A última semana de curso fixemos entrega na biblioteca dos diplomas aos máis lectores e aos colaboradores de sexto.Ahí van unhas fotos:
fondo red white blue
columnas enlaces
26 jun 2018
31 may 2018
OBRADOIRO REGUEFEIRO
O venres 25 de maio Lupe Blanco veu a nosa biblioteca a impartir un obradoiro de regueifas aos rapaces de quinto e sexto.Ademáis a tvg grabou parte de ese obradoiro,poderemos velo no programa Galicia Viva en breve.Vemos as fotos desta actividade:
21 may 2018
MARATÓN DE LECTURA
O luns 14 de maio,martes 15 e mércores 16 homenaxeamos a María Victoria Moreno cunha lectura do seu libro "Mar adiante" por parte dos quintos e sexto durante os plans lectores,como podemos ver nestas fotos:
18 may 2018
CONTACONTOS. CELTIA A TITIRITEIRA
O venres 4 de maio recibimos a visita dunha contacontos moi especial,Celtia a titiriteira,quen leeu varias historias a toda primaria.Conseguiu que todos estiveran encantados coas súas historias.
29 abr 2018
22 abr 2018
CONCURSO DE POESÍA
Con motivo do día da poesía celebramos un concurso titulado "Se eu fose un robot..." no que participaron os cursos de primaria.O venres 20 fixemos entrega duns agasallos aos gañadores e finalistas do concurso.Os rapaces leron as súas inspiradas poesías.
Etiquetas:
ACTIVIDADES PRIMARIA,
concursos
15 mar 2018
VISITA DE MARÍA CANOSA AO PICHEL
María Canosa: "Unha boa historia non necesita moito máis ca un fío ben texido"
María Canosa é un claro exemplo de que ciencias e letras non están reñidas. A autora de "Muriel", obra gañadora do Premio Merlín, compaxina o seu traballo como inxeniera de Camiños, Canais e Portos coa súa vocación de escritora. E aos dous ponlle a misma dosis de pasión.
Veu a falarnos do seu libro, a historia dun neno que bota moito de menos a súa avoa e que busca,inconscientemente,encher ese vacío.
Podemos ver nestas fotos cómo participan os rapaces de quinto e sexto cursos da súa charla. Ao final firmou os libros dos rapaces e o libro de visitas da biblioteca.

28 feb 2018
Abre a fiestra a Rosalía
O venres 23 homenaxeamos a Rosalía no patio recitando "Adiós ríos, adiós fontes" todos os alumnos de infantil e primaria.Despois colocamos as cartulinas coas poesías nas fiestras da biblioteca.
21 feb 2018
ABRE A FIESTRA A ROSALÍA
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) disponse a conmemorar un ano máis o Día de Rosalía de Castro. O 24 de febreiro, aniversario do nacemento da autora, esta entidade propón á cidadanía que agasalle un libro en galego e unha flor.
Propoñemos para o venres 23 de febreiro que cada aula de infantil e primaria escriba en cartulina para ser pendurado nunha fiestra,unha estrofa do poema "Adios ríos,adiós fontes" e mostrándoo nesas fiestras que, coa axuda de Rosalía, abrimos a un mundo e un tempo novo.Cada aula recitará a súa parte.
Damos as gracias por compartir esta publicación ao blogue da biblioteca Crocaio do CEIP Eduardo Pondal de Vigo:
Rosalia de castro from crocaio
Suscribirse a:
Entradas (Atom)