todas poidades velo aquí deixámosvos o vídeo editado. Espero que vos guste moito. Boa fin de semana. 
Un saúdo dos vosos amigos Punto e Coma. 
Vémonos pola  biblio.



9 dic 2019

Contacontos na biblioteca con 6º B "O segredo de Flora"

Ola queridos/as lectores/as.
Hoxe martes 10 de decembro os vosos compañeiros e compañeiras de 6ºB interpretarán un conta contos moi especial na hora de ler, "O segredo de Flora". 
Os alumnos e alumnas de infantil e 1º e 2º de primaria poderán gozar desta obra pero o resto de cursos non vos amoledes.... gravarase e publicarémolo vídeo para que poidades velo cando queirades.
Esperámosvos na nosa biblioteca.
Saúdos de Punto e Coma.
Vémonos pola biblio.


6 dic 2019

Venres de emocións "A historia dos Bonobós con lentes" 6º A

Ola queridos/ as lectores/ as
Punto e Coma sabemos que hoxe é festivo, pero non nos podiamos saltar un venres de emocións co que nos gusta, e sabemos que a vós tamén, así que hoxe, o venres de emocións está dedicado aos alumnos/ as de 6º A, que o pasado mércores nos representaron un conto moi moi bonito que nos encantou. Falámosvos de "a historia dos  bonobós con lentes", unha historia moi bonita para conmemorar o pasado 25 de novembro, que como xa sabedes foi o día en contra da violencia de xénero. Por iso nós Punto e Coma queremos dedicarlle este día aos alumnos/ as. Parabéns rapaces e rapazas.

Pero non acaba aquí todo, a parte do vídeo da obra de teatro deixámosvos tamén a gravación realizada por eles mesmos da obra, para que os escoitedes mellor e poidádesllo ensinar aos vosos amigos/ as, familiares...

Lembrar que tedes o libro dispoñible na nosa biblioteca para que o leades as veces que queirades. Comentade máis abaixo se queredes máis contacontos na hora de ler. Animádesvos?

Feliz ponte a todos e a todas.
Un saúdo do vosos amigos Punto e Coma




                       


2 dic 2019

Contacontos “A historia dos bonobós con lentes”

Ola queridos/as lectores/as!
Anunciámosvos que mañá 3 de decembro durante o plan lector @s rapaces de 6º A interpretarán "A historia dos bonobós con lentes". Punto e coma están moi ledos de poder recibir este contacontos na biblioteca.
Esperámosvos maña. Un saúdo de Punto e Coma



29 nov 2019

Venres de emocións: Xela volveuse Vampira 2ºEP

Ola queridos/as lectores/as.

Punto e Coma cumpren co que din, e para mostra deixámosvos a obra de teatro interpretada polos compañeiros/as de 2º EP. A obra de teatro foi estreada o 25 de novembro (o pasado luns) en conmemoración do día en contra da violencia de xénero. Titúlase "Xela volveuse Vampira" adaptación do libro de Fina Casalderrey. Encantounos, estas nenas e nenos de 2ºEP son uns artistas. Punto e Coma agradecen moitísimo este tipo de actividades e sabedes que tendes a biblioteca Asunción Antelo a vosa disposición para amosarnos máis obras coma esta. Agradecer por suposto aos actores e actrices, pero tamén a súa directora, a mestra-titora Ale, moitas gracias de parte de Punto e Coma.
Deixámosvos tamén o audio da canción do final para que cantédela sempre e que todo o mundo entérese de que a todos esas malas persoas témolos que converter en "cochos feos", recordade....
Non lle grites, non lle pegues
se fas iso, non a queres.
A miña avoa unha aperta
a miña nai BICOS DE FESTA

Deixámosvos a canción se a queredes cantar ou ensinar á vosa familia.



Gozade moito e recordade que tódolos días estamos en contra da violencia de xénero, entre todas e todos podemos facer un mundo mellor.
Saúdos de Punto e Coma.
Vémonos pola biblio.
 




