fondo red white blue

columnas enlaces

11 ene 2020

O ovo que flota 1ºE.P


Ola queridos/as lectores/as!

O experimento que ides ver neste vídeo é o que fixeron os nenos e nenas de 1º de Educación Primaria. Empregando poucos materiais nos van a ensinar como se pode facer para que un ovo flote na auga. Mirade ben porque é moi sinxelo e divertido!

Un saúdo de Punto e Coma.

Plásticos ecolóxicos 6ºE.I

Ola amigos/as!

Vos acordades do experimento que fixeron os nenos e nenas de 5 anos na Semana da Ciencia? Fixeron plásticos ecolóxicos! En relación ao proxecto que se está levando a cabo no cole, eles quixeron explicarnos como se poden facer os plásticos dunha forma sinxela e divertida.

Un saúdo de Punto e Coma.

Debuxos flotantes 5ºE.I


Ola queridos/as lectores/as!

O experimento que vos imos amosar nestra publicación é o que fixeron os nenos e nenas de 4 anos. Chámase "Debuxos flotantes". Fixádevos ben porque parece que fan maxia!

Un saúdo de Punto e Coma.

Bolsa máxica 4ºE.I


Ola queridos/as lectores!
Xa nos atopamos no segundo trimestre!

Se vos lembrades, a finais de novembro celebramos a Semana da Ciencia cun montón de experimentos. A explicación e demostración de todos eles quedou recollida nuns fermosos vídeos que vos imos mostrar en diferentes publicacións.

O primeiro deles foi o experimento da "Bolsa máxica", realizado polos nenos e nenas de 3 anos. Mirade que ben lles saíu!

Un saúdo dos vosos amigos Punto e Coma.

10 ene 2020

1º VENRES DE EMOCIÓNS DO ANO!!! FELIZ 2020 AMIG@S

Ola queridos/ as lector@ s! Feliz ano novo!

Hoxe é o primeiro venres de emocións do ano e para celebralo Punto e Coma eliximos unha historia preciosa titulada "Bombas de paz" adiantándonos á celebración que levaremos a cabo a final deste mes de xaneiro. 

Bombas de paz é unha curtametraxe realizada por un grupo de nenos e nenas de  Benalup-Casas Vellas, premiado por Plural + e Reza  Academy para a ONU 2017.

Esperamos que vos guste moito e que o gocedes tanto como nós. Podedes ir lendo algún dos libros que vos deixamos esta semana no expositor da nosa  biblio relacionados con esta temática na sección de novidades.....xa subiremos fotos!
Boa fin de semana.

Vémonos pola biblio.

Un saúdo dos vosos amigos Punto e Coma.


19 dic 2019

Recomendacións lectoras!

Ola queridos/as lectores/as!
Que rápido pasou o primeiro trimestre, verdade?
Hoxe Punto e Coma non imos publicar ningunha emoción, aínda que sexa venres. Que máis emoción hai que un festival de Nadal?
Hoxe esperámosvos ás 10:30 no comedor para que poidades ver e gozar co festival de Nadal que os alumnos e alumnas montaron para este fin de trimestre e celebrar o Nadal.
Pero querémonos despedir ata o ano que vén publicando unhas suxerencias lectoras para este Nadal, esperamos que vos gusten moito.
Desexarvos a todos e a todas unhas felices vacacións, un bo Nadal e un próspero ano novo. O ano que vén está cargado de novas actividades, novos concursos, novos vídeos, máis conmemoracións....en definitiva, ano novo lecturas novas!

Moitas grazas por seguir visitando o noso blogue!

Felices festas

Punto e Coma



13 dic 2019

Venres de emocións “O segredo de Flora” 6ºB

Ola queridos/as lectores/as.
Por fin xa é venres, e como todos os venres, son de emocións. Hoxe esta sección está dedicada aos compañeiros e compañeiras de 6º  B pola súa representación do conta conto que tivo lugar o pasado martes na hora de ler: "O segredo de Flora". Encantounos, Punto e Coma estamos moi orgullosos destes mozos e mozas. Ao público de infantil, primeiro e segundo encantoulles e gozaron moito, e como queremos que todos e todas poidades velo aquí deixámosvos o vídeo editado. Espero que vos guste moito. Boa fin de semana. 
Un saúdo dos vosos amigos Punto e Coma. 
Vémonos pola  biblio.



9 dic 2019

Contacontos na biblioteca con 6º B "O segredo de Flora"

Ola queridos/as lectores/as.
Hoxe martes 10 de decembro os vosos compañeiros e compañeiras de 6ºB interpretarán un conta contos moi especial na hora de ler, "O segredo de Flora". 
Os alumnos e alumnas de infantil e 1º e 2º de primaria poderán gozar desta obra pero o resto de cursos non vos amoledes.... gravarase e publicarémolo vídeo para que poidades velo cando queirades.
Esperámosvos na nosa biblioteca.
Saúdos de Punto e Coma.
Vémonos pola biblio.


6 dic 2019

Venres de emocións "A historia dos Bonobós con lentes" 6º A

Ola queridos/ as lectores/ as
Punto e Coma sabemos que hoxe é festivo, pero non nos podiamos saltar un venres de emocións co que nos gusta, e sabemos que a vós tamén, así que hoxe, o venres de emocións está dedicado aos alumnos/ as de 6º A, que o pasado mércores nos representaron un conto moi moi bonito que nos encantou. Falámosvos de "a historia dos  bonobós con lentes", unha historia moi bonita para conmemorar o pasado 25 de novembro, que como xa sabedes foi o día en contra da violencia de xénero. Por iso nós Punto e Coma queremos dedicarlle este día aos alumnos/ as. Parabéns rapaces e rapazas.

Pero non acaba aquí todo, a parte do vídeo da obra de teatro deixámosvos tamén a gravación realizada por eles mesmos da obra, para que os escoitedes mellor e poidádesllo ensinar aos vosos amigos/ as, familiares...

Lembrar que tedes o libro dispoñible na nosa biblioteca para que o leades as veces que queirades. Comentade máis abaixo se queredes máis contacontos na hora de ler. Animádesvos?

Feliz ponte a todos e a todas.
Un saúdo do vosos amigos Punto e Coma




                       


2 dic 2019

Contacontos “A historia dos bonobós con lentes”

Ola queridos/as lectores/as!
Anunciámosvos que mañá 3 de decembro durante o plan lector @s rapaces de 6º A interpretarán "A historia dos bonobós con lentes". Punto e coma están moi ledos de poder recibir este contacontos na biblioteca.
Esperámosvos maña. Un saúdo de Punto e Coma