fondo red white blue

columnas enlaces

24 ene 2020

VENRES DE EMOCIÓNS "A amizade"

Ola queridos e queridas lectores/as!
Benvidos un venres máis ás emocións. Punto e Coma sabemos que estades a preparar o día da PAZ para a semana que vén, moitas cancións, moitos poemas, o valor da amizade, o respecto, a igualdade....por iso hoxe neste espazo presentámosvos unha curtametraxe moi especial....A AMIZADE!

Nun pobo pesqueiro abandoado, vive un solitario mariñeiro que soña cas súas viaxes a bordo do seu barco. Un día recibe unha visita inesperada; un paxaro ferido. O mariñeiro coidará del e xurdirá entre eles unha fermosa amizade.
Punto e Coma esperamos que vos guste e recordade...@s amig@s hai que coidalos!

Vémonos pola biblio e feliz fin de semana.

Punto e Coma



23 ene 2020

Novidades na biblio! A PAZ

Ola  querid@ s lectores/ as!
Hoxe presentámosvos unha serie de novidades na nosa biblioteca sobre a celebración que estades a preparar en cada unha das vosas aulas: a paz. Por iso Punto e Coma deixámosvos no apartado de novidades, libros relacionados que poden ser do voso interese.
Podedes comentarnos máis abaixo cal é o voso libro, poema, canción.. preferido sobre a paz.
Un saúdo do voso amigos Punto e Coma.
Vémonos pola biblio.



                          



                          

11 ene 2020

Explosión co limoeiro 6ºB


Ola amigos e amigas!

A continuación vos imos mostrar o último experimento que levamos a cabo durante a Semana da Ciencia. Trátase da explosión de globos con limoeiro e foi realizado polos nenos e nenas de 6ºB. Estade atentos a explicación, é moi curiosa!

Bueno amigos/as, con este vídeo poñemos punto e final aos experimentos deste curso. Esperamos que vos gustase moito velos e que aprendérades moitas curiosidades.

Vémonos pola biblio e grazas por seguir visitando o noso blogue.

Un saúdo dos vosos amigos Punto e Coma.

Mentos en Coca Cola 6ºA


Ola queridos/as lectores!

Xa chegamos ao curso máis alto. Os nenos e nenas de 6ºA pasárono moi ben observando a reacción da coca cola ao meterlle caramelos mentos. Vós sabedes o que pasa ao xuntar ambas cousas? Mirade ben porque parece unha festa da escuma!

Un saúdo de Punto e Coma.

A auga musical 5ºA


Ola amigos e amigas!

Os nenos e nenas de 5ºA levan a cabo un experimento musical. Só precisan vasos con distintas cantidades de auga para facer diferentes sons. A que parece divertido? Estade ben atentos porque igual coñecedes a canción que van a tocar...

Un saúdo de Punto e Coma.

Remuíño de agua 4ºB


Ola amigos/as!!

Vos sabedes o que son os remuíños de auga? E sabedes facelos? Pois mirade do que son capaces os nenos e nenas de 4ºB. Non necesitan moitos materiais para facer un experimento moi divertido.

Un saúdo.
Punto e Coma.

Hovercraft 4ºA


Ola quieros/as lectores!

O experimento que ides ver a continuación recibe o nome de "Hovercraft". Que significará esa palabra? Os nenos e nenas de 4ºA van a explicarnos moi ben o seu experimento que tanta curiosidade nos provoca. Estade ben atentos!

Un saúdo de Punto e Coma.

Volcán 3ºB


Ola amigos e amigas!

Estanvos gustando os experimentos? Como vedes hai moitos e moi diferentes! Agora tócalle o turno aos nenos e nenas de 3ºB. Eles van a explicarnos como un volcán pode entrar en erupción. Se vos fixades ben, parece case un volcán de verdade!

Un saúdo de Punto e Coma.

O papel que non se molla 3ºA


Ola queridos/as lectores/as!

Os nenos e nenas de 3ºA fixeron un experimento moi curioso: conseguiron meter un papel na auga e que non se mollase! Queredes ver como o consiguen? Pois estade ben atentos a súa explicación.

Un saúdo dos vosos amigos Punto e Coma.

O sistema solar flotante 2ºE.P

Ola amigos e amigas!

Queredes ver o experimento dos nenos e nenas de 2º de Educación Primaria? De maneira moi sinxela e divertida nos van a explicar como fan un sistema solar flotante. Estade atentos ao ben que o fan!

Un saúdo.
Punto e Coma.