28 nov 2019

Trailer Experimentos científicos 2019

Ola queridos/as lectores/as.
Presentámosvos o  trailer dos experimentos científicos realizados esta semana na nosa biblioteca. Pasámolo xenial e aprendemos moito, sodes uns verdadeiros científicos e científicas.
Punto e Coma sabemos que queredes vervos realizando o voso experimento completo, por iso ao longo da semana que vén iremos subindo a este blogue cada un dos experimentos que realizastes por aula, desde infantil a toda primaria. Este vídeo é só unha pequena mostra e un "abrir de boca" para que  esteades ben atentos e atentas ao noso blogue a semana que vén. Podedes comentarnos máis abaixo cal foi o experimento que máis vos gustou ou o que máis vos impactou, a verdade é que Punto e Coma escolleriamos todos. Sodes @s mellores.

Saúdos de Punto e Coma.
Vémonos pola  biblio.


27 nov 2019

25 de novembro: Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller

Ola queridos/as lectores/as
Este luns (25 de novembro) o noso cole e todo Coristanco conmemoramos  o Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller. Primeiro plantamos 51 pensamentos na porta da nosa biblioteca por cada unha das mulleres asasinadas que vai de ano e despois camiñamos ata o concello para escoitar un manifesto por parte dos compañeir@s de secundaria. Foi unha xornada moi especial con unha obra de teatro por parte dos alumn@s de 2ºEP (adaptación do libro: Xela volveuse vampira”) de Fina Casalderrey, libro que Punto e Coma recomendan case como lectura obrigada, se o ledes vaivos encantar. En vindeiras entradas do blogue poderedes ver o vídeo da obra de teatro destes compañeiros/as de 2º, parabéns unha vez máis!
Punto e Coma animámosvos a que a xornada do luns non quede nun só día, sigamos traballando por un mundo mellor sen ningún tipo de violencia.
Saúdos de Punto e Coma
Vémonos pola biblio




22 nov 2019

Venres de emocións! 22 de novembro....DÍA DA MÚSICA!!!

Feliz venres queridos/as lectores/as.
Hoxe é un venres moi especial, hoxe 22 de novembro celebramos "O Día de Santa Cecilia" a patroa da música. Hoxe é un día de festa, e que mellor maneira de celebralo neste venres de emocións que con música!!!! Despois de tanto tempo pedíndonolo por fin estreamos a canción que estades escoitando continuamente tódolos días ao comezar as clases, a canción que lle pedides cantar ao mestre de música en todas as sesións....presentamos o Ceo do grupo Operación Can. Sabédela?


«Operación Can» é un traballo impulsado pola  UPAFGA (Unión de Protectoras de Animais Federadas de Galicia) e naceu co obxectivo de estimular á xente máis nova, utilizando a música como medio, da necesidade de coidar a nosa contorna e medio ambiente e moi especialmente aos animais e as plantas. Para iso, que mellor que facer un concurso musical e que os propios rapaces fixesen unha canción orixinal cantada en galego.








«A música é sinónimo de liberdade, de tocar o que queiras e como queiras, sempre que sexa bo e teña paixón, que a música sexa o alimento do amor».  Kurt D.  Cobain.


Feliz venres, ler moito e vémonos o luns na biblioteca
Saúdos de Punto e Coma.

20 nov 2019

Mes da ciencia en galego na biblio!

Ola queridos/as lectores/as:
Xa sabedes que este mes é o mes da ciencia en galego e nós Punto e Coma querémolo celebrar con todos/as vós. Sabemos que estades a preparar tódalas aulas de infantil e primaria un novo experimento coma o ano pasado. Agardamos con entusiasmo e ilusión os vosos experimentos. por iso deixámosvos en novidades da nosa biblioteca uns libros que poden axudarvos un pouco máis. Esperamos que vos guste. A continuación compartimos dende Bibliotecas Escolares de Galicia o manifesto de este ano adicado a Ángel Carracedo. Esperamos que vos guste e moito ánimo pequenos/as científicos/as!

ENTUSIASMO E PROXIMIDADE SON A CLAVE DA DIVULGACIÓN CIENTÍFICA. Ángel Carracedo.


Desde a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vaise impulsar a celebración anual do mes de n
ovembro como MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS. Iníciase esta actuación coa elección dunha imaxe e a difusión dun texto, a modo de MANIFESTO,  do científico Ángel Carracedo, profesor de Medicina Legal, Ética Médica e Bioloxía Molecular da Universidade de Santiago de Compostela. Conocido investigador e divulgador científico, Ángel Carracedo ten colaborado coas bibliotecas, tanto públicas como escolares, na difusión dos valores científicos e do acceso ao coñecemento. 



Saúdos de Punto e Coma.
Vémonos pola biblio.