fondo red white blue

columnas enlaces

6 feb 2019

DÍA DA PAZ, SEMPRE CON MÚSICA


Ola queridos/as lectores/as! Hoxe recomendámosvos desde a biblioteca este super CD do grupo Mamá Cabra. Todos/as coñecédelo. É a canción da PAZ deste ano! A danza da Paz! O pasado mércores os alumnos e alumnas de infantil e primaria xuntáronse para interpretarnos este baile e canción tan bonita! Bailaron e gozaron moitísimo! Hoxe desde a biblioteca queremos ofrecervos a posibilidade de poder ler este conto "A Bruxa Discordia", E para máis sorpresa dentro deste conto atópase un CD coa canción da Paz deste ano. Ademais leste libro CD gusta tanto tanto tanto que os alumnos/as de 3º A escollérono para contalo ao resto dos seus compañeiros na semana da Paz.
Que canción das do CD gustouvos máis? Podedes contárnolo máis abaixo en publicacións! Un saúdo e vémonos pola biblioteca.




SEMENTANDO PAZ

Encántanos ver aos alumnos/ as de infantil e de primaria como se contan contos uns aos outros. Isto foi o que pasou a semana pasada na biblioteca....sesión de conta contos! Pasámolo moi ben e gozamos moitísimo escoitando aos compañeiros/ as. Todos e todas o fixeron xenial! Gustaríavos volver ler os contos que interpretaron? Pois non vos preocupedes que na biblioteca, no apartado de novidades e recomendacións deixámosvos os contos que cada clase interpretou! Cal foi o que máis vos gustou? Podedes comentar máis abaixo! Un saúdo a tod@s lector@s! Vémonos na biblio!





28 ene 2019

Experimentos científicos


Ola querid@s lectores/as! 
Hoxe querémosvos ensinar un breve resumo sobre os experimentos científicos que se realizaron a semana pasada na nosa biblioteca. Os alumnos/ as de infantil e de primaria explicaron os seus experimentos científicos que levaron a cabo. Foron impresionantes, aprendemos moito e quedáronnos ganas de máis. Atrevédesvos a facelos en casa? Podedes comentarnos as vosas experiencias nos comentarios de abaixo. Deixámosvos un resumo de todos os experimentos. Esperamos que vos guste! 
Vémonos pola biblioteca!


EI (3 anos): "Pasta máxica"
EI (4 anos): "Ovo frito sen fogo"
EI (5 anos): "Química para inflar un globo"
1º EP: "Palillos en acción"
2º EP: "O vaso máxico"
3º A EP: "Lámpara de lava"
3º B EP: "Arco da vella"
4º EP: "A auga viaxeira"
5º A EP: "A vela que se apaga"
5º B EP: "A tinta invisible"
6º A EP: "A pasta máxica"
6º B EP: "Globo atrapapapeis"






5 dic 2018

Día Internacional das persoas con Discapacidade

Para conmemorar esta data, na hora de ler, Uxía, Enia e Sergio léronnos o libro "O cazo de Lorenzo", un libro moi bonito que podedes atopar na nosa biblioteca. Pero aquí non terminou todo, tamén nos presentaron dúas curtas moi interesantes. Para seguir entendendo que cada un de nós somos capaces, deixámosvos esta curtametraxe sobre Diego, un marabilloso neno que ten unha visión especial sobre a cor dás flores… máis "The present" ("O agasallo"), un agasallo moi especial dunha nai ao seu fillo.
Cal vos gustou máis?
Que teñades unha feliz ponte

'Los colores de las flores', de JWT para Fundación ONCE


The present


27 nov 2018

QUE MEDO PASEI NO MONTE!

Aquí podemos ver os videos dos contos de medo:





25 nov 2018

Entrega de premios Samaín

O pasado xoves, 15 de novembro, na hora de ler os alumnos/ as de infantil e de primaria asistiron á entrega de premios dos diferentes concursos do Samaín: concurso de contos, de cabazas e de vasoiras.
Unha vez máis, moitas felicidades aos premiados. Parabéns
Concurso de Cabazas
Julia Viveiro
Joel Botana
Carla Fraga
Antía Varela
Concurso de vasoiras:
Yunay López
Contos de medo:
Clase de 2º  EP

Sabela Villar
Anxo Andrade
Accésit:  Uxía Matogueira,  Enia Villar e  Sergio Couto

24 nov 2018

XOGO DE PISTAS

Durante este mes de novembro os rapaces de terceiro, cuarto, quinto e sexto xogaron na biblioteca buscando libros e familiarizándose coa súa distribución nos diferentes espazos,aprendendo tamén nocións básicas da CDU, clasificación universal dos libros de lectura e consulta. Podemos ver algunhas fotos desta actividade:




11 nov 2018

Premiados no concurso "contos de medo"


Este mes houbo varios concursos para celebrar o Samaín,concurso de cabazas, de vasoiras e de relatos.Aquí podemos leer os relatos de medo premiados.

4 nov 2018

DÍA DA BIBLIOTECA

O día 24 de outubro a biblio-móbil saiu ao patio para que os rapaces poideran desfrutar da lectura de contos de medo.Celebrábamos o día da biblioteca e contamos cun día estupendo, como podemos ver nestas imaxes: