fondo red white blue

columnas enlaces

10 ene 2020

1º VENRES DE EMOCIÓNS DO ANO!!! FELIZ 2020 AMIG@S

Ola queridos/ as lector@ s! Feliz ano novo!

Hoxe é o primeiro venres de emocións do ano e para celebralo Punto e Coma eliximos unha historia preciosa titulada "Bombas de paz" adiantándonos á celebración que levaremos a cabo a final deste mes de xaneiro. 

Bombas de paz é unha curtametraxe realizada por un grupo de nenos e nenas de  Benalup-Casas Vellas, premiado por Plural + e Reza  Academy para a ONU 2017.

Esperamos que vos guste moito e que o gocedes tanto como nós. Podedes ir lendo algún dos libros que vos deixamos esta semana no expositor da nosa  biblio relacionados con esta temática na sección de novidades.....xa subiremos fotos!
Boa fin de semana.

Vémonos pola biblio.

Un saúdo dos vosos amigos Punto e Coma.


19 dic 2019

Recomendacións lectoras!

Ola queridos/as lectores/as!
Que rápido pasou o primeiro trimestre, verdade?
Hoxe Punto e Coma non imos publicar ningunha emoción, aínda que sexa venres. Que máis emoción hai que un festival de Nadal?
Hoxe esperámosvos ás 10:30 no comedor para que poidades ver e gozar co festival de Nadal que os alumnos e alumnas montaron para este fin de trimestre e celebrar o Nadal.
Pero querémonos despedir ata o ano que vén publicando unhas suxerencias lectoras para este Nadal, esperamos que vos gusten moito.
Desexarvos a todos e a todas unhas felices vacacións, un bo Nadal e un próspero ano novo. O ano que vén está cargado de novas actividades, novos concursos, novos vídeos, máis conmemoracións....en definitiva, ano novo lecturas novas!

Moitas grazas por seguir visitando o noso blogue!

Felices festas

Punto e Coma



13 dic 2019

Venres de emocións “O segredo de Flora” 6ºB

Ola queridos/as lectores/as.
Por fin xa é venres, e como todos os venres, son de emocións. Hoxe esta sección está dedicada aos compañeiros e compañeiras de 6º  B pola súa representación do conta conto que tivo lugar o pasado martes na hora de ler: "O segredo de Flora". Encantounos, Punto e Coma estamos moi orgullosos destes mozos e mozas. Ao público de infantil, primeiro e segundo encantoulles e gozaron moito, e como queremos que todos e todas poidades velo aquí deixámosvos o vídeo editado. Espero que vos guste moito. Boa fin de semana. 
Un saúdo dos vosos amigos Punto e Coma. 
Vémonos pola  biblio.



9 dic 2019

Contacontos na biblioteca con 6º B "O segredo de Flora"

Ola queridos/as lectores/as.
Hoxe martes 10 de decembro os vosos compañeiros e compañeiras de 6ºB interpretarán un conta contos moi especial na hora de ler, "O segredo de Flora". 
Os alumnos e alumnas de infantil e 1º e 2º de primaria poderán gozar desta obra pero o resto de cursos non vos amoledes.... gravarase e publicarémolo vídeo para que poidades velo cando queirades.
Esperámosvos na nosa biblioteca.
Saúdos de Punto e Coma.
Vémonos pola biblio.


6 dic 2019

Venres de emocións "A historia dos Bonobós con lentes" 6º A

Ola queridos/ as lectores/ as
Punto e Coma sabemos que hoxe é festivo, pero non nos podiamos saltar un venres de emocións co que nos gusta, e sabemos que a vós tamén, así que hoxe, o venres de emocións está dedicado aos alumnos/ as de 6º A, que o pasado mércores nos representaron un conto moi moi bonito que nos encantou. Falámosvos de "a historia dos  bonobós con lentes", unha historia moi bonita para conmemorar o pasado 25 de novembro, que como xa sabedes foi o día en contra da violencia de xénero. Por iso nós Punto e Coma queremos dedicarlle este día aos alumnos/ as. Parabéns rapaces e rapazas.

Pero non acaba aquí todo, a parte do vídeo da obra de teatro deixámosvos tamén a gravación realizada por eles mesmos da obra, para que os escoitedes mellor e poidádesllo ensinar aos vosos amigos/ as, familiares...

Lembrar que tedes o libro dispoñible na nosa biblioteca para que o leades as veces que queirades. Comentade máis abaixo se queredes máis contacontos na hora de ler. Animádesvos?

Feliz ponte a todos e a todas.
Un saúdo do vosos amigos Punto e Coma




                       


2 dic 2019

Contacontos “A historia dos bonobós con lentes”

Ola queridos/as lectores/as!
Anunciámosvos que mañá 3 de decembro durante o plan lector @s rapaces de 6º A interpretarán "A historia dos bonobós con lentes". Punto e coma están moi ledos de poder recibir este contacontos na biblioteca.
Esperámosvos maña. Un saúdo de Punto e Coma



29 nov 2019

Venres de emocións: Xela volveuse Vampira 2ºEP

Ola queridos/as lectores/as.

Punto e Coma cumpren co que din, e para mostra deixámosvos a obra de teatro interpretada polos compañeiros/as de 2º EP. A obra de teatro foi estreada o 25 de novembro (o pasado luns) en conmemoración do día en contra da violencia de xénero. Titúlase "Xela volveuse Vampira" adaptación do libro de Fina Casalderrey. Encantounos, estas nenas e nenos de 2ºEP son uns artistas. Punto e Coma agradecen moitísimo este tipo de actividades e sabedes que tendes a biblioteca Asunción Antelo a vosa disposición para amosarnos máis obras coma esta. Agradecer por suposto aos actores e actrices, pero tamén a súa directora, a mestra-titora Ale, moitas gracias de parte de Punto e Coma.
Deixámosvos tamén o audio da canción do final para que cantédela sempre e que todo o mundo entérese de que a todos esas malas persoas témolos que converter en "cochos feos", recordade....
Non lle grites, non lle pegues
se fas iso, non a queres.
A miña avoa unha aperta
a miña nai BICOS DE FESTA

Deixámosvos a canción se a queredes cantar ou ensinar á vosa familia.



Gozade moito e recordade que tódolos días estamos en contra da violencia de xénero, entre todas e todos podemos facer un mundo mellor.
Saúdos de Punto e Coma.
Vémonos pola biblio.
 




28 nov 2019

Trailer Experimentos científicos 2019

Ola queridos/as lectores/as.
Presentámosvos o  trailer dos experimentos científicos realizados esta semana na nosa biblioteca. Pasámolo xenial e aprendemos moito, sodes uns verdadeiros científicos e científicas.
Punto e Coma sabemos que queredes vervos realizando o voso experimento completo, por iso ao longo da semana que vén iremos subindo a este blogue cada un dos experimentos que realizastes por aula, desde infantil a toda primaria. Este vídeo é só unha pequena mostra e un "abrir de boca" para que  esteades ben atentos e atentas ao noso blogue a semana que vén. Podedes comentarnos máis abaixo cal foi o experimento que máis vos gustou ou o que máis vos impactou, a verdade é que Punto e Coma escolleriamos todos. Sodes @s mellores.

Saúdos de Punto e Coma.
Vémonos pola  biblio.


27 nov 2019

25 de novembro: Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller

Ola queridos/as lectores/as
Este luns (25 de novembro) o noso cole e todo Coristanco conmemoramos  o Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller. Primeiro plantamos 51 pensamentos na porta da nosa biblioteca por cada unha das mulleres asasinadas que vai de ano e despois camiñamos ata o concello para escoitar un manifesto por parte dos compañeir@s de secundaria. Foi unha xornada moi especial con unha obra de teatro por parte dos alumn@s de 2ºEP (adaptación do libro: Xela volveuse vampira”) de Fina Casalderrey, libro que Punto e Coma recomendan case como lectura obrigada, se o ledes vaivos encantar. En vindeiras entradas do blogue poderedes ver o vídeo da obra de teatro destes compañeiros/as de 2º, parabéns unha vez máis!
Punto e Coma animámosvos a que a xornada do luns non quede nun só día, sigamos traballando por un mundo mellor sen ningún tipo de violencia.
Saúdos de Punto e Coma
Vémonos pola biblio




22 nov 2019

Venres de emocións! 22 de novembro....DÍA DA MÚSICA!!!

Feliz venres queridos/as lectores/as.
Hoxe é un venres moi especial, hoxe 22 de novembro celebramos "O Día de Santa Cecilia" a patroa da música. Hoxe é un día de festa, e que mellor maneira de celebralo neste venres de emocións que con música!!!! Despois de tanto tempo pedíndonolo por fin estreamos a canción que estades escoitando continuamente tódolos días ao comezar as clases, a canción que lle pedides cantar ao mestre de música en todas as sesións....presentamos o Ceo do grupo Operación Can. Sabédela?


«Operación Can» é un traballo impulsado pola  UPAFGA (Unión de Protectoras de Animais Federadas de Galicia) e naceu co obxectivo de estimular á xente máis nova, utilizando a música como medio, da necesidade de coidar a nosa contorna e medio ambiente e moi especialmente aos animais e as plantas. Para iso, que mellor que facer un concurso musical e que os propios rapaces fixesen unha canción orixinal cantada en galego.








«A música é sinónimo de liberdade, de tocar o que queiras e como queiras, sempre que sexa bo e teña paixón, que a música sexa o alimento do amor».  Kurt D.  Cobain.


Feliz venres, ler moito e vémonos o luns na biblioteca
Saúdos de Punto e Coma.