fondo red white blue

columnas enlaces

14 feb 2012

DÍA DA PAZ

Neste mes de xaneiro andivemos moi atarefados traballando sobre a PAZ e a NON VIOLENCIA.
Fixemos diferentes actividades nas cales se implicaron tódolos membros da comunidade educativa.
Aquí podedes ver unha pequena mostra do traballo desenvolvido:


* LECTURAS DE LIBROS RECOMENDADAS POLA BIBLIOTECA:




* MURAIS FEITOS NOS DIFERENTES CICLOS SOBRE A PAZ E A NON VIOLENCIA:



* CARREIRA SOLIDARIA "SAVE THE CHILDREN". Podese ver a carreira no blog de E.Física


13 feb 2012

Querida Wislawa

Wislawa Szymborska

Después de cada guerra/alguien tiene que limpiar/no se van a ordenar solas las cosas/ digo yo.

Esta señora de sonrisa dulce es una de las poetisas más conmovedoras de la literatura reciente. Su poesía, tan verdadera, tan profunda, tan sencilla y tan bella, es de las que llegan al fondo del alma. Cuando conoces a Wislawa, no puedes dejar de leerla. La universalidad de su poesía le valió el premio Nobel en el año 1996. Mi única pena es no saber polaco para leerla en su idioma materno pero incluso a través de la traducción podemos respirar el lirismo de sus versos.

Wislawa ha muerto, mientras dormía, a los 88 años. Alma se tiene a veces, decía. Hoy, nos falta a todos los amantes de la poesía. Sin embargo, sus versos reposan al lado de los de Rosalía en nuestra biblioteca, esperando que algún lector, quizás por equivocación, la descubra y la adore, seguro, para siempre.



Vietnam
Mujer, ¿cómo te llamas? -No sé.

¿Cuándo naciste, de dónde eres? -No sé.

¿Por qué cavaste esta madriguera? -No sé.

¿Desde cuándo te escondes? -No sé.

¿Por qué me mordiste el dedo cordial? -No sé.

¿Sabes que no te vamos a hacer nada? -No sé.

¿A favor de quién estás? -No sé.

Estamos en guerra, tienes que elegir. -No sé.

¿Existe todavía tu aldea? -No sé.

¿Éstos son tus hijos? -Sí.



De "Mil alegrías -Un encanto-" 1967

Versión de Gerardo Beltrán



NOVIDADES DA BIBLIOTECA!

ANO NOVO... LIBROS NOVOS!

TEMOS MOITAS NOVIDADES EN CANTO A LIBROS E DVDS PARA OS DIFERENTES CICLOS. PASADEVOS POLA BIBLIOTECA E DISFRUTADE DELAS...


1º CERTAME DE POESÍA: SE TI FORAS UN BOSQUE...

ESTA SEMANA CELEBRAMOS O 1º CERTAME DE POESÍA. PARA INSPIRARVOS PODEDES LER ALGÚNS POEMIÑAS SOBRE ÁRBORES E BOSQUES QUE APARECEN POLA WEB:

http://issuu.com/editorialcastillatradicional/docs/poesia_arboles_resumen_pdf


ANIMADEVOS A PARTICIPAR. HABERÁ ALGÚN QUE OUTRO AGASALLO...

8 feb 2012

Día 24 de Febreiro

I celebración do día de Rosalía de Castro

Se che quedan soños por cumprir,
Se che doe a vida,
Se algunha vez sentiches a soidade,
Se queres reconciliarte co mundo,
Se tes medos,
Se queres emocionarte,
Se non sabes o que buscas,
Se perdiches algo que non atopas,
Se o doce son de túa lingua te leva sempre de volta a casa...

Le a Rosalía.

O día 24 inundaremos o ceo cos versos de Rosalía.
Grazas o Departamento de Lingua Galega, AAEE e Normalización pola colaboración.

17 ene 2012

La chandeleur: 2 de febreiro

O 2 de Febreiro celébrase en Francia unha festa deliciosa: A chandeleur. Esta festa marca o final do Nadal e o inicio da primavera. É unha festa gastronómica moi popular e no noso centro xa a galeguizamos o ano pasado con moito éxito. Xa sabedes que a receta das Crêpes é prácticamente a mesma que a das nosas filloas polo que non é moi difícil participar. Este ano, o equipo da biblioteca  quere repetir a experiencia e contar con todos vos. Todos os participantes están invitados a degustar crêpes na biblioteca o próximo día 2 de febreiro. Darémosvos máis información a través da biblioteca e do blog. Estade atento

IN MEMORIAM: ISAAC DÍAZ PARDO


 



Voltamos ás aulas coa triste nova do pasamento de Isaac Díaz Pardo. Sirva esta pequena recompilación de citas extraídas da prensa nos últimos días como mostra de homenaxe a unha figura inesquecible da nosa cultura.
“A súa personalidade, marcada pola xenerosidade, atraeu centos de persoas que viron en Díaz Pardo un referente . Foi unha figura singular e irrepetible".
Xosé Luís Méndez Ferrín

 
“Isaac Díaz Pardo non só deseñaba cerámica, senón que facía tamén os deseños dos fornos, da maquinaria, as engranaxes... foi un auténtico tecnólogo, un innovador, un creador. Foi un descreído optimista que non deixou de traballar polo futuro”.
Xosé Neira Vilas

“O home máis querido de Galicia. Foi un supervivinte toda a súa vida. Morreu ancián, pero siempre tivo que mirar de esguello á historia porque estaba na listaxe da maquinaria pesada do odio”.
Manuel Rivas

“ O pintor, o fundador de cerámicas de Sargadelos e do Castro, de Edicións do Castro, e doutras entidades dinamizadoras que responden a unha aspiración que el sempre mantivo: normalizar Galiza”.
Xosé Lois García

5 ene 2012

XULIO VERNE

Velaquí tedes todas as instalacións e murais que fixemos no equipo de Biblioteca para a homenaxe de Xulio Verne. Coñecimos a vida deste interesante visionario escritor francés, a través dun concurso e das  distintas explicacións e vimos unha película que tivo moito éxito entre @s alumn@s. Agardamos que con todas estas actividades espertara o voso interese por achegarvos á obra deste xenial escritor. Merece moito a pena...!






4 ene 2012

DECORACIÓN DE NADAL

O noso equipo traballou moito coa decoración para deixar  a Biblioteca como un recanto no que rapaces e profes poidesen vivir e sentir un pouquiño o Nadal.








MERCADIÑO SOLIDARIO

En Secundaria tamén fixemos o noso mercadillo solidario. Alumnos e profesores aportamon o noso pequeno gran de area traendo todo tipo de libros e contos, e alimentos para poder mercalos.  O resultado foi bastante exitoso así que agardamos repetilo o curso que vén. Enchemos un carro con multitude de productos que entregamos á Cruz Vermella de Carballo para repartir entre as familias máis necesitadas.