fondo red white blue

columnas enlaces

13 mar 2013

SOÑOS NA GAIOLA


Recordando a Manuel María publicamos un libro feito polos nenos/as do colexio hai uns cuantos
anos,como ben veredes. Algúns dos rapaces están agora na E.S.O. Veremos se se acordan...




http://www.calameo.com/read/00196295121f128c40158

6 mar 2013

ROSALÍA

O venres 22 de febreiro celebramos o Día de Rosalía no patio do centro cun recitado dalgúns dos seus poemas.
O alumnado de E.Infantil, E. Primaria e E. Secundaria compartiu umha escolma de poemas de Rosalía.

Os poemiñas, metidos en globos, foron "lanzados" ao vento...



2 mar 2013

Homenaxe a Manuel María

Onte, venres 1 de marzo, o alumnado de educación infantil e primaria reuniuse para homenaxear ao poeta galego Manuel María.
Primeiro, o noso compañeiro Rubén, de sexto, linos unha pequena biografía.


Logo, comenzou o recitado polos mais pequerrechos. Os nenos de 4 anos recitaron O Caracol.



De seguido, subiron ao escenario os nenos de 5 anos e recitaron O arco da vella.



Os nenos de primeiro cantaron a súa versión de O foguete,


E os de segundo recitaron O río.


Os alumnos de terceiro cantaron O cuco,



e os de cuarto faláronnos do Pardal




e da Lúa.



En quinto, preferiron estes poemas:







Finalmente, os de sexto pecharon o acto co Señor Lobo.

19 feb 2013

Día de Rosalía

Cada 24 de febreiro lembramos o nacemento de Rosalía de Castro, poetisa sen par e unha das nais indiscutibles da nosa lingua.
Ler a súa obra é unha das mellores maneiras de renderlle homenaxe.

 
 

No  noso centro imos celebrar este venres 
O día de Rosalía cunha pequena homenaxe ,
 e cun recitando algúns dos seus poemas...

15 feb 2013

ENTROIDO 2013


               Neste entroido os alumnos e os profes do Pichel
disfrutaron moito.
O venres de Entroido fixemos chocolatada e baile de disfraces.


Os mestres ían disfrazados de personaxes de conto:
101 dálmatas, carapuchiña vermella, duende,Tío lobo,
piratas, mosqueteiros, brancaneves, vikingos, trogloditas...

Os libros son todo un mundo de ideas e inspiración!



                                   

30 ene 2013

DÍA DA PAZ

 No  día de hoxe celebramos  o  Día da Paz coa lectura por parte dos nenos de E. Primaria deste fermoso conto:  UNHA MANCHEA DE BICOS.

Esperamos que o disfrutedes tanto coma nós:



 
 
Grazas ao profesor Juan pola súa fermosa iniciativa e a súa inestimable axuda no desenvolvemento desta actividade.
 

29 ene 2013

EXPOSICIÓN SOBRE A PAZ

Temos na biblioteca a exposición con diferentes libros relacionados co  Dia da Paz e a non violencia.
Todos eles a disposición de alumnos e mestres.
 
 
 
 
 
 
 
 

28 ene 2013

DÍA DA PAZ: 30 DE XANEIRO



Pombiña que escribes

co peteiro paz,

debuxa no ceo

as algas do mar.

Escribe un poema

cos versos de sal

e cóntalle ó vento

historias do val.

Pombiña que escribes

co peteiro paz.

Rebule algareira

aquí no pombal.



A. García Teijeiro




Libros recomendados pola biblioteca:



 
 



 

21 ene 2013

FINA CASALDERREY

Fina Casalderrey:quinta muller da Academia Galega

 
 
Fina Casalderrey (Xeve, Pontevedra, 1951) destaca como unha das grandes referencias no ámbito da Literatura Infantil e Xuvenil. Tamén profesora de ensino secundario, Casalderrey deuse a coñecer como escritora en 1991, ano no que publicou a súa novela xuvenil Mutacións xenéticas. Cinco anos despois acadou o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil coa obra O misterios dos fillos da Lúa. A maior parte dos seus libros están traducidos a todas as linguas do estado e tamén ao portugués.
 

 

23 dic 2012

BO NADAL!

Nesta ocasión queremos desexar a toda a comunidade educativa un 
Bo Nadal e un Feliz Ano 2013.
E dende a Biblioteca, unha vez máis, queremos deixarvos aquí un 
agasallo en forma de conto:

HISTORIA DO APALPADOR