A finais de curso recordamos a Asunción Antelo,a rexubeira de Bergantiños, con lecturas das súas poesías recitadas polos rapaces de terceiro,cuarto,quinro e sexto de primaria.Tamén disfrutamos da representación do conto "O nacemento do dragón" feita polos rapaces de terceiro.Carlos Cotelo,de terceiro,tocou a trompa maravillosamente.Para rematar cantamos todos o himno galego,que vai saíndo un pouco millor cada ano!
fondo red white blue
columnas enlaces
3 jul 2018
MAGO ÁLEX
Como despedida do curso tivemos a actuación do Mago Álex ,actividade proporcionada pola ANPA. Asistiron todos os cursos dende infantil a sexto de primaria.Os rapaces saíron encantados e emocionados polos xogos feitos por Álex.Gracias a ANPA.
26 jun 2018
ENTREGA DE DIPLOMAS
A última semana de curso fixemos entrega na biblioteca dos diplomas aos máis lectores e aos colaboradores de sexto.Ahí van unhas fotos:
31 may 2018
OBRADOIRO REGUEFEIRO
O venres 25 de maio Lupe Blanco veu a nosa biblioteca a impartir un obradoiro de regueifas aos rapaces de quinto e sexto.Ademáis a tvg grabou parte de ese obradoiro,poderemos velo no programa Galicia Viva en breve.Vemos as fotos desta actividade:
21 may 2018
MARATÓN DE LECTURA
O luns 14 de maio,martes 15 e mércores 16 homenaxeamos a María Victoria Moreno cunha lectura do seu libro "Mar adiante" por parte dos quintos e sexto durante os plans lectores,como podemos ver nestas fotos:
18 may 2018
CONTACONTOS. CELTIA A TITIRITEIRA
O venres 4 de maio recibimos a visita dunha contacontos moi especial,Celtia a titiriteira,quen leeu varias historias a toda primaria.Conseguiu que todos estiveran encantados coas súas historias.
29 abr 2018
22 abr 2018
CONCURSO DE POESÍA
Con motivo do día da poesía celebramos un concurso titulado "Se eu fose un robot..." no que participaron os cursos de primaria.O venres 20 fixemos entrega duns agasallos aos gañadores e finalistas do concurso.Os rapaces leron as súas inspiradas poesías.
Etiquetas:
ACTIVIDADES PRIMARIA,
concursos
15 mar 2018
VISITA DE MARÍA CANOSA AO PICHEL
María Canosa: "Unha boa historia non necesita moito máis ca un fío ben texido"
María Canosa é un claro exemplo de que ciencias e letras non están reñidas. A autora de "Muriel", obra gañadora do Premio Merlín, compaxina o seu traballo como inxeniera de Camiños, Canais e Portos coa súa vocación de escritora. E aos dous ponlle a misma dosis de pasión.
Veu a falarnos do seu libro, a historia dun neno que bota moito de menos a súa avoa e que busca,inconscientemente,encher ese vacío.
Podemos ver nestas fotos cómo participan os rapaces de quinto e sexto cursos da súa charla. Ao final firmou os libros dos rapaces e o libro de visitas da biblioteca.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)